Os peques das LCFs chegan ás finais dando todo un espectáculo


O pasado venres disputáronse as semifinais da XVII Liga Comarcal de Fútbol Sala “Costa da Morte” nos pavillóns de Camariñas e Ponte do Porto. A competición organizada polo Club Deportivo Costa da Morte, en colaboración coa asociación As Baleas e a Xunta de Galicia, contou con gran presenza de afeccionados nas gradas de ámbolos dous pavillóns.
Ademais, numerosos persoeiros do fútbol costeiro están vencellados neste espectacular traballo de canteira e ver a pé de pista aos Fran Pioto, Paco, Víctor Santos... ou á mozas como a xogadora do Fisober Patri Romaní pitando, dan conta da importancia destas citas.
Xa temos finalistas de cara ao 21 de febreiro tras as intensas semifinais. Fisterráns, camariñáns, vimianceses, dumbrieses e corcubioneses protagonizarán as finais en Muxía, sendo os camariñás de As Baleas os únicos que repiten final, en benxamíns e infantís.

As semifinais
Hora | Categoría | Semifinal | Pavillón |
18:20h | Benxamín | Manuela Rial 3-12 C. Fisterra | Ponte do Porto |
19:10h | Alevín | EMF. Vimianzo 10-0 C. Muxía | Ponte do Porto |
18:00h | Benxamín | C. Muxía 2-4 As Baleas | Camariñas |
18:50h | Alevín | Manuela Rial 1-9 C. Dumbría | Camariñas |
19:40h | Infantil | As Baleas 7-4 Manuela Rial | Camariñas |
A pola gran final
O próximo venres 21 de febreiro disputaranse as finais no pavillón de Muxía. os enfrontamentos serán os seguintes:
Hora | Categoría | Final | Pavillón |
18:00h | Benxamín | C. Fisterra – As Baleas | Muxía |
18:50h | Alevín | EMF. Vimianzo – C. Dumbría | Muxía |
19:40h | Infantil | As Baleas – EF. Corcubión | Muxía |
Os gañadores das finais proclamaranse Campións Comarcais e accederán á fase intercomarcal que os enfrontará cos equipos campións das comarcas de Santa Comba e Noia.

Novas relacionadas
- As LCFs celebrarán as semifinais o 14 de febreiro.
- O peques toman o relevo no Fútbol costeiro.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
Fonte
- Nota do Clube Deportivo Costa da Morte.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).