E analizamos a penúltima xornada do ano no #futboldacosta. Unha xornada que, por sorte, ao final non se viu demasiado afectada polo temporal, máis alá de varios choques aprazados e algunha que outra molladura. E comezamos pola Preferente, non sen apuntar que xa están actualizados os resultados 5ª e 6ª xornadas de Liga Comarcal de Fútbol Sala Costa da Morte. Na xornada de Pref. só o Xallas de Santa Comba traía os 3 puntos vencendo ao Dubra. Os de Corredoira métense de novo na 3ª praza, agora a só 5 puntos do Grixoa, e 4 do Bertamiráns, trala vitoria dos de Bertamiráns no campo de Grixoa. O Dumbría empataba onte co Chantada e queda nunha cómoda 7ª praza pero só a 2 dos xalleiros. Pola súa parte o Soneira non podía co Boiro, 4º, e queda con 22 puntos, a 4 do Dumbría.
En 1ª Autonómica, de novo mala xornada para os nosos. A máis grave a do Ponteceso, que a pesar de caer contra o potente líder, o Noia, o facía por 6-0. Os de Nacho métense en descenso con 15 puntos. Con 18 puntos queda o Camariñas, 14º, que acadaba o único punto para os nosos nun partido tolo ante o Laro. Ademais, o Malpica se deixaba sorprender polo Bertamiráns B e o Fisterra volvía de baleiro ante o 4º, o Villestro, pero le prantaba cara.
E nova xornada intensa na 2ª Autonómica. A Esteirana non fallaba no sempre complicado Lombáns e segue solvente no liderato. O partido da xornada xogábase no Carral e o Baio quedaba cos 3 puntos deixando ao Sofán 4º. I é que o Cee vencía pola mínima ante o Volantes e se mantén, igualado co Baio, a 6 do líder. Por detrás, Corme e Zas seguen pelexando por non perder o tren do ascenso, e están con 30 puntos tralas apuradas vitorias ante Muros e Mazaricos. Por abaixo o Outes afundía un pouco máis ao Dumbría B, e sae dos postos de descenso con 14 puntos. Queda o Cabana, con 12, penúltimo, tras empatar co Corcubión. O Montelouro volvía perder ante o Buño e segue nunha racha preocupante con 8 derrotas consecutivas.
E xa na 3ª, a xornada comezaba coa nova da sanción de 1 ano a Papi. O míster muxián "levantávalle a man" a un colexiado a semana pasada e terá que ver dende a bancada os choques. No deportivo, o Muxía vencía en Xaviña e se coloca xa a tiro da 6ª praza, que agora mantén o Lira a pesar da súa derrota co Coristanco. Por arriba, o Porteño vencía no choque en Vimianzo ante o Castrelo (alteraron a orde do partido e xogaron o sábado ás 21:00h) con algo de polémica, e se mantén líder. E aumenta a renda sobre o Independiente de Carballo, que non pasaba do empate en Laxe. Ademais, o Camelle conseguía unha importantísima vitoria ante o Soneira B que o deixa a 1 do IDC e con 7 puntos sobre o 4º, o Cerqueda, que non fallaba ante o Corcoesto.
En xuvenís, as cousas vólvense apretar no sur e todo segue igual no norte. O XSC vencía no sur ao Fisterra e o Cee queda a só 2 puntos dos fisterráns, que marcan esa 3ª praza. Polo norte, sen enfrontamentos directos, todo segue igual, co Baio con pé e medio fóra da liguilla. Ademais, o Corcubión vai recurrir o partido coa Esteirana, por suposta aliñación indebida do cadro blaugrana.
Boas novas coas Tarifas arbitrais
Ademais, apuntamos que a Asociación de Clubes de Fútbol da Costa da Morte, comunica que o problema xurdido ca aplicación das novas tarifas arbitrais nas categorías de fútbol base na comarca da Costa da Morte, e que estos días preocupaba os clubes con categorías inferiores, está solventado. Despois dun montón de conversas con membros da Federación e do Comité Técnico de árbitros, a partir desta xornada empezouse a aplicar a tarifa modificada e revisada, tal e como no seu día se acordara nunha das reunións que a Federación mantivera cos clubes en Baio.