Venres. 17.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Baíñas é máis líder cun vendaval de goles en Laxe

3ª Autonómica: O Baíñas é máis líder cun vendaval de goles en Laxe
A Clínica Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica- Coñéce as nosas ofertas en depilación laser O Baiñas é máis líder tras a derrota do Montelouro en Coristanco, mentres que os da terra da pataca sumaban 3 puntos moi importantes. O Cerqueda que vén facendo a goma, gañaballe ao Muxía e non se descolga da loita polos postos de playoff. A sorpresa, relativa, da xornada era a vitoria do Castrelo sobre o Lira. Os vimianceses saen do farolillo vermello con estes tres puntos.

Ameixenda-Nantón (Aprazado)

Laxe-Baíñas (0-7)

  • BAIÑAS: Sergio, Héctor, Capote, Sergio (Sancho, min.65), Braulio, Mario (Samuel, min.65), Cristian, Luís, Diego, Tasky e Javi Suárez.
  • Goles: 0-1, min.1: Tasky; 0-2, min.20: Tasky; 0-3, min.50: Javi Suárez; 0-4, min.53: Javi Suárez; 0-5, min.60: Javi Suárez; 0-6, min.65: Capote; 0-7, min.85: Javi Suárez, de falta.
Partido cómodo para o líder que marcaba aos 20 segundos e aos 20 minutos cun doblete de Tasky e logo o partido non tivo complicacións. Javi sacou a relucir a calidade que lle sobra para esta categoría e marcaba 4 goles.

Corcoesto-Seaia (2-5)

  • CORCOESTO: Edelmiro, Pablo, Germán, Alberto, Pablo Sevillano, Dani, Cristian e Pichuco.
  • SEAIA: Jesús (Víctor, min.60), Lesi, Sergio, Ramón (Zala, min.38), Vistas (Michi, min.60), Martuxa, Parga, Camilo, Vilariño, Uru e Richard (Pablo, min.50).
  • Goles: 0-1, min.15: Vilariño; 0-2, min.25: Camilo; 0-3, min.35: Richard; 0-4, min.46: Richard; 1-4, min.50: Pichuco; 1-5, min.60: Martuxa; 2-5, min.78: Pichuco.
Partido cómodo para os visitantes que se encontraron cun rival que xogou con tan só 9 efectivos e acabou con sete tras sufriu dúas baixas por lesión.

Coristanco-Montelouro (1-0)

  • CORISTANCO: Jack, Marcos (Héctor, min.75), Sergio, Morientes, Jorge, Benítez (Gonzalo, min.80), Mató, Moreno, (Iván, min.70) Luís, Mallón (Juan, min.85) e Toniño.
  • MONTELOURO: Isma, Abel, Canelo, Alvaro, Pedro, Chema, Geiko (José, min.80), Isma (Pablo, min.60), Edu, Pesco e David (Pepe, min.70)
  • Gol: 1-0, min.35: Morientes.
Partido moi igualado, no que un solitario gol de Morientes a saída dun córner lle dá tres puntos moi importantes aos de Coristanco. Unha boa xogada entre Benítez e Mallón mereceu algo máis, pero o balón non entraría. Xa na segunda metade, os locais practicaron unha boa defensa e non pasaron serios apuros para defender a mínima renda, incluso tiveron algunha ocasión de gol. As condicións climatolóxicas non permitiron xogar moito e as xogadas a balón parado foron claves, os locais aproveitáronas para levarse os 3 puntos.

Castrelo-Lira (3-1)

  • CASTRELO: Iván, Rodri (Marcos), Luís, Pichón, Estebo, Gatuso, Félix, Roi (Roberto), Edreira, Estiben e Germán.
  • LIRA: Andrés, Javi de Milucha, Hermi, Brea, Josiño, Demetrio, Fran Perico, Manu, Oli, Suso Perico e Cristian. Tamén xogaron: Iago de Fátimas, Aitor, Víctor, Cibran e Adrian do Porto.
  • Goles: 1-0, min.25: Edreira; 2-0, min.55: Pichón; 2-1, min.62:; 2-2, min.65; 3-2, min.80: Germán.
  • Expulsión: Fran Perico do Lira no minuto 42 logo dunha tangana.
Gran partido do Castrelo que mostrou a súa mellor cara e foi quen de vencer a un dos favoritos ao ascenso. A rentes do descanso un pique entre xogadores levou a que Fran Perico tivera que abandonar o campo. Pese a xogar con 10, os visitantes conseguiron empatar, pero a rentes do final, unha boa xogada de Estiven acabou no gol de Germán que lles daría a vitoria.

Cerqueda-Muxía (2-0)

  • CERQUEDA: Ruben, Manuel, Pailos, Dani, Javi Pazos, Sergio, Uru, Lorenzo, Dani Seaia (Juanjo, min.64), Dario, Eliseo (Xabi, min.70)
  • MUXÍA: Papi, Peski (Julián), Pataca, Currás, Denis (Martín), Peski (Ruso), Adri, Pereira, Iván, Jonathan (Carliños) e David.
  • Goles: 1-0, min23: Eliseo; 2-0, min.65: Darío.
Partido tipico de inverno, o campo estaba encharcado de auga pero por sorte o balón podía rodar aínda que fose con dificultade. Para o Cerqueda este partido era clave para seguir con esperanzas de ascenso e o Muxía despois da liorta co Baiñas tampouco podía deixar puntos atrás. Dominio de balón para os visitantes que intentaban xogar convinativamente e un Cerqueda que tiña moito que perder, e que outra semana mais tiña que xogar con moitas baixas, decidiu esperar atrás e intentar coller o Muxia en contragolpes. Pero os 20 minutos romperiase o empate xogada do Muxia que acaba con disparo , bloca o porteiro local e saca rapido o balon que cae no medio campo os dous centrais do muxia estorbanse entre eles e o mais listo da clase Eliseo aprobeitase e rouba o balon presentase solo diante do porteiro e mandao o pau dereito donde non pudo facer nada o porteiro visitante. Seguiu dominando os visitante e intentar colgar balons pero sin facer ocasions claras na primeira metade. Arrancou a segunda metade con moita choiva e sen poder xogar correctamente o fútbol pero un Muxia moi enchufado e coa afición animando, loitou todo o que puido para o empate, pero as contras do Cerqueda con Eliseo que errou dous mans a mans poñía o medo os visitantes que verían como os locais ampliaban a diferenza co segundo gol , saque de falta colgada ao centro da área e despois de varios rexeites cáelle o balón a Darío que de forte disparo cruzado mandábao ao fondo rede. Tras o gol os locais defenderon o resultado ata o minuto final, que só vían perigar en xogadas a balón parado.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios