Venres. 17.05.2024
El tiempo

1ª Autonomica: O Malpica e o Baio solventan a fin de semana

1ª Autonomica: O Malpica e o Baio solventan a fin de semana
Na 1ª Autonomica o Malpica que segue na súa pelexa cos da cabeza vencía esta tarde pola minima mentras o Baio facía o propio e vencia na casa do Amio pola minima tamén  para manterse nesa metade da taboa. O que non era capaz de vencer despois de comezar o encontro vencendo por 2-0 era o Ponteceso que o final cedia un punto e empataba a 2-2. O Camariñas caía goleado na casa fronte o Agoalada nun mal partido dos locais, mentras na tarde de onte a Esteirana perdia por 2-0 despois de facer un bo partido. CAMARIÑAS – AGOALADA (0-4) CAMARIÑAS: Jose Tedín – Rodri – Sergio (Jesus, min.58) – Manuel – Moro – Brais (Jesús Vazquez, min.72) – David Lema – Martin – Mario Toja (José Sar, min.72) – Roberto e Soleymane. GOLES:0-1, min.48: Diego; 0-2, min.56: Pablo; 0-3, min.68: Pablo; 0-4,min.75:Pablo. ARBITRO: Carlos Suarez Tarde mollada en todolos sentidos en terras de Camariñas, comezaba o encontro baixo una choiva forte na cal o Camariñas quería sacar os tres puntos para intentar sair desos postos de descenso, pero non mais lonxe da realidade xa que un partido moi malo dos camariñáns facía que caesen estrepitosamente na súa casa fronte a un Agoalada moi ben plantado no terreo de xogo. Unha primeira metade onde os locais aguantaron o tipo sen facer un xogo brillante pero que lles servia para ir empate a 0 o descanso. Xa na segunda parte os locais viñeronse abaixo  e cederon o control do encontro os visitantes que aproveitaron a ocasión e golearon a un Camariñas apagado. PUEBLA – ESTEIRANA (2-0) ESTEIRANA: Rubén -  Codesido -  Serrano -  Sui -  Juan (Rafa,min. 65) -  Andel – Varela -  Pabliño (Josiño, min. 58') -   Alex -  Kike – Rober (Raúl min.73) Goles: 1-0 Min 5. Rexeite de cabeza no segundo pau, tocada na defensa local e empurra o dianteiro visitante a placer. 2-0 Min 25 Xogada polo centro que intercepta a defensa da Esteirana en tres cuartos de campo. Comezaba mal o encontro para os de Esteiro pois en 5' xa tiña un gol en contra en fallo defensivo tras corner dos locais, o balón quedaba morto na área e o dianteiro que fusila sen oposición. Sen poder practicar fútbol, o partido reducíase a balóns longos e segundas xogadas, aínda qie o Puebla tratou de xogar por baixo nos primeiros minutos pero sen lograr grandes benficios. En xogada desgraciada chegou o segundo dos locais que lle deixou o partido de cara. Resistiu a Esteirana na primeira e chegouse ao descanso esperando ofrecer outro espectáculo pero nada cambiou no tocante ao fútbol, sen embargo pasou o dominio a favor dos visitantes, os cales a base de esforzo e gañas tiveron varias ocasións de marcar, sen sorte. Unha de Rober que lle quedou no borde algo escorada, dúas faltas ao borde de Kike, unha de Álex tras rexeites que para o porteiro e un claro mana a man de Raúl a cinco minutos do final non entraron e os de Esteiro viñéronse de vacío. AMIO – BAIO ( 0-1) BAIO: Manu – Fachal – Mario – Yago – Chema – Norberto – Brais – Bieito (Alberto, min.67) – Rubio (Eloy Canay, min.78) –Christian (Ramon, min.54) e Mc (Fredy, min.89). Goles: 0-1, min.3: Christian. Arbitro: Gustavo Vidal Fonseca. Daba comezo o encontro con un Baio cas ideas moi claras pero con un terreo de xogo anegado de auga, o pouco de comezar o encontro os homes de Felix adiantarianse no marcador o cal sería o único gol que habería no encontro, un encontro no cal o Baio dispuxo de alguna ocasión para marcar algún gol mais, pero non estiveron atinados de cara a portería. O encontró disputariase a maior parte no centro do campo con posesións repartidas entre os dous conxuntos. Un Baio moi serio levariase 3 puntos moi importantes que o deixan na metade da taboa. MALPICA – VILLESTRO (1-0) MALPICA: Pombo -  Adrián -  Manu Casal (Abraham,min 90) – Alemán -  David Castro - Fernando Varela (Mario Casal,min. 83), Abel (Neucha,min. 46) -  Cheo - Óscar Suárez (Martín Maradona,min. 71) - Ismael -  Juan Carlos(Andrés,min. 46). Goles: 1-0, min.50: Neucha, de falta. Arbitro: Pichel Castro. Daba comezo o encontro nunha tarde de cans, cun campo anegado de auga, o  Malpica e o Villestro xogábanse a 3ª praza, e ambos demostraron o posto que ocupan na táboa, nun partido  onde  a falta de poder e  facer un fútbol de calidade  desenrolaron un partido cheo de intensidade no que os choques  debido ao estado do terreo foron abundantes, pero sempre reinou a deportividade, salvo algún caso puntual. Ao final e, grazas a un formidable golazo de Neucha, os puntos quedaron na casa do Malpica, un Malpica que pasa a ocupar a 3ª praza. PONTECESO – LAMELA ( 2-2) PONTECESO: Guille – Diego – Daniel – Javi – Martin Puente (Luis Varela, min.70)–David – Oscar Bolón (Youssef, min.87) – Jose Espasandin – Alberto Recarey – Abel (Diego, min.27) e Jorge. Goles: 1-0, min.30: Diego; 2-0, min.44: Diego; 2-1, min.54 Santi; 2-2, min.61: Justo. Arbitro: Ion Ander Mundin. Daba comezo o encontro con un Ponteceso ben plantado no terreo de xogo onde queria quedarse cos 3 puntos na casa, na metade do primeiro tempo o Ponteceso faría o primeiro troco do encontro e entraría un Diego que sería o revulsivo, xa que os tres minutos de estar sobre o terreo de xogo adiantaria o Ponteceso por primeira vez e pouco antes de rematar a primeira metade volveria a golpear e poñer os locais con unha boa vantaxe no marcador co cal se iría o descanso. Tras voltar o terreo na segunda metade o Lamela meteriase moi pronto no encontro marcando e acurtando distancias. Os visitantes comezarian a achuchar os locais despois do primeiro gol e pouco despois chegaria o empate co cal se chegaría o final do encontro. Unha pena porque cando os locais tiñan na buchaca os tres puntos só puderon sumar 1 punto.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios