Arrincamos unha nova fin de semana de fútbol neste ecuador do mes de febreiro. Pero antes de ir cos sancionados e ca Previa, analizamos un novo parte meteorolóxico pasado por auga da man de 4gotas.com, cunha nova borrasca, que veremos se non provoca tantos aprazamentos.
Ulla "naceu" tras un proceso de cicloxénese explosiva, e está a aproximarse a Galicia. O seu centro non pasará por riba nosa (coma no caso de Stephanie), senón a uns 400km ao noroeste de Fisterra (algo máis lonxe que Qumaira, a borrasca que no pasado xoves deixou moito vento todo o día).
Ulla deixará na madrugada e na mañá do venres vento moi forte do suroeste, con refachos que superarán os 120km/h e con Forza 9-10 no mar. Deixará chuvias intermitentes todo o venres, algunha delas, especialmente ao mediodía de caracter forte e mesmo con algunha treboada.
Tralo paso de Ulla aumentará o mar e na tardiña do venres e no sábado haberá ondas de 7-8 metros en mar aberto baixando o domingo ata os 5.
O sábado será un día frío e quedarán chuvascos, algún deles con saraiba, especialmente no final da mañá.
O domingo será un día máis tranquilo, só con algunha chuvia moi feble na madrugada e primeiras horas do día que se repetirán contra a noite, pero que deixarán un mediodía e unha tarde sen chuvias e mesmo con bastantes claro.
Nova presentación do Mar de Paixón
Luís Porto e Héctor Pose continúan espallando a historia do fútbol costeiro, e esta fin de semana farán unha nova presentación do libro "Mar de Paixón".
A cita será o sábado 15 en Camariñas as 19:00 horas no "Bar Arnela" do exfutbolista do Camariñas, Juan Cabrejo.
Asistirán, o Sr. Alcalde (Pichurri) a concelleira de Servicios Socias e Deportes, Mª Carme Liñares, e o periodísta radiofóncio da "radio galega" Marcial Mouzo, que moderará a presentación.
Parte de sancións
A destacar no parte que o Comité desestimou as alegacións do San Tirso que protestaron por suspender o choque ante o Dumbría esta pasada fin de semana. Así, en dous días terán que decidir a data.
Os choques Porteño-Fisterra, Camelle-Cabana, Cee-Buño, Ameixenda-Nantón e o Cee-As Baleas cadete esperan data tamén. Mentres, o Cerqueda-Castrelo suspendido hai 15 días por problemas de iluminación queda para o martes de entroido, o 4 de marzo ás 17:00h.
Preferente
Alberto Mouzo (Soneira).
Martín Barreiro (XSC).
Aperc. Pref.:
- Fran de Urroa (Soneira).
- José Muñiz "Sito" (Soneira).
1ª Autonómica
Brais Garrido (Baio).
2ª Autonómica
José Alvite Pumuky (Carnota).
José Moreira (Mazaricos).
Víctor Vecino (Zas).
Martín Ferreiro (Zas).
Iván Cancela (Adestr. Zas).
Aperc. 2ª:
- José María Senra (Corcubión).
- Roberto Tuñas (Mazaricos).
- Alfredo Pereiro (Zas).
- Alejandro Rodríguez (IDC).
3ª Autonómica
Pablo Vázquez (Corcoesto).
Javi García (Seaia).
Fran Piñeiro (Lira - Alegacións desestimadas).
Ismael Campaña (Castrelo).
Ligas Xuvenís
Dani Mato (Cabana - 5 partidos).
Iván Mato (Cabana).
1ª Cadete
Javier Oreiro (Baio),
Dani Mato (Zas).
A Previa
Empezamos o repaso pola Preferente, con novos partidos clave. Por arriba, o Dumbría pode seguir escalando se non falla ante o Dubra. Máis abaixo, o XSC ten partido importante ante un Castro que conta 2 puntos máis que os xalleiros. Ademais, o Soneira, no pozo, visita a un Chantada que pode convertirse en rival directo ou case que escapar definitivamente.
A xornada 23 na 1ª Autonómica trae varias saídas complicadas para os nosos, como a do Ponteceso ante todo un Villestro ou a do Camariñas a Padrón. Ademais, a Esteirana quere vencer na casa ante o Unión e esquecer a zona baixa; o Baio recibe a un Cordeiro na zona baixa para facerlle un favor aos veciños; ao tempo que o Malpica, ao seu na zona alta, visita o campo do Piloño.
Sen dúbida, o partidazo da 2ª Autonómica será un Corme-Zas no máis alto. Cos dous equipos empatados con 46 puntos, os mesmos que un Sofán que se traslada ás Eiroas para recibir ao Porteño. Tamén nas Eiroas será o San Lorenzo-Cee.
En 3ª Autonómica teremos choques tan igualados como o Seaia-Coristanco, Montelouro-Ameixenda ou o Lira-Cerqueda. Mentres, o líder non pode fallar ante a visita do Corcoesto.
Á espera do comezo da Copa da Costa, na Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil teremos un tremendo Dumbría-Malpica que parece que vai servir para medir as forzas de dous dos favoritos.
E arrinca o Play Off para evitar o Descenso da Liga Galega Infantil. O Dumbría, no Gr.1 parte con 15 puntos e ten moito camiño realizado. Non o terá tan fácil o XSC, que con 6 puntos de inicio terá que levantar para salvar a categoría.
Ollo na 1ª Cadete cun Cabana-Fisterra por todo o alto. E xa nas Ligas de Veteranos cómpre destacar un choque entre o 3º, o Laxe, e o 2º, o Coristanco, ao que estará atento o líder, Soneira, que non quere fallar en Baio para aproveitar o tropezo dalgún dos seus perseguidores.