Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os árbitros toman o protagonismo

Os árbitros toman o protagonismo
Xornada atípica no fútbol da Costa con expulsións, xogadas polémicas, paróns... Os colexiados, e o frío, foron os protagonistas, para deixar a cabeza da táboa case que como estaba. O Camariñas segue moi forte e por detrás Ponteceso e Club do Mar mantéñense a 3 puntos. Por abaixo, Vimianzo e Carnota non levantan cabeza, estes últimos coa oposición arbitral, mentres que Porteño e O Pindo non poden despistarse.

Corme - Sofán (4-4)

  • Corme: Susiño, Jesús, Abel, Martincinho, Pandi, Diego (Dani, min.75), Gonzalo (Martín, min.85), Alejandro, Iago, Lucas, Adolfo (Jorge, min.55).
  • Sofán: Costa, Juanjo, Diego, Miniño, Pensado (Gende, min.39), Pizo, Aleman (Mario, min.59), Jacobo (David Pensado, min.59), Luisito, Adrián e Bertín.
  • Goles: 0-1, min.4: Bertín de cabeza nunha falta lateral de Luisito; 1-1, min.10: Alejandro de cabeza nunha falta lateral; 1-2, min.20: Bertín aproveita un rexeite de Susiño a tiro de Jacobo; 2-2, min.35: Iago que lle rouba a carteira ao porteiro e marca; 3-2, min.50: Iago tras unha boa combinación; 3-3, min.60: David Pensado tras un rexeite de Susiño a un tiro de Bertín; 4-3, min.70 Gonzalo de falta; 4-4, min.80: Bertín de penalti (supostamente por mans cando foi o porteiro Susiño dentro da área).
  • Expulsións: Diego do Sofán no descanso en teoría por darlle un golpe á porta; Gende do Sofán que sufriu a segunda tarxeta (a primeira non lle correspondía) no min.70; Iago polo Corme tras sufrir a segunda tarxeta por simular un penalti; o cormelán Alejandro e o sofanista Luisito no desconto por unha discusión entre eles.
5 expulsións e 5 tarxetas nun encontro onde tan só houbo unha entrada merecedora de cartón. O colexiado marcou un encontro vibrante e con constantes alternativas. Pasou de todo, e ata o propio Suso da Torriña xa pensa no best-seller que vai sacar coa de anécdotas que están a ocorrer esta tempada. Comezaba o espectáculo arbitral na primeira metade perxudicando á SD, con 2 expulsións que nin os cormeláns entendían. O colexiado foi equilibrando os erros e acabaron tamén expulsados 2 xogadores cormeláns e un terceiro visitante. Notas destacadas para Bertín, que segue coa súa boa racha cara o gol. E apuntar as numerosas baixas coas que xa contaba o Corme ás que lle se teñen que sumar as de Alejandro e Iago para a vindeira cita no Conco, onde ata terá que haber cadetes. Con todo, o clube está contento pola volta de Adolfo aos terreos de xogo.

Muros - Dumbría B (4-0)

  • Muros: Rubén, Ivan Cerilla, David, Mayuyo (Edu, min.79), Miguel Riveiro, Dani Corniños (Oscar Maema, min.65), Varo, Bibi (Gabi min.85), Manu Dosil (Chema min.60), Toni e Yanki.
  • Dumbría B: Anxo, José Carreira (Samuel, min.70), David Carreira, Sergio Cives, José Manuel, Jesús (Carlos, min.80), Pablo Lestón, Ramiro (Fernando, min.65), Tantán, Miguel Poyo (Ivanete, min.75), Pablo Muíño.
  • Goles: 1-0, min.15: Toni, cruzando o balón tras unha parede con Yanki; 2-0, min.30: Yanki, remate na linea de gol tras unha fermosa asistencia de Toni; 3-0, min.70: Óscar do Maema, tras un rechace logo dun saque de esquina; 4-0, min.80: Bibi tras un pase atras de Toni.
Partido entretido o vivido en Miraflores no que o filial dumbriés leva unha goleada inmerecida. Comezaba o choque precisamente co Dumbría B levando o control do balón facendo boas combinacións no medio e aproveitando a velocidade dos seus puntas, tendo varias ocasións de conseguir o gol. Pero nunha contra do Muros, Toni quedaría só ante o meta local despois dunha fermosa parede con Yanki acadando así o primeiro gol. Antes do segundo gol o Dumbria B gozaría de varias ocasións, pero noutra contra o Muros volvería a marcar, cos mesmos protagonistas anteriores pero esta vez cambiarían os papeis e Toni sería o que asistiría a Yanki tras unha mala saída do meta visitante. A partires deste tanto o Muros colleu o control do partido no medio do campo e podería facer maior a súa renta antes do descanso por medio de Toní se non fose por unha gran parada do porteiro visitante. E con este resultado chegaríase ao descanso. Na segunda metade o Muros levou o peso do partido e o Dumbria B saía a contra, así foi como máis perigo creou o equipo local que gozaría da oportunidade de empatar por medio de dous mans a mans que resolveu con moita solvencia Rubén. O desánimo pareceu apoderarse do equipo visitante e o Muros incrementaría a sua renta cun gol do xuveníl Oscar do Maema nun rechace dun saque de esquina, colocando o balon pegadiño ao pau sen que puidera facer nada o porteiro. E máis tarde Bibi marcaría o cuarto gol despois dun pase atrás de Tony.

Carnota - Buño (0-1)*

  • Carnota: Peipo, Nico Capi, Adrián, Pedro, Tono da Caixa, Deme (David Brea, min.65), Tono Goyanes, Manuel Luis, Nico Alvarado, Pablo Beiro, Oli (Pumuki, min.55).
  • Buño: Añón, Pancho, Diego, Lolo, Angel, Pardiñas, Mendieta, Jorge, Fran Martuxa, Fernando (Daviciño, min.65), Rubén (Santi, min.46).
  • Gol: 0-1, min.47: Diego de penalti feito a Santi.
  • Expulsión: Tono da Caixa na segunda metade, por parte visitante a Dourado cando estaba no banquiño por unhas protestas anónimas que o colexiado as pagou con el; Adrián e Nico Capi avisou de que o vai meter nun anexo.
Outro encontro un que o colexiado foi protagonista. Tras unha primeira metade igualada e algo sosa, o Buño púñase por diante ao volver dos vestiarios nun penalti que os carnotáns entenderon que era fóra da área unha vez que o colexiado sacou tarxeta a Pedro, que fixo falta fóra da área antes de que outro defensa carnotán barrese no punto de penalti a Santi. Pero a xogada clave chegou no min.70. O árbitro sinalaba un fóra de xogo en campo carnotán. Tono Goyanes sacaba cun zambombazo dende 70m e o balón colouse, segundo sinalan dende o campo, tras tocar o meta local. O colexiado entendeu que non tocase ninguén e sinalou o correspondente saque de porta. Os xogadores carnotáns abalanzáronse, sen tampouco demasiada agresividade, sobre o colexiado, quen se viu desbordado e correo para os vestiarios anunciando a suspensión do partido a falta de 10 minutos e solicitando a presencia da Garda Civl. Cando o presidente carnotán o tranquilizou o colexiado pediu retomar o partido pero xogadores dun e outro equipo xa estaban duchados. Non cren en Carnota, nin en Buño, que a cousa fora para tanto, e mais contando con que o árbitro avisou de que vai anotar novas expulsión nun anexo.

Ponteceso - Fisterra (0-0)

  • Ponteceso: Norberto, Fabián, Carlos Mato, David, Dani Pallas, Bolón (Roberto Ríos, min.72), Pablo, Mario (Adrián, min.85), Nando (Alfrediño, min.70), Luisete, Charro (Toniño, min.65).
  • Fisterra: Joselu, Piti, Julio, Borja Santos, Pana, Roa, Nico, Rodrigo (Guardiola, min.70), Roco, Tata (Munitis, min.80), Manoliño (Nacho, min.65).
  • Expulsión: o visitante Nico (min.90).
Partido destinado ao empate sen goles. Non foi o encontro que se esperaba e apenas houbo ocasións de gol entre dous equipos que se respetaron, se cadra, demasiado. O Fisterra chegou máis nos primeiros compases, pero Norberto estivo moi ben. A segunda metade foi de dominio visitante, pero as chegadas brillaron pola súa ausencia.

San Lorenzo - Esteirana (1-1)

  • San Lorenzo: Sergio, Puñal, Dubra, Iván Rey, Carliños (Fuentefría, min.70), Cachizo, Anxo, Jorge Pichel (Fabián, min.47), Omar, Javi Pensado (Casillero, min.75), Alex.
  • Esteirana: Ramón, Chispi, Damián, Dani Rama, Adelino (José Varela, min.25), Andel (Pitu, min.70), Iago (Godo, min.75), Pepiño, Alex (Adrián, min.80), Simón, Roberto.
  • Goles: 0-1, min.20: Iago de cabeza a centro de Alex; 1-1, min.75: Puñal de cabeza a un saque de esquina.
  • Lesións: Jorge Pichel e Carliños, polos locais, e Adelino por parte visitante, con sendas roturas de fibras.
Primeira parte igualada e sosa, cunha Esteirana poñendo por que é un dos mellores equipos fóra de casa. Marcou ao comezou e recuou, probando á contra. O San Lorenzo comezou na segunda metade apurando o gol con ocasións sobre todo a balón parado. Ademais do gol de Puñal, tiveron os de Verdillo unha ocasión que era máis fácil metela que fallala, pero a cruceta rexeitou o balón. Nin Alex, nin Puñal, nin Javi Pensado en dúas ocasións afinaron para os locais, pero tamén tivo Simón un man a man contra o final que puido supoñer unha nova vitoria a domicilio dos esteiráns.

Baio - Malpica (0-0)

  • Baio: Felipe; (Ángel Martín, min.12), Fermín, Pablo, (Nando, min.73), Ramón, Jóse, (Manuel, min.16), Pirucho, (Valentín, min.24), Borja, (Fachal, min.66), Martín, Jorge, Alberto, Canay.
  • Malpica: Suso; Charly, Víctor, Iago, Marco, Eloy, (Marcos Amado, min.65), Neucha, (min.Dourado min.65), Cheo, David Blanco, Manu Pardo, Ismael.
  • Lesión: Felipe, Jose Antonio e Pirucho con molestias de fibras, os 3 antes do min.15.
  • Expulsión: O capi baiés Martín nunha tangana.
Accidentado encontro no Platas Reinoso no que o Baio, con numerosísimas baixas, aguantou un empate moi valioso para eles, que lle permite seguir sendo o equipo menos goleado da Liga da Costa. Os de Agilda intentárono ao longo do encontro, pero a seria defensa local mantivo arropupado a Felipe (un dos mellores metas da categoría que tivo que saír lesionado) e a Angel Martín. David Blanco tivo 3 mans a mans cos metas locais, pero non estivo fino. Pero xusto ao final, Valentín estivo a piques de poñer por diante ao Baio e deixar os puntos na casa.

Camariñas - Porteño (4-0)

  • Camariñas: Pombo (Pablo, min.75), Pesqui, Breo (Ogando, min.60), Maikel, Josiño, De la Sierra (Nico, min.60), Moriño, Brais (Gabriel, min.75), Adrián Negro (Sergi, min.60), Juan oBello, Mané.
  • Porteño: Asier (Sacho, min.80), Brais, Manu, Roi, Oscar (Quilmes, min.70), Piti, Astu (Rubén, min.70), Wii (Iago, min.60), Cousillas (Iván, min.50), Varela, Ismael.
  • Goles: 1-0, min.7: Mané de penalti; 2-0, min.30: Mané a pase de Adrián; 3-0, min.53: Juan oBello de cabeza tras unha falta lateral de Mané; 4-0, min.65: Brais nunha escapada.
Moi bo ambiente no Hermanas Patiño (ata 250 persoas), coma sempre, con máis presencia da afección da Ponte do Porto. O encontro estivo controlado dende o principio polo equipo de Manolín, que non deixou respirar aos de Gerpe. Xa se puxo por diante de penalti, como a semana pasada, e o encontro finalizou aí.

Castriz - O Pindo (2-0)

  • Castriz: Diego, Noli, Torreira (Rubén, min.75), Alejandro, Toniño, Alberto, Dani, Sebas (Cilindro, min.55), Oscarín, Suso (Mauri, min.80), Chinda (Bruno, min.46)
  • O Pindo: Garrido, Cesar, Josiño Express, Mateo, Julián, Fran (Edu), Diego León, Javi (Rafa), Aitor, Pulpo, Miguel de Lira.
  • Goles: 1-0, min.40: Suso; 2-0, min.85: Cilindro.
Partido frouxo en Castriz, con dominio local pero sen moito aquel. Os goles locais chegaron contra o final do primeiro tempo e do segundo, pero os visitantes non apretaron demasiado.

Club do Mar - Vimianzo (3-0)

  • Club do Mar: Iván, Chori, Luis, Chechu, Isaac, Corral (Abel, min.60), Alberto (Fran Borrazás, min.78), Repi, Heber (Manu, min.46), Jacobo, Tonecho (Diego, min.78).
  • Vimianzo: Damián, Maracas, Camilo, Sergio, Amarelle, Lagoa (Pablo, min.80), Mario (Maikol, min.60), Martín, Iván de Baíñas (Diego, min.75), Javi, Arán.
  • Expulsión: o vimiancés Martín (min.75).
  • Goles: 1-0,, min.5: Alberto; 2-0, min.77: Tonecho; 3-0, min.92: Repi.
O Vimianzo aguantou o continuo control local durante máis de unha hora. Logo do gol de Alberto ao comezo do partido, o Vimianzo tivo opcións do empate ata o segundo gol de Tonecho e a expulsión de Martín, xogadas que mataron o partido.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios