Nova fin de semana completa de deporte na Costa da Morte. E marcada polo fútbol sala ademais. Unha vez que
xa coñecemos o gañador da Liga de Fútbol Sala de Cee, cantamos onte e hoxe as vitorias do Fisober e da Esteirana cadete.
A
s rapazas do Fisober fixeron historia tras facerse co título da Liga Autonómica, o seu maior éxito que demostra que a familia feminina do fútbol sala costeiro está de moi boa saúde.
E non só o feminino, a canteira tamén está de bo ver. Sobre todo trala
vitoria da Esteirana de Fútbol Sala Cadete ante o Autos Lobelle na ida da Fase de Ascenso á Liga Galega. Ante un pavillón ateigado, os esteiráns asinaron esta mañá de domingo un 5-2 que dá moitas opcións para ascender. A volta será o vindeiro domingo 22 de abril en Santiago. O martes completaremos información sobre ambos logros.
E imos xa co repaso ao
#futboldacosta. A xornada na
Preferente era complicada pois os nosos tiñan encontros contra os de arriba. Así, nin
Soneira nin
Dumbría conseguían sumar. O
Xallas conseguía un meritorio empate co Bertamiráns, e foi o
Santa Comba o único que trouxo unha alegría e os de Gelucho seguen escalando postos.
Cee e Ponteceso volvían dar malas novas na
1ª, con sendas derrotas na casa ante o Arteixo (co xogo parado durante media hora...) e ante o Vizoño. Con esta derrota
o Cee di adeus definitivamente á 1ª e volve á Liga da Costa.
A xornada da
Liga da Costa pasou sen demasiados sobresaltos. O
Club do Mar non fallaba onte co Dumbría B, e hoxe respostaba o
Camariñas superando ao San Lorenzo. O que non pasou do empate foi o
Fisterra ante un serio Buño, polo que os fisterráns seguen aloxándose dos dous de arriba e queda pendente do Malpica. Un
Malpica que se reafirma forte e venceu á Esteirana e queda a 1 punto dos fisterráns. Nesa loita pola 3ª praza seguen vivos Corme (a 2 do Fisterra tras vencer ao Zas 3-1), mentres que Baio e Muros quedan a 6 e 7 puntos.
Por abaixo,
xornada propicia para o Corcubión e terrible para o Nantón. Caían todos agás os corcubioneses e o Pindo, que afundía ao Nantón tras remontarlle o partido e sacar a súa 3ª vitoria da tempada. Os cabaneses seguen perdendo vagóns, e a permanencia segue enfiada no Zas, que tampouco está no seu mellor momento. San Lorenzo, Castriz e Mazaricos tamén caían permitindo que o Corcubión escale posicións.
A 3ª vivía unha xornada intensa. Outes e Volantes asinaban táboas en Miraflores. Con este empate o Outes queda ás portas do liderato e non aproveita a xornada de descanso do Carnota para superalo quedando 1 punto por debaixo. O Volantes mantén intactas as súas opcións de meterse entre os 6 primeiros, pero queda agora 7ª, trala vitoria do Montelouro. Iso si, o Coristanco caeu co Porteño, co que Cerqueda (que non fallaba en Muxía), Montelouro, Coristanco e Volantes están en tan só 2 puntos para 3 prazas.
Os
xuvenís tamén xogaron unha xornada importante. Foi o Baio o máis perxudicado dos de arriba da Liguiña de Ascenso, tras caer ante o Corcubión. Pois Malpica, Cee e Dumbría B non fallaban.
Ademais,
en Veteranos o Soneira cantou o alirón da 2ª División tras vencer ao Malpica. Por detrás parece que será o Coristanco quen o acompañe no ascenso. Baixarán probablemente de 1ª os Vimianzo e Buño, mentres que por arriba, a loita segue aberta entre Castriz e San Román cun Corcubión que non se rende.
Por certo, que esta semana xa comeza a
Copa da Costa 2012. O Corcubión e o Lira adiantan a Previa (prantexada para 21 e 28 de abril) e xogarán venres 6 de abril en Corcubión e domingo 8 en Lira, ambos encontros ás 17:00h.
Preferente, xornada 30
Xallas |
0-3 |
Bertamiráns |
Dumbría |
1-2 |
Narón |
Boiro |
3-0 |
Soneira |
O Val |
0-1 |
Santa Comba |
1ª Autonómica, xornada 29
Cee |
1-2 |
Atl. Arteixo |
Vizoño |
3-0 |
Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 29
Club do Mar |
4-1 |
Dumbría B |
Corcubión |
3-2 |
Castriz |
Buño |
0-0 |
Fisterra |
Malpica |
2-0 |
Esteirana |
Corme |
3-1 |
Zas |
Sofán |
3-1 |
Muros |
Camariñas |
5-2 |
San Lorenzo |
Baio |
4-1 |
Mazaricos |
O Pindo |
3-2 |
Nantón |
3ª Autonómica, xornada 33
Xaviña |
07/04 - 17:00 |
Soneira B |
Laxe |
4-1 |
Fisterra B |
Lira |
2-0 |
Camelle |
Atl. Pereiriña |
4-0 |
Alcaián |
Cabana |
2-3 |
Indep. Carballo |
Coristanco |
0-1 |
Porteño |
Volantes |
1-1 |
Outes |
Montelouro |
4-0 |
Corcoesto |
Muxía |
0-4 |
Cerqueda |
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 9
Dumbría B |
3-0 |
Soneira |
Corcubión |
4-2 |
Baio |
Camariñas |
1-3 |
Cee |
Malpica |
1-0 |
Santa Comba |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 9
Dumbría |
4-2 |
Esteirana |
Coristanco |
1-0 |
Outes |
Zas |
3-6 |
Fisterra |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 9
Ponteceso |
1-0 |
Cabana |
Mazaricos |
5-1 |
Muros |
Descansa |
Corme |
2ª Cadete, xornada 30
Fisterra |
6-1 |
Muxía |
Esteirana |
5-1 |
Malpica |
Coristanco |
6-5 |
Zas |
Santa Comba |
3-0 |
Muros |
Porteño |
1-5 |
Outes |
Baio |
3-2 |
Cee |
Soneira |
1-2 |
Cabana |
Dumbría |
6-0 |
Camariñas |
2ª Infantil, xornada 30
Outes |
1-7 |
Cee |
Santa Comba |
6-1 |
Baio |
Coristanco |
2-3 |
Con. de Carnota |
Cabana |
19-0 |
As Baleas |
Muxía |
7-2 |
E.D. Os Miudos |
Ponteceso |
2-5 |
Dumbría |
Corme |
03/04 - 17:00h |
E.M.F. Vimianzo |
Ligas de Veteranos, xornada27
1ª División
Cabana |
2-2 |
Bértoa |
Nantón |
0-3 |
San Román |
Xv. Bergantiños |
2-1 |
Zas |
Vimianzo |
1-1 |
Ponteceso |
Castriz |
2-1 |
San Lorenzo |
Camariñas |
0-5 |
Corcubión |
Baio |
2-1 |
Bergantiños |
2ª División
Cerqueda |
5-1 |
Porteño |
Sofán |
1-1 |
Camelle |
Leiloio |
3-3 |
Muros |
Malpica |
0-3 |
Soneira |
Dep. Carballo |
4-7 |
Club do Mar |
Corcoesto |
7-1 |
Corme |
At. Milagrosa |
3-1 |
Coristanco |
Máis información
Crónicas da semana
Nova relacionadas
Fonte