Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Mazaricos queda só

O Mazaricos queda só
Foi tamén intensa a 13ª xornada na 3ª Autonómica, con moito protagonismo arbitral e algunha que outra sopresa. Non a permitiu o Mazaricos, que non descansa. O Nantón visitaba ao Corcubión bno encontro da semana, e abofé que o foi pola intensidade vivida no Cubaleiro, se cadra cunha dureza excesiva. Un que fallaba era o Cerqueda, que caía na casa ante un irregular Independiente de Carballo, capaz do mellor e do peor. O Cabana, pola súa banda, volve achegar se ao grupo de arriba tras vencer en Laxe e está a tan só 3 puntos do Cerqueda e 1 do Corcubión.

Cerqueda - Independiente (1-2)

  • CERQUEDA: Che, Rober (You, min.58), Athu, David (Alberto, min.46), Dani, Santi, Josiño (Garrido, min.85), Dani Añón, Lorenzo, Lorenzo e Dieguito (Carlos, min.46)
  • INDEPENDIENTE: Upi, Toni, Dani Rosalía (Suso Noya min. 45), David Castro, Efrén, Rubén, Michel (Brian min. 20), Cholo, David, Ivi (Manuel min. 65) e Landeira.
  • Goles: 0-1, min.36: Rubén; 0-2, min.55: Ivi; 1-2, min.90: Dani Añón, de falta directa.
  • Expulsados: Os locais Athu (min.65) con cartón vermello directo e Dani (min.90) por dobre cartón.
Partido de rivalidade pola proximidade xeográfica e entre xogadores. Os carballeses saíron con moitas gañas ao partido presionando moito no medio campo no que evitaron que os locais circulasen o balón. Aínda así os locais tiveron un par de boas ocasións ao pouco de comezar. A pouco para o descanso Rubén marcaba de cabeza a saída dun córner. Tralo descanso, nunha xogada similar a do primeiro gol, Ivi marcaba de cabeza. Este segundo gol trastocou moito aos locais que se viron impotentes que nas protestas foi expulsado Athu e a rentes do final Dani. O gol de Dani añón de falta directa xa en tempo engadido non dou pé a reacción local que truncada a súa boa racha de resultados na que levaba 6 partidos sen perder. Foi un partido dominado polo Independiente no que chegaron os goles de Rubén (min. 40) e Ivi (min. 55) en dous remates de cabeza tras dous corners. O gol do Cerqueda foi anotado por Beckam no minuto 95 ao tirar maxistralmente unha falta na frontal da área.

Lira - Outes (0-1)

  • LIRA: Romani, Pelexo (Juan, min.75), Josiño, Pedro, Herminio, Marco Antonio, German, Rico, Pepiño (Suso Patachin, min.60), Javi, Suso Perico (Toni, min.70).
  • OUTES: Moncho, Saúl, Primo, Debé (Lago, min.87), Chúa, Arturo, Martín, Quin (Damian, min.46), Potro (Lass, min.80), Fabio (Mingos, min.68) e Deivi.
  • Gol: 0-1, min.76: Martín.
Partido onde os locais dan un paso atrás nas expectativas que crearon a principio de tempada de ascender, visto o xogo amosado nas últimas xornadas, mentres que os visitantes conseguen a súa primeira vitoria a domicilio. Todo comezou cun emotivo homenaxe o ex-técnico lirista Manu Roque agora no Outes, ao que lle foi entregada unha placa en agradecemento a fai dúas tempadas na que con 12 xogadores rematou subindo o Lira á Liga da Costa, prestándose inclusive a xogar de porteiro mais da metade da tempada. O míster transmítenos o seu máximo agradecemento a familia lirista polo recoñecemento. Pouca cousa máis interesante neste partido houbo, xa que os dous equipos se amosaron no primeiro tempo ben plantados no campo e só houbo dúas ocasións, unha por bando que remataron nos paus; a local de Javi que se internou pola banda esquerda, adiantándose á defensa outense e ante a saída de Moncho rematou á cepa do pau esquerdo. A ocasión visitante foi nun centro-chut dende o pico da área que petou na cruceta contraria ante a sorpresa de tódolos xogadores. O segundo tempo foi un calco, pero o Lira pegou un baixón e cedeu inda máis campo ao Outes, tendo dúas ocasións, unha a saída dun córner, que rematarían franco no borde da área pequena, e que rexeitaría ben Romaní; e a segunda, e a postre definitiva, un tiro dende fóra da área no min.80, que se colou a rentes do pau esquerdo de Romani.

Corcubión - Nantón (1-1)

  • CORCUBION: Cristian, Carliños (Diego Lojo, min.60), Manuel Cartamil, Sergio Manín, Balucho, Jose, Estrella, Gabri, Edu, Dudo, Mario (Chisco, min.60).
  • NANTÓN: Martín, David (Carlos Santos, min.75), Cristian (Felix, min.80), Diego, Sito, Diego Costa (Rubén, min.55), Fabio, Amado (Martín, min.65), Luís, Manolo e Carlos Vidal.
  • Goles: 1-0, min.28: Dudo; 1-1, min.77: Luís.
Enfrontábanse dous gallitos da categoría, o cuarto clasificado contra o segundo. Ata o gol local, o partido estivo dominado polo Corcubión, con máis posesión do balón, moi ben en defensa pero sen crear moito perigo na porta contraria. A partir do gol, o Nantón espabilou e ao pouco tempo Manolo mandaría ao longueiro o balón nun man a man co porteiro local. Tamén puido empatar o partido antes do descanso Sito, cun cabezazo que se marchou rozando o longueiro. No segundo acto, as cousas seguían igual para os dous equipos e o Nantón non era capaz de chegar a portería local mentres que o Corcubión si metía medo de sentenciar. Conforme foron pasando os minutos, os locais fóronse metendo atrás buscando a verticalidade de Dudo nos contragolpes e os visitante empezaron a empuxar ata que nunha falta queda o balón morto na area pequena marcando Luís o gol do empate. A partir deste momento acabouse o fútbol, deixando paso ás constantes tanganas entre os xogadores. Viuse unha fea acción do dianteiro local Dudo que deu unha forte patada ao xogador visitante Cristian e que fixo pasar un mal momento aos asistentes, pois os espamos do xogador fixeron pensar o peor. Finalmente foi traslado ao hospital, de momento quedouse nun gran susto despois de ser explorado. Denuncia o colaborador cabanés deste diario, Martín Suárez, a actitude violenta do dianteiro corcubionés. Suárez quere destacar que estas ligas son "un divertimento para todos, un vicio ou como cada un lle queira chamar, que nestas ligas ninguén vive desto, que o luns ai que volver a traballar, ou as clases..." Pide así "xogo limpo para todos".

Mazaricos - Xaviña (4-0)

  • MAZARICOS: Juan, Ramón, Marcos, Oscar (Chico, min.68), Tuco, Brais, Matías (Esteban Pereiro, min.62), Rodrigo (Moncho, min.58), Aldo (Ernesto, min.52), Estefano (Coxo, min.72) e Kevin.
  • XAVIÑA: Juan, Brion, Maikel, Sergio, Gallejo, Yago, Carlitos, Chapu, Eugenio, Búa (Fran, min.70) e Elvis (Cristian, min.72)
  • Goles: 1-0, min.4: Estéfano; 2-0, min.70: Moncho; 3-0, min.75: Marcos; 3-0, min.77: Kevin.
O Mazaricos segue na súa traxectoria ascendente e non se relaxa. Non xogou un bo partido e marcou moi pronto o que lle permitiu relaxarse aos do Pino do Val que non golearon ata os minutos finais. Nada máis saír do descanso os visitantes tiveron dúas ocasións de gol, pero na reta final a maior pegada e condición física dos locais permitiu a goleada.

Corcoesto - Coristanco (2-1)

  • CORCOESTO: Luís, Pepe, Edelmiro, Rivera, Manuel, Aitor, Miguel, Lista, Juan (Javi, min.55), Rodri e Germán (Couto, min.70)
  • CORISTANCO: Gonzalo, Pichel (Cota, min.67), Luís, Iván, Marcos, Dani, Carlos (Pistolas, min.75), Fran Fariña (Pazos, min.65), Benitez (Mallón, min.70), Palermo e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.60: Benitez; 1-1, min.62: Rodri; 2-1, min.73: Rodri, de falta.
Non puido o Coristanco seguir na boa racha de resultados ante un Corcoesto que esta a mostrar mellor cara. Comezaron ben os locais que dominaron a primeira media hora, pero non acertaron de cara o gol. Na segunda gol o partido abriuse a raíz dos goles e puideron ser máis. Primeiro Benitez adiantaba aos coristanqueses, pero pouco empataría Rodri ao rematar un centro de Manuel e anticiparse ao porteiro. Logo Rodri lanzaba maxistralmente unha falta e adiantaba aos locais. Na reta final os visitantes volcáronse na busca do empate e Palermo e Gustavo, por dúas veces puideron acadalo, a contra tamén puido sentenciar o Corcoesto.

Alcaian - Muxía (1-1)

  • ALCAIÁN: Herrera, Luisito, Diego, Daniel, Pio, Víctor, Ñapas (Iván Castro, min.65), Pablo Framil (Portillo, min.65), Daviciño, Rubén e Pistolas (Fabio, min.85)
  • MUXÍA: Angel Luís, Dani, Martinciño, Alvaro, Santi Papi, Dimas Leivinha, Josiño, Chans, Oscar Canario (Fran Gemelo, min.70) e Sancho (Fernando, min.85)
  • Goles: 1-0, min.20: Pio; 1-1, min.80: Fran Gemelo.
Debutou no equipo local Herrera que procede do Castriz e que xogou tamén no Xallas. Partido dominado na primeira metade polos locais que se adiantaron por medio Pio e puideron marcar un gol máis. Na segunda metade os de Alcaián protestaron un gol anulado. Os visitantes apretaron e puxeron a probas ao debutante Herrera que tivo unha soberbia actuación. Os muxiáns acusaron as baixas de Gerardo, Fran Pioto e José Antonio.

Laxe - Cabana (0-1)

  • LAXE: Jacobo, Aarón (Antonio Naya, min.55), Óscar, Jacinto, López, Lolo, Zurich (Adán, min.70), Rubén (Antonio Castro, min.60), Felipe, Mandi, Samuel.
  • CABANA: Dani, Rubén, Eloi, Marcos, David, Sandro, Josiño, Adrián (Darío, min.60), Javi (Mingui, min.80), Suso Docampo (Jacobo, min.90) e Adán (Dani, min.65)
  • Gol: 0-1, min.50: David Sande á saída dun córner.
Partido disputado na tarde do sábado baixo unhas condicións meteorolóxicas adversas (non evitou que máis de 200 persoas acodiron ao campo) durante a primeira metade na que cabe destacar como mellor ocasión un tiro ao pau de Felipe aos 15 minutos. Con todo o primeiro tempo estivo moi igualado. Tralo descanso os visitante colleron as rendas do partido. Unha vez marcou o Cabana o Laxe desapareceu do campo e estivo máis pendente de protestar que de remontar. Marcaron e puideron sentencia por medio de Josiño, mesmo tirou unha pena máxima fóra aos 70 minutos.

Atl. Pereiriña - Muros B (2-2)

  • Atl. Pereiriña: Andrés, Simón, Álvaro Fiuza, Jordi, Javichu, Riki, Alex (Villar, min.25), Néstor (Serixo, min.75), Andrés (Grille, min.80), Morcillo (Juan, min.60), Víctor.
  • Muros B: Angel, Etxeba (Fernando, min.80), Usco, Brea, Maikel, Javi, Pardelo (Xandre, min.85), Abel, Pesco, Carlos (Jesús, min.46), Seluco.
  • Goles: 0-1, min.20: Pesco tras un bo pase de Seluco; 1-1, min.30: Néstor; 1-2, min.80: Pesco aproveita un saque de falta de pillería tras un penalti que o colexiado sacou fóra; 2-2, min.91: Riki tras unha xogada polémica.
  • Lesión: Alex sufriu un golpe e tivo que ir ao Hospital.
Partido prantexado novamente por Nieto dende atrás, cun Muros B agardando atrás e buscando á contra. O Pereiriña controlou máis o balón pero as ocasións eran pouco claras. O filial muradán adiantábase nunha boa combinación entre Seluco e Pesco. Non tardaban os locals e empatar para deixar as xustas táboas antes do descanso. O encontro continuou na segunda metade con máis do mesmo e pouco fútbol. Ata que chegou o minuto cando houbo unha auténtica revolución. Un balón longo deixaba só a Seluco encarando a meta local pero era derribado a altura do punto de penalti coa sorpresa de que o colexiado pitou, dende o medio campo, falta fóra da área. Listos os muradáns aproveitaron o despiste da zaga local que protestaba igualmente, sacaban rápido e Pesco facía o 1-2. O Pereiriña volcouse sobre a meta de Ángel, tendo un par de boas ocasións. Ata que chegou a xogada final e clave. O Pereiriña sufría unha falta no lateral da área. Os dianteiros locais pedían barreira, pero sacaron rápido igualmente. O colexiado deixou seguir e Morcillo marcou un golazo dende fóra da área pola escuadra espectacular, que deixou o empate final no marcador.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Martín Suárez e Miguel de Lira.

Comentarios