Domingo. 12.05.2024
El tiempo

Resultados da fin da ponte no #futboldacosta

Resultados da fin da ponte no #futboldacosta
Mazaricos-Corme - Foto-Sara Ramos

Despois de facer un reaso á xornada do xoves, analizamos a xornada do #futboldacosta deste 8 e 9 de decembro de 2012.

E comezamos por unha mala xornada para os nosos na Preferente. O Xallas de Santa Comba deixábase sorprender en Fontela ante o Sada e deixa pasar ao Laracha á 3ª praza así como deixa escapar aos de arriba. Agora os xalleiros empatan co Dumbría a 25 puntos tralo traballadisimo empate dos de Canosa en Viveiro, cunha arbitraxe que remataba coa histórica expulsión do delegado Manolo. O Soneira volvía de baleiro de O Páramo.

En , a xornada foi dispar. Onte abría a xornada o Fisterra con goleada que o ascende á 10ª praza. Pola contra, o Ponteceso caía na casa ante o potente Arzúa e queda ao fío do descenso. O Camariñas sumaba un puntiño moi valioso ante un Estudiantil que chegaba líder ao Hermanas Patiño pero a forza camariñá conseguiu sacar un bo empate. E o Malpica volvía sen premio de Lamela e deixa escapar aos de arriba.

A xornada na Liga da Costa deixa a parte alta apretada. Se ben a Esteirana, trala apretada vitoria de onte ao Outes, saca 6 puntos de vantaxe, o grupo perseguidor está apretado. 3 equipos con 32 puntos: o Cee, que por fin atopada o bo xogo; o Baio, que non pasaba do empate ante un Carnota que segue a tiro; e o Sofán, que non se despega de loita e volvía de Muros con 3 puntos e 3 goles.
Por detrás, xa a 5 deste grupo, outro grupo de equipos, co Corme que non pasaba do empate en Mazaricos; o Zas, que sacaba 3 puntos de Agra da Filgueira acentuado a crise do Montelouro; e o propio Carnota.
Por abaixo, o Dumbría B non levanta cabeza e caía ante un Castriz que saca 3 puntos vitais. O Cabana e o Outes seguen con 11 puntos, e o con 15 están o Montelouro e o Mazaricos. O Buño galoulle a partida ao Corcubión e o adianta, formando un grupo de equipos, co propio San Lorenzo que vencía ao Volantes, que non se poden despistar.

A xornada da 3ª Autonómica fixo sufrir ao líder, o Porteño que tras coñecer que suma os 3 puntos do partido suspendido co Lira da semana pasada, non pasaba do empate en Camelle. I é que o derbi camariñán chegaba cos dous en todo o alto, e foi un partido intenso, pero sen demasiado fútbol, xa que o Rodeiro en pleno inverno non permite florituras. Ademais, o Independiente tamén sufría para vencer, con 10 e pola mínima, a un Coristanco en plena marexada. Descansaba o Cerqueda e os que veñen por detrás, Soneira B e Lira (hai que restarlle 2 puntos pola sanción nas nosas táboas) empataban a 2.

En Xuvenís, polo norte o Dumbría ponse de líder tras vencer en Cee, e deixa aos de José Carlos tocados, a 4 puntos do Xallas de Santa Comba. Un XSC que completaba a mala fin de semana derrotado con claridade en Mazaricos. Outro que completa o trío de arriba, o Fisterra, volveu pecar de relaxación e sufríu para vencer ao Outes.
Polo Norte o Ponteceso segue intratable e marcou 8 goles ao Laxe. O Malpica non perdoaba en Coristanco, pero o partido da xornada xogábase o xoves e o Cabana alonxou ao Baio dos 3 postos de acceso á Liguiña Previa.

Preferente, xornada 16

O Paramo2-0 Soneira
Xallas StComba 0-1 Sada
Viveiro 1-1 Dumbría

1ª Autonómica, xornada 15

Fisterra2-0 Cacheiras
Lamela 2-1 Malpica
Camariñas 1-1 Ag. Estudiantil
Ponteceso 1-3 Arzúa

2ª Autonómica, xornada 15

Montelouro 1-3 Zas
Esteirana 2-1 Outes
Corcubión 2-4Buño
Cee 5-0 Cabana
San Lorenzo 4-1 Volantes
Dumbría B 1-4 Castriz
Muros 0-3 Sofán
Mazaricos 3-3 Corme
Baio 1-1 Carnota

3ª Autonómica, xornada 15

Camelle 0-0 Porteño
Castrelo 0-1 Nantón
Baíñas 1-0 Ameixenda
Lira 2-2 Soneira B
Fisterra B 2-6 Laxe
Muxía 1-1 Alcaián
Corcoesto 2-3 Xaviña
Indep. Carballo 3-2 Coristanco
  • Descansa Cerqueda.

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 15

Fisterra 2-1 Outes
Esteirana 2-3 Soneira
Corcubión 3-1 Muros
Mazaricos 4-1 Xallas StComba
Cee 0-2 Dumbría

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 15

Baio 1-4 Cabana
Zas 2-3Camariñas
Muxía 2-1 Corme
Laxe 3-8 Ponteceso
Coristanco 0-2 Malpica

Liga Galega Cadete, xornada 13

Sp. Coruñés 1-4 Bergantiños
Dumbría 4-0Calasanz

Liga Galega Cadete, xornada 14

Bergantiños 2-1 S.de Compostela
Lugo B 1-1Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 14

Ural 1-3 Dumbría
Bergantiños 1-0 S.de Compostela

Liga Galega Infantil, xornada 15

Negreira 1-4 Bergantiños
Dumbría 0-3 Calasanz

1ª Cadete, xornada 7

Coristanco4-2 Muxía
Muros 2-2Xallas Sta Comba
Cee 4-2Cabana
Zas 3-0Ponteceso
Esteirana 7-2 Baio
Porteño 2-3Fisterra
Outes 2-4 Carnota

1ª Infantil, xornada 12

Muxía 1-7 Cee
Coristanco 1-2 E.M.F. Vimianzo
Fisterra 6-1 Outes
As Baleas 6-2Sofán
Corme 1-8 Xallas StComba
Os Miudos 2-3 Baio
Ponteceso 0-7 Esteirana
  • Descansa Cabana.

Ligas de Veteranos, xornada 13 (horarios sen confirmar)

1ª División

Baio 3-1 (x.8) Camariñas
Castriz 1-1 Soneira
Coristanco 4-0 Bergantiños
Baio 3-1 Nantón
Zas 4-0 Ponteceso
Bértoa 1-4 San Román
San Lorenzo 4-2 Xv. Bergantiños
Vimianzo 1-7 Corcubión Vet.
Cabana 6-0 Camariñas

2ª División

Sofán 1-2 Malpica
Cerqueda 1-1 Poniente
Corcoesto 2-2 Laxe
Porteño 0-1 Muros
Camelle 0-0 Corme
Dep. Carballo 1-2 At. Milagrosa
Leiloio 2-1 Buño
  • Descansa Agualada.

Máis información

Artigos deportivos

Máis novas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios