Nova xornada completa do fútbol costeiro esta do 22 e 23 de febreiro de 2014. Xornada na que os peques toman o protagonismo, con varias ligas en liza, e sumando un total de partidos escalofriante. I é que 84 partidos nas 18 ligas que cubrimos, xa son abondos.
Parte de sancións
Como detalle, o Comité pon o Sofán-Outes aprazado da xornada 21 para o 20 de abril, non para o 20 de maio como anunciaba nun primeiro instante. A mesma datá na que se xogará, tamén ás 17:00h, o Camelle-Cabana da xornada 22. Ademais, desestiman as alegacións do Camariñas pola expulsión de Martín Tajes, que queda sancionado cun partido. E ollo, que o parte non trae as sancións de Xuvenís por un "olvido", pero ao parecer, "habelas hainas".
Aperc. 2ª: - Alfredo Dominguez (Buño). - Ricardo Tuñas (Mazaricos). - Brais Corral (Corme). - Manuel Torres (IDC). - Javier Seoane (IDC). - Rubén Varela (San Lorenzo).
3ª Autonómica
Calos Castiñeira (Muxía).
Manuel Saleta (Laxe).
Samuel Soneira (Laxe).
Jose Carracedo (Seaia).
Roi Caamaño (Castrelo).
Aperc. 3ª: - Martín Castro (Corcoesto). - José M Rama (Montelouro). - Pablo Vidal (Montelouro). - Iván Pequeño (Ameixenda). - Diego Bermúdez (Ameixenda). - David Carballo (Lira).
A Previa
E comezamos o análise da previa pola Preferente con enfrontamentos directos. O Dumbría ten un choque directo co seu inmediato perseguidor, o Residencia, ao que avantaxa en só 2 puntos. Poderá así seguir escadando o cadro de Canosa. Pola zona baixa, partido clave para o XSC, que visita ao tamén seiu perseguidor. O Lemos ten 3 puntos menos que os xalleiros e de vencelo o metería xa con todas as da lei en problemas. Pero de gañar, o cadro de Julio Martínez podería ter un bo respiro. Ademais, o Soneira recibe a un Carral tamén en postos de descenso. Con 7 puntos os coruñeses teñen 7 puntos máis que o Soneira, no que probablemente non estará Manolito no banco, marcando a salvación, polo que se presenta definitivo este encontro.
Choques complicados na 1ª Autonómica para os nosos. O máis, o do Camariñas, que recibe ao líder, o intratable Noia. Igual que o Camariñas, o Ponteceso necesita sumar para sacar a cabeza, e terá que facelo ante o Piloño, equipo da zona media. Por arriba, o Malpica poderá facer un favor aos veciños, ademais de seguir metendo presión ao Arzúa na 2ª praza, se vence ao Sigüeiro, e espera que o Baio sume en Arzúa. E pecha a xornada a Esteirana, que quere sumar 3 puntos ante o filial do Bertamiráns para botar pantasmas fóra.
A visita do líder, o Sofán, ao Rodeiro, será o único choque adiantado ao sábado na 2ª Autonómica. O Camelle ten moitas baixas para recibir a un Sofán implacable. Espera o Corme un tropezo do Sofán para quedar líder en solitario, sempre que venza nas Eiroas a un IDC tamén con falta de efectivos. Non querrán perder o fio os Zas, que recibe ao pechacancelas, nun choque emotivo para un par de corcubioneses en Zas; o Outes, que visita ao Volantes; o Fisterra, que visita a un Castriz que case se deixa levar; ou o Cee, que recibe ao Muros.
Proba de lume para o líder da 3ª Autonómica. O Baíñas visita a un Coristanco en alza. Por detrás, o Montelouro non quere fallar ante o Castrelo, e haberá tres choques directos ben bonitos: Ameixenda-Seaia, Lira-Muxía e Cerqueda-Nantón.
Nova xornada importante na 1ª Cadete, cun choque entre os de arriba, Cabana-Zas, 2º contra 4º. Descansan os infantís pero si que terán xornada os Alevíns e Benxamís dos Grupos Norte e Sur, os sureños na xornada 13 e os norteños na 2ª.
E os das LCFs, que disputan na tarde do venres en Muxía as Finais de fútbol sala.