Venres. 19.04.2024
El tiempo

Que pasa na Mutua de Futbolistas?

Que pasa na Mutua de Futbolistas?
Sempre tema candente, a Mutualidade de Futbolistas está continuamente na boca de todos os que formamos a gran familia futboleira da Costa da Morte. É lóxico que os temas de saúde disparen as sensibilidades de todo o mundo. Ver a un compañeiro de equipo ou a un neno sufrir sin non poder xogar dóenos a todos. Os membros federativos, nunha reunión en Baio Casos particulares coñecemos todos. Os mais cercanos no tempo, os do gardameta do Miudos xuvenil Gabri e o de Oscar Toja no Laxe, lesionados no xeonllo esta fin de semana. Un terceiro caso nos chega dende Tordoia. Tres problemáticas diferentes que converxen nunha mesma conclusión. Fáltanos información, e a que temos a veces non está ben utilizada. No caso dos Miudos, o xogador acode á Rosaleda santiaguesa e non é atendido, co lóxico enfado do rapaz e do pai. Coincide que o pai do rapaz é un clásico costeiro, Sil, veterano de mil batallas. Cando se aclara o tema indícaselle ó rapaz que ten que pedir consulta de traumatoloxía, non ir a urxencias. Na clínica aténdeno e pídenlle unha resonancia. Todo correcto. Debemos ter en conta a circular nova desta tempada na que se nos advirte que vaiamos á atención médica antes de que pasen 48 horas. Si este periodo expirou debemos pedir consulta en traumatoloxia. No caso de Toja o que lle din é que a mutualidade ten que aprobar as probas diagnosticas. Esto é asi en todos os casos. Cando hai que facer unha proba ten que ser aprobada pola Mutualidade. É parecido o caso das xogadoras do Tordoia, que teñen petición de tratamento por parte do traumatólogo que as atendeu pero o tribunal médico da Mutualidade non da o ok a pagar o tratamento, consistente en ondas de choque e unha cara inxección. O clube está a abonarlle o tratamento ás xogadoras. A pregunta que todos vos faredes e nos tamen é: o tribunal da mutua prioriza criterios médicos ou impóñense os económicos? Deixámola no aire. Dende a Federación comentannos varias cousas sobre estos aspectos. Dende o tráxico e triste falecemento do Doutor Canedo os hospitais están a pedir todo tipo de probas ós xogadores. O Doutor Canedo era a persoa que valoraba se estas probas eran necesarias. Agora mesmo hai unha falta de persoal na Federación neste senso, a súa perda estase a notar moito, no aspecto humano por suposto, e tamén no profesional. Ata que punto está a medicina carente de sentimentos? O doutor Canedo, unha gran perda O criterio económico por suposto que é importante. Se a Mutualidade de Futbolístas quebra, quedaremos todos sen asistencia, así que os clubes e xogadores somos os primeiros interesados en que funcione. De que maneira íamos atopar un seguro polas cantidades que pagamos actualmente?. Imposible. Entendemos que se trata de dar un equilibrio a situación. A Federación debe mellorar a información ós clubes, cousa que nos parece esencial. Para esto estase a preparar un CALL CENTER ó que poderemos chamar todos en caso de dúbida ou urxencia sobre calquera tema, incluidos temas médicos. E ademais na nova sede federativa haberá traumatólogos da Mutualidade para atender ós xogadores. Os clubes podemos tamén mellorar o noso uso dos servicios médicos. Vaiamos a urxencias so en caso de verdadeira necesidade, senon ó día seguinte podemos acercarnos ós centros médicos dispoñibles a que nos atenda un traumatólogo competente. Un pequeno esguince pode esperar unhas horas con antiinflamatorios, sen ter que ir correndo ó Hospital. Se o caso é grave, ahí si que debemos utilizar as urxencias, para iso están. Tentemos entre todos que a Mutualidade funcione, pola conta que nos trae.

Comentarios