Nova xornada #futboldacosta"> esta fin de semana de 24 e 25 de marzo de 2012. E tras ollar o cadro da Copa da Costa 2012, e a crónica do Rali do Cocido en QPC Motor comezamos o repaso por arriba.
Na Preferente, hai que destacar o empate do Soneira, ademais merecendo máis, ante todo un Compos no día do clube nun Municipal ateigado. Tamén empatou o Santa Comba ante un rival directo, o Dubra, ao que mantén a 5 puntos. Pero o Laracha escapa tras vencer ao Dumbría e saca 2 puntos aos laranxas. Os que tampouco sumaron foron os xalleiros e caeron ante o potente Narón.
En 1ª, mala xornada para os nosos con doble derrota.
E resultados importantes na Liga da Costa. O Club do Mar sacaba adiante o partido ante a Esteirana, pero o Camariñas non podía co Muros e queda a 4 puntos. Por detrás, o Fisterra superaba ao Malpica na loita pola 3ª praza. Ademais o Corme vencía no Conco e queda a 1 punto dos malpicáns. Muros e Baio manteñen opcións.
Por abaixo, xornada clave para un Nantón afogado. O Corcubión sacaba os 3 puntos máis importantes do ano e deixa ao Nantón a 4 puntos da salvación, que marca un Zas que empataba co Sofán a pesar das baixas. Mazaricos escapa, ao igual que o Castriz.
Na 3ª, O Carnota segue líder. Os de Cambeiro gañaban o derbi co Lira, mentres que o Outes, no partido da semana, vencía ao Montelouro, que por primeira vez queda fóra dos 6 primeiros postos, tralas vitorias do Cerqueda e do Volantes (este desbancando case defintivamente da loita ao Porteño. O que tropezou foi o Cabana, 3º, onte ante o Soneira B, pero aínda está a 8 puntos do 4º, o Coristanco, que vencía ao Alcaián.
En xuvenís, importante vitoria do Cee ante o Malpica que iguala a cousa. Os malpicáns sacan agora 1 punto ao Baio, e 2 ao Dumbría e Cee, quedando todo aberto na loita polas dúas primeiras prazas. Corcubión e Santa Comba albergan aínda esperanzas.
Preferente, xornada29
| Narón | 4-1 | Xallas |
| Laracha | 1-0 | Dumbría |
| Soneira | 2-2 | Compostela |
| Santa Comba | 0-0 | Dubra |
1ª Autonómica, xornada 28
| Ponteceso | 0-1 | Silva |
| Perlío | 4-1 | Cee |
2ª Autonómica, xornada 28
| Fisterra | 2-1 | Malpica |
| Esteirana | 0-1 | Club do Mar |
| Dumbría B | 0-3 | Corme |
| Muros | 3-2 | Camariñas |
| San Lorenzo | 1-1 | Baio |
| Mazaricos | 4-0 | O Pindo |
| Nantón | 0-2 | Corcubión |
| Zas | 1-1 | Sofán |
| Castriz | 2-2 | Buño |
3ª Autonómica, xornada 32
| Camelle | 2-3 | Laxe |
| Indep. Carballo | 10-0 | Muxía |
| Soneira B | 4-3 | Cabana |
| Carnota | 4-2 | Lira |
| Cerqueda | 4-0 | Atl. Pereiriña |
| Alcaián | 2-3 | Coristanco |
| Porteño | 0-1 | Volantes |
| Outes | 2-1 | Montelouro |
| Fisterra B | 6-4 | Xaviña |
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 8
| Santa Comba | 3-4 | Dumbría B |
| Soneira | 2-4 | Corcubión |
| Baio | 8-3 | Camariñas |
| Cee | 1-0 | Malpica |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 8
| Coristanco | 0-6 | Zas |
| Esteirana | 1-1 | Outes |
| Fisterra | 1-3 | Dumbría |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 7
| Corme | 4-3 | Ponteceso |
| Cabana | 4-3 | Mazaricos |
| Descansa Muros |
2ª Cadete, xornada 28
| Ponteceso | 5-3 | Fisterra |
| Muxía | 0-3 | Esteirana |
| Zas | 0-13 | Dumbría |
| Outes | 1-3 | Baio |
| Muros | 0-2 | Soneira |
| Malpica | 5-0 | Coristanco |
| Cee | 0-1 | Santa Comba |
| Camariñas | 6-1 | Porteño |
2ª Infantil, xornada 28
| Dumbría | 13-0 | Outes |
| Esteirana | 1-0 | Coristanco |
| Con. de Carnota | 4-0 | Fisterra |
| Corme | 0-11 | Cabana |
| As Baleas | 5-8 | Ponteceso |
| Baio | 0-1 | Muxía |
| Cee | 0-1 | Santa Comba |
Ligas de Veteranos, xornada 26
1ª Autonómica
| Buño | 2-1 | Nantón |
| San Román | 3-4 | Cabana |
| Bértoa | 2-4 | Xv. Bergantiños |
| Zas | 3-0 | Vimianzo |
| Ponteceso | 2-3 | Castriz |
| San Lorenzo | 6-0 | Camariñas |
| Corcubión | 4-0 | Baio |
2ª División
| Agualada | 0-3 | Sofán |
| Camelle | 3-6 | Leiloio |
| Muros | 2-1 | Malpica |
| Soneira | 3-0 | Porteño |
| Cerqueda | 3-0 | Dep. Carballo |
| Club do Mar | 0-5 | At. Milagrosa |
| Coristanco | 4-1 | Corcoesto |
Máis información
Nova relacionadas
Crónicas da semana
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Resultados da Preferente e da 1ª en Marcadorgalego.com.