Preferente: A complicada xornada sáldase con dous empates e dúas derrotas

Era esta unha xornada complicada para os nosos pois os 4 rivais foron da zona alta.
Espectacular o Soneira, que sacaba un empate ao intratable líder mesmo merecendo os 3 puntos. Un ateigado Municipal de Vimianzo no día do clube recibía a un equipo de 1ª División, e os de Miguel deron a cara. Xa son 7 puntos os que os separan dos postos de descenso.
O outro resultado positivo da xornada, que puido ser mellor, foi o do Santa Comba, ante un Dubra co que mantén a distancia. Iso si, o Laracha, que podía co Dumbría, e o Grixoa, escapan e quedan, co Boiro, con 2 puntos de vantaxe sobre os laranxas. Así e todo a 3ª praza segue estando moi preto.
O Xallas non podía facer nada ante o potente Narón. Os xalleiros seguen con moitas baixas, e mesmo o meta suplente David tivo que xogar de dianteiro, e acabou asinando o gol dos verdes.
Soneira - Compostela (2-2)

- SONEIRA: Durán, Ferreiro, Pablo, Martín, Vecino, Mayor (Mauro, min.76), Andrés (Roi, min.90), Michel, Yago (Javi, min.72), Brais (Pichi, min.68) e Vía.
- Goles: 1-0, min.28: Vía; 1-1, min.30: David Louro; 2-1, min.44: Iago; 2-2, min.59: Roberto Piñeiro.


Narón - Xallas (4-1)
- XALLAS: Cheli, Ismael, Iván, Becerra, Álvaro (David, min.67), Ricardo, Rubén, Pío (Óscar, min.50), Luís, Brais, Alexandre.
- Goles: 1-0, min.30; 2-0, min.40; 3-0, min.60: 3-1, min.78: David; 4-1, min.85.
Moito Narón para un Xallas, que malia comezar moi ben, non aguantou o ritmo imposto polos ferroláns. Primeira media hora moi boa dos de Iván Cancela, que presionaba moito e non deixaba sacar o balón controlado ao Narón. Pero a partir do gol á media hora, os locais foron moi superiores. Así e todo, antes do descanso e xa 2-0, Brais mandou unha falta ao longueiro, e co 3-1 Alexandre tamén tivo unha gran ocasión para meter aos xalleiros no partido.
Co paso dos minutos o equipo foise achicando, i é que as baixas están facendo mella no cadro, e mesmo acabou o meta suplente David de dianteiro, e ata marcou nun córner. Xa son baixas os Adrián Beiroa (ao Noia), que se suman ás de Álvaro Cancela, Aitor, Martín Barreiro, e Iván Amor.
Laracha - Dumbría (1-0)
- DUMBRÍA: Juan, Tantán, Isma, Aarón Fdez., Suso, Luisete (Riki, min.60), Poyo (Toni, min.75), Schuster, Iago, Eloy, Leo.
- Gol: 1-0, min.20.
Non puido o Dumbría co potente Laracha malia prantar cara en todo momento. Primeira parte mala dps dumbrieses, que permitiron marcharo cun xusto 1-0 ao descanso.
Pero na segunda estivo moi ben o equipo de José Canosa, buscando o empate en todo momento, que se mereceu pero non acertaron na definición. Luisete, que debutaba, mandou un centro ao poste, e Leo mandou fóra por pouco. Iago tivo a súa opción pero mandou unha vaselina alta. Outro que estivo activo foi Poyo, que lanzou un bo centro ao que non chegou Riki. Xa a falta de 10 minutos, Eloy rematou un centro de Tantán fóra, e co equipo volcado, Juan Purrúa tivo que salvar un man a man dos locais.
Santa Comba - Dubra (0-0)
- SANTA COMBA: Diego, Gelo (Agustín, min.46), Angelo, Roberto, Gonzalo, Jota, Doro (José Ángel, min.75), Toni (Orlando, min.67), Noli, Julián, Pablo Baña.
- Expulsión: Agustín, min.85.
Non puido pasar do empate o Santa Comba no partido máis interesante da Preferente. E iso que sufríu un expulsado e ao longo da campaña parece que ao cadro laranxa séntalle ben as expulsións e sempre que as sofre, acaba vencendo.
Primeira metade mala para os dous equipos, sen un intensidade, sen ritmo e sen un só tiro a gol. Sen embargo, a segunda metade foi mellor por parte dos laranxas, e ata lanzaron 3 balóns á madeiraa (2 de Noli e unha de Julián).
Máis información
Crónicas da semana
Nova relacionadas
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2012.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- Entrevista de David Castro con Toni, un muradán en Dumbría.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).