mércores. 30.04.2025
El tiempo

Previa dunha nova xornada pasada por auga no fútbol costeiro

Previa dunha nova xornada pasada por auga no fútbol costeiro
Imaxe acuativa do Malpica-Villestro-Foto-Wash Calvo Arrincamos unha nova fin de semana de fútbol neste ecuador do mes de febreiro. Pero antes de ir cos sancionados e ca Previa, analizamos un novo parte meteorolóxico pasado por auga da man de 4gotas.com, cunha nova borrasca, que veremos se non provoca tantos aprazamentos. Ulla "naceu" tras un proceso de cicloxénese explosiva, e está a aproximarse a Galicia. O seu centro non pasará por riba nosa (coma no caso de Stephanie), senón a uns 400km ao noroeste de Fisterra (algo máis lonxe que Qumaira, a borrasca que no pasado xoves deixou moito vento todo o día). Ulla deixará na madrugada e na mañá do venres vento moi forte do suroeste, con refachos que superarán os 120km/h e con Forza 9-10 no mar. Deixará chuvias intermitentes todo o venres, algunha delas, especialmente ao mediodía de caracter forte e mesmo con algunha treboada. Tralo paso de Ulla aumentará o mar e na tardiña do venres e no sábado haberá ondas de 7-8 metros en mar aberto baixando o domingo ata os 5. O sábado será un día frío e quedarán chuvascos, algún deles con saraiba, especialmente no final da mañá. O domingo será un día máis tranquilo, só con algunha chuvia moi feble na madrugada e primeiras horas do día que se repetirán contra a noite, pero que deixarán un mediodía e unha tarde sen chuvias e mesmo con bastantes claro.

Nova presentación do Mar de Paixón

Luís Porto e Héctor Pose continúan espallando a historia do fútbol costeiro, e esta fin de semana farán unha nova presentación do libro "Mar de Paixón". A cita será o sábado 15 en Camariñas as 19:00 horas no "Bar Arnela" do exfutbolista do Camariñas, Juan Cabrejo. Asistirán, o Sr. Alcalde (Pichurri) a concelleira de Servicios Socias e Deportes, Mª Carme Liñares, e o periodísta radiofóncio da "radio galega" Marcial Mouzo, que moderará a presentación.

Parte de sancións

A destacar no parte que o Comité desestimou as alegacións do San Tirso que protestaron por suspender o choque ante o Dumbría esta pasada fin de semana. Así, en dous días terán que decidir a data. Os choques Porteño-Fisterra, Camelle-Cabana, Cee-Buño, Ameixenda-Nantón e o Cee-As Baleas cadete esperan data tamén. Mentres, o Cerqueda-Castrelo suspendido hai 15 días por problemas de iluminación queda para o martes de entroido, o 4 de marzo ás 17:00h.

Preferente

  • Alberto Mouzo (Soneira).
  • Martín Barreiro (XSC).
Aperc. Pref.: - Fran de Urroa (Soneira). - José Muñiz "Sito" (Soneira).

1ª Autonómica

  • Brais Garrido (Baio).

2ª Autonómica

  • José Alvite Pumuky (Carnota).
  • José Moreira (Mazaricos).
  • Víctor Vecino (Zas).
  • Martín Ferreiro (Zas).
  • Iván Cancela (Adestr. Zas).
Aperc. 2ª: - José María Senra (Corcubión). - Roberto Tuñas (Mazaricos). - Alfredo Pereiro (Zas). - Alejandro Rodríguez (IDC).

3ª Autonómica

  • Pablo Vázquez (Corcoesto).
  • Javi García (Seaia).
  • Fran Piñeiro (Lira - Alegacións desestimadas).
  • Ismael Campaña (Castrelo).

Ligas Xuvenís

  • Dani Mato (Cabana - 5 partidos).
  • Iván Mato (Cabana).

1ª Cadete

  • Javier Oreiro (Baio),
  • Dani Mato (Zas).

A Previa

Empezamos o repaso pola Preferente, con novos partidos clave. Por arriba, o Dumbría pode seguir escalando se non falla ante o Dubra. Máis abaixo, o XSC ten partido importante ante un Castro que conta 2 puntos máis que os xalleiros. Ademais, o Soneira, no pozo, visita a un Chantada que pode convertirse en rival directo ou case que escapar definitivamente. A xornada 23 na 1ª Autonómica trae varias saídas complicadas para os nosos, como a do Ponteceso ante todo un Villestro ou a do Camariñas a Padrón. Ademais, a Esteirana quere vencer na casa ante o Unión e esquecer a zona baixa; o Baio recibe a un Cordeiro na zona baixa para facerlle un favor aos veciños; ao tempo que o Malpica, ao seu na zona alta, visita o campo do Piloño. Sen dúbida, o partidazo da 2ª Autonómica será un Corme-Zas no máis alto. Cos dous equipos empatados con 46 puntos, os mesmos que un Sofán que se traslada ás Eiroas para recibir ao Porteño. Tamén nas Eiroas será o San Lorenzo-Cee. En 3ª Autonómica teremos choques tan igualados como o Seaia-Coristanco, Montelouro-Ameixenda ou o Lira-Cerqueda. Mentres, o líder non pode fallar ante a visita do Corcoesto. Á espera do comezo da Copa da Costa, na Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil teremos un tremendo Dumbría-Malpica que parece que vai servir para medir as forzas de dous dos favoritos. E arrinca o Play Off para evitar o Descenso da Liga Galega Infantil. O Dumbría, no Gr.1 parte con 15 puntos e ten moito camiño realizado. Non o terá tan fácil o XSC, que con 6 puntos de inicio terá que levantar para salvar a categoría. Ollo na 1ª Cadete cun Cabana-Fisterra por todo o alto. E xa nas Ligas de Veteranos cómpre destacar un choque entre o 3º, o Laxe, e o 2º, o Coristanco, ao que estará atento o líder, Soneira, que non quere fallar en Baio para aproveitar o tropezo dalgún dos seus perseguidores.

Preferente, xornada 25

Xallas StComba 16/02 - 16:30 Castro
Chantada 16/02 - 17:00 Soneira
Dumbría 16/02 - 17:00 Dubra

1ª Autonómica, xornada 23

Piloño 16/02 - 16:15 Malpica
Esteirana 16/02 - 16:15 Unión
Flavia 16/02 - 16:45 Camariñas
Baio 16/02 - 17:00 Cordeiro
Villestro 16/02 - 18:00 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 23

Fisterra 15/02 - 16:15 Camelle
Corcubión 15/02 - 16:15 Mazaricos
Cabana 15/02 - 18:00 Castriz
San Lorenzo 16/02 - 12:00 Cee
Carnota 16/02 - 16:15 Volantes
Corme 16/02 - 16:15 Zas
Muros 16/02 - 16:15 Indep. Carballo
Buño 16/02 - 17:00 Outes
Sofán 16/02 - 19:15 Porteño
  • San Lorenzo-Cee e Sofán-Porteño nas Eiroas.

3ª Autonómica, xornada 15

Seaia 15/02 - 17:00 Coristanco
Muxía 16/02 - 16:15 Laxe
Baíñas 16/02 - 16:15 Corcoesto
Montelouro 16/02 - 16:15 Ameixenda
Nantón 16/02 - 16:15 Castrelo
Lira 16/02 - 16:15 Cerqueda

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2

Esteirana 15/02 - 11:30 Corme
Dumbría 15/02 - 16:30 Malpica
Cabana 16/02 - 16:30 Xallas StComba

División de Honra Cadete, xornada 22

Dumbría 15/02 - 12:00 S.de Compostela

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 1 Norte, xornada 1

Foz 15/02 - 11:30 Viveiro

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 1

XSC 15/02 - 11:30 Santiago de Compostela

1ª Cadete, xornada 14

Muxía 15/02 - 10:30 Corcubión
Cee 15/02 - 11:00 Baio
Cabana 15/02 - 12:00 Fisterra
Esteirana 15/02 - 16:30 As Baleas
Outes 15/02 - 16:30 Muros
Coristanco 15/02 - 16:30 Xallas StComba
  • Descansa Zas.

1ª Infantil, xornada 22

Sofán 16/02 - 09:45 Os Miudos
Cabana 16/02 - 10:30 Fisterra
Baio 16/02 - 10:30 Outes
Coristanco 16/02 - 10:30 Esteirana
Corme 16/02 - 11:00 Ponteceso
Muxía 16/02 - 11:30 Cee
  • Sofán-Os Miúdos nas Eiroas.
  • Descansa EFM Vimianzo.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 12

Dumbría 15/02 - 11:00 Zas
Os Miúdos B 15/02 - 12:00 Cee
Os Miúdos A 15/02 - 13:00 Outes
Esteirana 15/02 - 14:45 Lira
XSC B 15/02 - 17:15 Fisterra

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 12

Dumbría 15/02 - 10:00 Zas
Os Miúdos A 15/02 - 12:00 Outes
Os Miúdos B 15/02 - 13:00 Cee
Esteirana A 15/02 - 15:45 Lira
XSC B 15/02 - 16:00 Fisterra
XSC A 15/02 - 17:00 Esteirana B

Ligas de Veteranos, xornada 21

1ª División

Camariñas Vet 16/02 - 10:00 Zas
Muros 16/02 - 11:00 Ponteceso
San Lorenzo 16/02 - 11:00 San Román
Laxe 16/02 - 11:00 Coristanco
Castriz 16/02 - 11:00 Dumbría
Nantón 16/02 - 12:00 Xv. Bergantiños
Bértoa 16/02 - 12:00 Cabana
Baio 16/02 - 18:00 Soneira

2ª División

Cerqueda 16/02 - 10:00 Sofán
Leiloio 16/02 - 12:00 Poniente
Dep. Carballo 16/02 - 12:00 Vimianzo
Corcoesto 16/02 - 12:00 Malpica
Porteño 16/02 - 12:00 Erbecedo
Buño 16/02 - 16:30 Camelle
  • Descansan Agualada e Milagrosa.

Liga Intermunicipios, xornada 18 (horarios sen confirmar)

Peña Galicia 16/02 - 16:00 Laxe
A Piña 16/02 - 16:00 Valenza
Sp. Seaia 16/02 - 16:00 Cances
Sp. Brea 16/02 - 16:00 Xornes
Cereo 16/02 - 16:00 Rus
  • Descansa Baldaio.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios