2ª Autonómica: Os tres primeiros non foron capaces de gañar co temporal

00:42 11/02/14


Con respecto ao deportivo, xornada que non se tiña que ter disputado, pois as condicións eran propicias para que houbera máis desgracias polos campos, afortunadamente non houbo lesións graves, pero si que algun esguince.
No tocante aos resultados, os tres de arriba puxéronse de acordo para perder puntos, pese a perder o Sofán non perdeu o liderado, pois o Corme e o Zas non foron capaces de cacar máis que un punto nos seus respectivos encontros.
Camelle-Cabana (Aprazado)
Porteño-Fisterra (Aprazado)
Cee-Buño (Aprazado)
Zas-Muros (1-1)
- ZAS: Anxo, Martín, Víctor, Pereiro, Amado, Lagoa, Rubio, Peke, Canedo, Isma e David Blanco. Tamén xogaron : Rizos, Fabian, Pablo, Brais e Samuel.
- MUROS: Fabio, Santi, Iván, Teo, Juanchi, Saúl, Dani, Gelo, Jesús, Sexo e Yanky. Tamén xogaron: Xandre e Veloso.
- Goles: 1-0, min.30: David Blanco; 1-1, min.80: Yanki
- Expulsión: O míster local, Iván Cancela, no descanso cando lle reclamou ao colexiado unha cesión inexistente.
IDC-San Lorenzo (3-5)
- IDC: Diego, Yoni, Seo (Dani, min.75), Atu, Belar (David, min.85), Fraga, Juni, Carlos, Cholo, Mario (Manu, min.65) e Óscar (Pichel, min.65).
- SAN LORENZO: Gabri, David, Adrián, Casi, Germán, Cachizo, Chucho (Joaquín, min.38), Fuentefría, Velo (Javi Pensado, min.80), Dani (Anxo, min.38)e David Rey (Eloi, min.80).
- Goles: 1-0, min.25: Atu; 2-0, min.35: Casillero, en propia porta; 2-1, min.46: Joaquín; 2-2, min.48: Cachizo; 2-3, min.55: Joaquín; 2-4, min.57: Joaquín; 3-4, min.60: Cholo, de penalti; 3-5, min.86: Joaquín.
Derbi de dúas caras, comezaron mellor os locais, que se foron ao descanso cunha renda de dous goles, pero que non foron quen de administrala. Un arranque de segunda metade frenético dos de Gueli permitíulles darlle a volta ao marcador en 10 minutos. Logo a superioridade dos visitantes foi total e non deron opción a un equipo local que non soubo reaccionar ante a situación de ir detrás no marcador tras ver a vitoria tan preto.
Outes-Carnota (1-2)
- OUTES: Gato, Jura , Rafa, Borja (Babu, min.85), Chúa, Davi, Chia, Saúl (Migui, min.46), Poke (Pedrosa, min.46), Elías (Elías, min.66) e Veleiro (Fabio, min.55).
- CARNOTA: Luís, Ferreiro (Boni, min.75), Tono da Caixa, Pedro, Manolo, Rodrigo, Iván, Pablo Beiro, Pumuki, Adrián (Fernando, min.75) e Manuel Luís.
- Goles: 0-1, min.39: Ferreiro, de penalti; 1-1, min.60: Migui; 1-2, min.91: Manolo Chouza, de falta dende uns 30 metros.
Partido máis xusto de empate, moita auga, pouco xogo e un erro do meta no tempo de desconto deulle os tres puntos ao equipo de Alfredo Cambeiro.
Ferreiro abriu o marcado ao transformar unha pena máxima deita por Poke a Pumuki, moi discutido pola grada local. Xa na segunda metade Migui poñías as táboas no marcador ao recoller un rexeite tras un centro de Pedrosa. Xa no tempo de desconto chegaría o gol tras unha falta lonxana.
Castriz-Corcubión (4-0)
- CASTRIZ: Juan, Pose, Alberto, Alex, Chinda (Sergio, min.70), Agra, Cili (Fabio, min.70), Bruno, Luís (Víctor, min.46), Balsa (Esteban, min.65) e Pichín.
- CORCUBIÓN: Rafa, Trillo, Senra, Xabi, Marcos, Alan, Sebas, Antón, Alberto (Coiradas, min.46), Lucas e Tito (min.75).
- Goles: 1-0, min.18: Pichín; 2-0, min.27: Agra, de penalti; 3-0, min.43: Luís; 4-0, min.68: Pichín.
Partido marcado polo forte vento, con el a favor o Castriz matou o partido, pois marcou 3 goles e puido facer algún máis. Xa no segundo tempo, o Corcubión tivo algunha ocasión de gol, pero os locais sentenciaron e aínda tiveron dúas ocasións a porta valeira, que Cili e Pose non acertaron a marcar.
Volantes-Sofán (1-0)
- VOLANTES: Vicente, Pardelo, Miguel, Juan, Mingos, Varo, Adrian, Uru (Ivi, min.65), Martin, Seluco (Cajulo, min.80) e Gabi.
- SOFAN: Bugy, Cantudo, Marcos Pensado (Diego, min.70), Eloy Boedo, Pablo Martinez, Jorge Calvete, Martín (Michel, min.70), Iván Rey, Iván Rojo, Raúl e Brais (Leilan, min.60)
- Gol: 1-0, min.68: Seluco, que se aproveita dunha cesión errónea de Boedo a Bugy para anotar cunha sutil vaselina.
Caeu derrotado o lider no Eleuterio Balayo ante un cadro local moi reforzado nas ultimas datas, que contou co debut do veterano gardameta santiagues Vicente, que foi un dos homes chave do encontro. O partido foi moi ben xogado por ambas partes, e levouse o gato á auga o equipo que soubo aproveitar un erro do rival para anotar o unico tanto do partido, xa mediada a segunda parte, por medio de Seluco.
Mazaricos-Corme (1-1)
- MAZARICOS:
- CORME: Suso, Adolfo, Alejandro, Miguel Torrado, Dani, Manu, Juan Chans (Josiño, min.20), Brais, Alejo, Lucas (Diego, min.46) e Toniño.
- Goles: 0-1, min.2: Alejo, de penalti; 1-1, min.23: Molinos
- Lesións: Juan Chans, cun esguince.
Partido disputado nunhas condicións extremas, pouco fútbol e un empate que reparte xustiza. Alejo adiantou aos de Corme ao materializar unha pena máxima feita a Toniño. No ecuador da primeira metade, Molinos anda rápido na área e recolle un balón que quedou morto nunha charca para empatar o encontro.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Liga Intermunicipios: O Cances queda só.
- As LCFs celebrarán as semifinais o 14 de febreiro.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
- 3ª Autonómica: Negra xornada con 2 partidos suspendidos.
- Xuvenís: Sen sorpresas cara a segunda fase.
- 2ª Autonómica: 6 equipos no grupo de cabeza.
- 1ª Autonómica: Xornada de derbis.
- Preferente: O Dumbría salva unha xornada de tolos.
- Resultados e análise dunha xornada complicada no #FutboldaCosta.
Artigos relacionados
- Luís Porto leva o seu Mar de Paixón ata Muros.
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).