Xoves. 28.03.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Xornada para esquecer

1ª Autonómica: Xornada para esquecer

Xornada para esquecer esta 28ª da 1 Autonómica. I é que Cee e Ponteceso colleitaron sendas derrotas, se ben non varía moito a situación dos dous equipos. Asi e todo as sensacións son ben distintas, cun Cee desenxando que remate a tempada, ou polo menos que comece a Copa, e un Ponteceso que xa pranta cara ata o mesmo 2º da táboa.

Ponteceso - Silva (0-1)

  • PONTECESO: Norberto, Rubén, Fabián, Dani Pallas, Ramón, Carlos Mato (David, min.57), Pablo Vázquez, Tucho, Alex (Nando, min.57), Toniño.
  • Gol: 0-1, min.70. Carlos Rey tras un erro no despexe de Norberto.
  • Encontro de 0-0 no que o Silva aproveitou o único erro da zaga pontecesá, nun mal rexeite de Norberto que aproveitou Carlos Rey para asinar o único gol do partido.

    E iso que o Ponteceso fixo unha moi boa primeira metade, levando o peso do partido con 2 boas ocasións por medio de Toniño e Puente, mentres que o Silva non inquedou a Norberto para nada nos primeiros 45 minutos.
    Na segunda pouco xogo e só o tanto, máis por erro local que acerto visitante, foi relevante.

    Con todo, demostraron os de Marco estar ben afianzados na cateogíra pois trataron de ti a ti ao 2º clasificado.

    Perlío- Cee (4-1)

    • CEE: Parroto, Nico, Jorge (Aitor ,min.66) Rafa, Luis, Fermin, Poky (Piquero, min.54), Fer (Diego, min.63), Tasky, LLanero (Uri, min.71), Victor.
    • Goles: 1-0, min.25; 2-0, min.65; 3-0, min.74; 4-0, min.82; 4-1, min.85: Uri.

    Outro partido para esquecer do Cee que non inquedou a porteria visitante ata os últimos minutos do partido. As ocasións os primeiros 45 minutos foron para o Perlio, pero Parroto amosábase firme aos 15 minutos cunha gran parada a tiro de Isma. O primeiro gol chegaría despues dun centro de Isma que Maroño controlaría dentro da área e fusila ao meta cense. Jorge salvaría ao Cee en dúas ocasións consecutivas ambas despexando o balón na liña de gol coa cabeza, dando conta da pouca reacción ceense.

    Na segunda parte Parroto tiña que volver a lucirse a tiro de Pena e desta volta foi Rafa o que sacaba un balón na liña de gol de cabeza. O segundo chegaría aos 64 minutos cando un bo centro de Alex Pita remátao só Kike dentro da área pequena nun novo erro defensivo. Ramón marcaría o terceiro e Pena en claro fóra de xogo o cuarto. O gol ceense de Uri a gran pase de Piquero, ao que nos últimos minutos lle sacarían un balon na liña de gol.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Nova relacionadas

    Fonte

Comentarios