Martes. 17.09.2024
El tiempo

Primeira Galega: Desi está invicto no ceo; vai por tí!

Primeira Galega: Desi está invicto no ceo; vai por tí!
Emotiva homenaxe para o desaparecido presidente do Fisterra, que chegou con tres importantes puntos ante o Tordoia; no derbi entre Dumbría e Sporting Zas a fiabilidade do líder superou o reto zascense O Tordoia quixo ser parte da homenaxe a Desiderio Nemiña en Fisterra - Foto: SD Fisterra A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Dumbría 3-1 Sporting Zas Campo: O Conco Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, David Carreira, Iago, Manu (Pablo Conde m.65), Adrián, Rivi, Soule (Jose Miguel m.81), Diego Cespón e Cristian (Charly m.70) Sporting Zas: Noé, Javi, Manu, Nolito (Fabi m.89), Lagoa, Rubio, Pablo (Anxo m.65), Josito, Chapela, Róber (Dani m.46) e Álex Flores Árbitro: Represas Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Rivi, Diego Cespón e Pablo Conde do Dumbría; Nolito, Álex Flores do Sporting Zas Goles: 1-0 m.30 Rivi; 2-0 m.40 Soule; 2-1 m.54 Pablo; 3-1 m.88 Adrián Fiable ata cando non xoga ben Non foi o derbi co Sporting Zas o mellor encontro para un Dumbría que quizais en ocasións acuse a baixa de Aarón para frear os encontros, aínda que a sensación é que o líder resulta intratable. Non especulou o Zas no Conco, onde durante a primeira media hora houbo idas e vidas e non un guión marcado para o choque. Pero foi precisamente entón cando a vena de campión empezou a rachar co choque. Rivi, unha vez máis, apareceu no área para aproveitar un balón morto tras un córner. A nova fichaxe, Soule, que por certo está a deleitar nos seus primeiros pasos, fixo case o mesmo que o seu compañeiro dez minutos despois, trala execución dunha falta lateral. Sen nada que perder, o conxunto do ata entón invicto Pablo Mallón decidiu avanzar á fronte, e o plan empezou estupendamente. Pablo acurtou distancias ao aproveitar un balón morto tras un paradón de Iván Bouzón ao muxián Manu. Non houbo ocasións excesivamente claras que levasen á sorpresa, pero si unha incertidumbre no marcador que se encargou de prorrogar Manu, tras deterlle un penalti a Adrián cunha parada espectacular. O punta resarciríase pouco despois para sentenciar a tarde, ao resolver moi ben ante o arqueiro e repetir en San Andrés iso de rumbo ao título que xa fixera o pasado ano co Fisterra. A vitoria no derbi foi adicada a Aarón e Darío - Foto: CF Dumbría Fisterra 1-0 Tordoia Campo: Ara Solis Fisterra: Norberto, Rubia, Fabi (Breixo m.56), Robertín, Tati (Abel m.83), Pablo Lestón (Jesús m.78), Adri (Bruno m.56), Piti, Angeliño, Roco e Cote Tordoia: Santi, Alberto, Fraga, Lamas (Rubén m.75), Liste, Jorge Liñares, Noya, Alemán, Adrián (Óscar Andrade m.59), Jose (Nico m.84) e Dubra Árbitro: Rego Rodríguez (Santiago). Expulsou a Breixo (m.88) do Fisterra. Amonestou a Cote e Rubia do Fisterra; Noya, Rubén e Nico do Tordoia Gol: 1-0 m.67 Angeliño Os seareiros despediron ao seu presi - Foto: SD FIsterra Vai por ti, Desi Era case o de menos o resultado entre Sociedad Deportiva Fisterra e Tordoia, no que era o primeiro encontro Sénior dos verdes tralo pasamento do seu presidente, Desiderio Nemiña. Ara Solis tinguiuse dun luto sepulcral e emotivo para rendirlle honra ao home que pasará aos libros de historia como o mandatario da última Liga da Costa acadada pola entidade… de momento. E para que non teña que volver a levar ningún título de Segunda deben chegar moitos resultados como o de onte, traballado e rascado ata o final. Foi o Tordoia, a quen por certo a SD quixo agradecer públicamente o seu comportamento e os detalles en forma de condolencias e placas conmemorativas, un rival que vendeu moi cara a súa claudicación. Tanto, que resulta case imposible diferenciar entre primeira e segunda metade ou sinalar un dominador claro do encontro. Certo é que as mellores opcións foron de cor verde e principalmente nunha reanudación na que decidiu o maior fondo físico dos costeiros. A acción decisiva chegou tras un pase entre líneas para Angeliño no que o ex do Santa Comba regateou e finalizou con clase. Resistiron os de Nacho ata con dez homes, trala expulsión do xove valor Breixo. E ao final mirada ao ceo tralo esforzo feito, mirada hacia un Desi que alá arriba está invicto coma presidente eterno. Sigüeiro 2-2 Outes Campo: Lino Balado Sigüeiro: Dani, Rey (Iago m.77), Bouzas (Albor m.55), Marcos, Juanito, Pepe, Arnejo, Cacho (Boquete m.61), Alejandro (Cao m.65), Borja e Aitor Pallas Outes: Xandre, Borja (Quim m.55), Adrián, Maroñas, Chúa, Martín, Eli (Sergio m.87), Chía (Babu m.58), Jura, Dani Corniños e Mario Árbitro: Castro Liñares (Santiago). Amonestou a Chúa, Cutu e Babu do Outes; Cacho e Albor do Sigüeiro Goles: 1-0 m.7 Juanito; 2-0 m.15 Pepe; 2-1 m.52 Martín; 2-2 m.70 Chúa O Outes máis espiritual Van xa dúas remontadas cheas de 'huevina' por parte dun Outes que non tiña en Sigüeiro precisamente o seu compromiso máis sinxelo. O punto é máis anímico que efectivo na táboa, pero serve para manter a confianza na línea de traballo. Un mito, máis preto da xeración de Alfredo Cambeiro que dos seus pupilos, Juanito, inauguraba o marcador aos sete minutos, cun disparo preciso desde a frontal do área. Un novo tiro lonxano, esta vez obra de Pepe Cidranes e con colaboración de Xandre parecía abrir o camiño a unha tarde de suplicio para os outienses. Perdoaba o terceiro o carnotán Cacho, moi activo no día de onte. Pero o paso polos vestiarios muduo a faciana e a determinación dun cadro costeiro que enten deu que o primeiro era crer. E pronto prorrogou esa confianza Martín, cun gol chave. Un cabezazo de Chúa igualaba pouco despois e o terceiro estivo, que non chegou, nunha acción de Quim, con cesión para Elías, que lamentaba como o zagueiro local estaba máis rápido que el. Tamén o pau negoulle a Quim ser o heroe da remontada.

Comentarios