Nova fin de semana completa de deporte na Costa da Morte. E marcada polo fútbol sala ademais. Unha vez que xa coñecemos o gañador da Liga de Fútbol Sala de Cee, cantamos onte e hoxe as vitorias do Fisober e da Esteirana cadete.
As rapazas do Fisober fixeron historia tras facerse co título da Liga Autonómica, o seu maior éxito que demostra que a familia feminina do fútbol sala costeiro está de moi boa saúde.
E non só o feminino, a canteira tamén está de bo ver. Sobre todo trala vitoria da Esteirana de Fútbol Sala Cadete ante o Autos Lobelle na ida da Fase de Ascenso á Liga Galega. Ante un pavillón ateigado, os esteiráns asinaron esta mañá de domingo un 5-2 que dá moitas opcións para ascender. A volta será o vindeiro domingo 22 de abril en Santiago. O martes completaremos información sobre ambos logros.
E imos xa co repaso ao #futboldacosta. A xornada na Preferente era complicada pois os nosos tiñan encontros contra os de arriba. Así, nin Soneira nin Dumbría conseguían sumar. O Xallas conseguía un meritorio empate co Bertamiráns, e foi o Santa Comba o único que trouxo unha alegría e os de Gelucho seguen escalando postos.
Cee e Ponteceso volvían dar malas novas na 1ª, con sendas derrotas na casa ante o Arteixo (co xogo parado durante media hora...) e ante o Vizoño. Con esta derrota o Cee di adeus definitivamente á 1ª e volve á Liga da Costa.
A xornada da Liga da Costa pasou sen demasiados sobresaltos. O Club do Mar non fallaba onte co Dumbría B, e hoxe respostaba o Camariñas superando ao San Lorenzo. O que non pasou do empate foi o Fisterra ante un serio Buño, polo que os fisterráns seguen aloxándose dos dous de arriba e queda pendente do Malpica. Un Malpica que se reafirma forte e venceu á Esteirana e queda a 1 punto dos fisterráns. Nesa loita pola 3ª praza seguen vivos Corme (a 2 do Fisterra tras vencer ao Zas 3-1), mentres que Baio e Muros quedan a 6 e 7 puntos.
Por abaixo, xornada propicia para o Corcubión e terrible para o Nantón. Caían todos agás os corcubioneses e o Pindo, que afundía ao Nantón tras remontarlle o partido e sacar a súa 3ª vitoria da tempada. Os cabaneses seguen perdendo vagóns, e a permanencia segue enfiada no Zas, que tampouco está no seu mellor momento. San Lorenzo, Castriz e Mazaricos tamén caían permitindo que o Corcubión escale posicións.
A 3ª vivía unha xornada intensa. Outes e Volantes asinaban táboas en Miraflores. Con este empate o Outes queda ás portas do liderato e non aproveita a xornada de descanso do Carnota para superalo quedando 1 punto por debaixo. O Volantes mantén intactas as súas opcións de meterse entre os 6 primeiros, pero queda agora 7ª, trala vitoria do Montelouro. Iso si, o Coristanco caeu co Porteño, co que Cerqueda (que non fallaba en Muxía), Montelouro, Coristanco e Volantes están en tan só 2 puntos para 3 prazas.
Os xuvenís tamén xogaron unha xornada importante. Foi o Baio o máis perxudicado dos de arriba da Liguiña de Ascenso, tras caer ante o Corcubión. Pois Malpica, Cee e Dumbría B non fallaban.
Ademais, en Veteranos o Soneira cantou o alirón da 2ª División tras vencer ao Malpica. Por detrás parece que será o Coristanco quen o acompañe no ascenso. Baixarán probablemente de 1ª os Vimianzo e Buño, mentres que por arriba, a loita segue aberta entre Castriz e San Román cun Corcubión que non se rende.
Por certo, que esta semana xa comeza a Copa da Costa 2012. O Corcubión e o Lira adiantan a Previa (prantexada para 21 e 28 de abril) e xogarán venres 6 de abril en Corcubión e domingo 8 en Lira, ambos encontros ás 17:00h.
Preferente, xornada 30
Xallas
0-3
Bertamiráns
Dumbría
1-2
Narón
Boiro
3-0
Soneira
O Val
0-1
Santa Comba
1ª Autonómica, xornada 29
Cee
1-2
Atl. Arteixo
Vizoño
3-0
Ponteceso
2ª Autonómica, xornada 29
Club do Mar
4-1
Dumbría B
Corcubión
3-2
Castriz
Buño
0-0
Fisterra
Malpica
2-0
Esteirana
Corme
3-1
Zas
Sofán
3-1
Muros
Camariñas
5-2
San Lorenzo
Baio
4-1
Mazaricos
O Pindo
3-2
Nantón
3ª Autonómica, xornada 33
Xaviña
07/04 - 17:00
Soneira B
Laxe
4-1
Fisterra B
Lira
2-0
Camelle
Atl. Pereiriña
4-0
Alcaián
Cabana
2-3
Indep. Carballo
Coristanco
0-1
Porteño
Volantes
1-1
Outes
Montelouro
4-0
Corcoesto
Muxía
0-4
Cerqueda
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 9