Resultados da fin de semana da Inmaculada

Xornada completa no fútbol da Costa marcada unha vez máis, polas condicións metereolóxicas. Unha morea de campos estaban completamente encharcados e en moitos dos partidos os balóns aéreos foron os protagonistas. O Soneira volveu de Foz con 3 puntazos baixo o brazo, e sentenciando un dos equipos que máis problemas está a ter da categoría. Os de Manolito teñen unha nova afrenta este mércores ante o Viveiro. Na 1ª, o derdi marcaba a actualidade e a vitoria quedou en Cee. O Zas intentouno pero os de Pato están moi fortes e non perdoaron. Pola súa banda o Dumbría empatou a 0 en Sada, rival directo que mantén 1 punto por debaixo. Ambos conxuntos seguen aspirando a todo. Ademais o Xallas sumou 3 puntos fáciles ante o pechacancelas e mira máis cara arriba que cara abaixo. No alto da Liga da Costa, estase a formar un grupo de 3. Camariñas, Ponteceso e Club do Mar non fallaron nas súas respectivas visitas, sacan 5 puntos de vantaxe (ademais dos 3 de diferencia enrta Camariñas e os outros dous) co 4º, o Sofán, que subo aproveitar as baixas baiesas. O Fisterra conseguí un empate onte ante o Castriz nuns últimos 5 minutos de infarto, mentres que o Malpica superou ao San Lorenzo nun encontro entro dous equipos que estaban igualados. Por abaixo, só gañou o Porteño e ao Carnota, aumentando a fenda entre mabos conxuntos a 6 puntos. O Vimianzo mantivo o 0-0 ante o Muros pero segue en grave perigo. Mentres o Corme non acaba de safar da zona baixa e o Buño, tras facer unha primeira parte fantástica ante o Club do Mar, caeu e tampouco pode relaxarse. Na 3ª, e probablemente en todas as Ligas, o encontro da semana era o Nantón - Mazaricos. Primeiro e segundo enfrontábanse con 3 puntos de diferencia que quedan en nada. Os de Luis conseguron superar aos de Periscal e ambos conxuntos quedan igualados no alto da táboa. E se o Cerqueda non decae e xa demostra que este ano vai en serio, o Corcubión sucumbía en Muxía e cede a 4ª praza ao Cabana, que segue forte e firme. Xa son 5 puntos os que separan ao equipo de Manín co ascenso. Novedades tamén en xuvenís, xa que o Soneira semella que sofre aínda a derrota da semana pasada ante o Santa Comba. Xa son 3 putos os que sacan os de Anxo ao equipo de Miguel tras vencer con comodidade a un Dumbría moi decaído. Polo norte, o Dumbría B e o Corme non fallan.

Preferente Norte, xornadas 16 e 17

Foz 1-2 Soneira
Soneira 08/12 - 17:00 Viveiro

1ª Autonómica, xornada 14

Sada 0-0 Dumbría
Cee 3-0 Zas
Xallas 3-0 Calo

2ª Autonómica, xornada 14

Malpica 2-0 San Lorenzo
Fisterra 3-3 Castriz
Sofán 2-1 Baio
Dumbría B 3-0 Corme
Vimianzo 0-0 Muros
Porteño 3-2 Carnota
O Pindo 2-6 Camariñas
Esteirana 0-3 Ponteceso
Buño 1-4 Club do Mar

3ª Autonómica, xornada 14

Lira 1-1 Coristanco
Xaviña 3-2 Corcoesto
Cabana 2-1 Alcaián
Indep. Carballo 2-1 Laxe
Nantón 1-0 Mazaricos
Muxía 3-0 Corcubión
Muros B 3-6 Cerqueda
Outes 3-2 Atl. Pereiriña
Coristanco 08/12 16:00 x.2 Muxía

Liga Nacional Xuvenil, xornada 13

Bergantiños 1-0 Deportivo B

Liga Xuvenils Sur, Gr.3, xornada 9

Soneira 2-2 Cee
Esteirana 2-2 Fisterra
Mazaricos 2-2 Muros
Corcubión 2-0 Outes
Dumbría 0-3 Santa Comba

Liga Xuvenils Norte, Gr.4, xornada 13

Zas 1-1 Cabana
Muxía 4-2 Coristanco
Ponteceso 3-3 Malpica
Corme 8-1 Camariñas
Dumbría B 2-0 Bergantiños B
Cabana 08/12 16:30 x.14 Dumbría B

Liga Galega Cadete, xornada 12

Santa Comba 0-1 Rayo Sadense
Portuarios 4-3 Bergantiños

Segunda cadete, xornada 11

Cabana 11-1 Coristanco
Outes 2-0 Baio
Muros 2-6 Fisterra
Soneira 1-8 Dumbría
Ponteceso 2-2 Corme
Cee 2-2 Esteirana
Bergantiños B 0-0 Malpica

Segunda infantil, xornada 7

Outes 4-3 Zas
E.D. Os Miudos 1-3 Con. de Carnota
E.M.F. Vimianzo Susp. Esteirana
Coristanco 3-1 Baio
Muxía 0-4 Santa Comba
Cee 2-2 Dumbría
Cabana 5-4 Bergantiños B

Ligas de Veteranos, xornada 12

1ª División

Zas 0-1 Corcubión Vet.
Bértoa 4-3 Ponteceso
Cabana Apraz. Nantón
Xv. Bergantiños 3-1 Vimianzo
Baio 4-3 San Román
Camariñas 2-1 At. Milagrosa
Bergantiños 1-0 Castriz

2ª División

San Lorenzo 1-0 Sofán
Dep. Carballo 1-0 Porteño
Corme 2-2 Malpica
Corcoesto 2-1 Club do Mar
Agualada Apraz. Coristanco
Leiloio 0-3 Buño
Muros 3-6 Cerqueda

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).