Sábado. 11.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: A igualdade fai sufrir a todos

2ª Autonómica: A igualdade fai sufrir a todos
O Cee tivo un partido tranquilo ante o Cabana-Foto Jorge Parri Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

Segue firme a Esteirana que sacou unha sufrida vitoria na visita dun aguerrido Outes. I é que a igualdade na liga fai sufrir xa a todos os equipos e cada 3 puntos teñen que loitarse. O Sofán tampouco o tivo fácil en Miraflores pero aproveitou os erros defensivos do Muros para acabar goleando. E o Baio non pasaba do empate ante un Carnota que non vende barata a súa pel. O único que gañou con solvencia era o Cee ao Cabana, un Cee que por fin atopou o seu xogo.
Por detrás o Corme queda algo descolgado dos postos de arriba, a 5 do grupo formado por ceenses, baieses e sofanistas.

A parte de abaixo mestúrase coa media táboa, dende o 9º, o San Lorenzo, con 18 puntos, para abaixo, non se pode despistar ninguén, pois o descenso directo está nos 11 puntos, a dúa de hoxe.

Montelouro - Zas (1-3)

Montelouro-Zas-Foto- Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma (Canario, min.80), Pablo, Chema, García (Raúl, min.46), Isma Cosme, Fernando, Denís, Geiko (Dani, min.80), Pesco, Edu (Pepe, min.65), Anxo.
  • ZAS: Elías, Martín, Víctor Vecino, Oli, Pereiro, Diego, Peque, Jaime (Quintáns, min.75), Pablo (Francés, min.67), Pichín, Pastor (Andresiño, min.56).
  • Goles: 0-1, min.10: Víctor Vecino aproveita un balón que lle cae a Isma das mans; 0-2, min.35: Diego tras unha indecisión entre defensa e porteiro; 1-2, min.60: Pesco; 1-3, min.77: Jaime.
  • Expulsión: o visitante Pichín (min.80).

Dúas xogadas desafortunadadas da defensa local puxo o partido de cara para un Zas que segue nunha gran liña de xogo e resultados. O Louro comezou, algo tarde, a reaccionar, e se meteu no partido cando faltaba media hora, cun tanto de Pesco. Pero non chegou a facer demasiado dano á meta de Elías, e foi Jaime o que sentenciou na recta final.

Montelouro-Zas-Foto- Edu Olveira

Esteirana - Outes (2-1)

  • ESTEIRANA: Benito, Chispi, Pablo, Dani Rama, Suizo, Pichu (Andel, min.60), Pepiño, Álex, Roberto Pladur, Kike, Uru (Iago, min.55).
  • OUTES: Peipo, Damián, Borja, Arturo, Chúa, Samuel, Saúl (Ángel, min.46), Poque, Elías (Fabio, min.75), Pesco (Michi, min.60), Mario (Quin, min.46).
  • Goles: 0-1, min.55: Chúa; 1-1, min.65: Kike, de penalti; 2-1, min.92: Pepiño a centro de Andel.

Impresionante o ambiente no Xosé Luís Oliveira con máis de medio millar de afeccionados, moitos locias pero coma sempre, a afección outense non falla. E foi un partidazo, competido ante o último instante no que non se apreciou a diferencia na táboa, e que se decidiiu no último suspiro para deleite dos siareiros locais.

A primeira parte foi igualada, pero cun Outes mandón. A Esteirana non podía manter o balón e os visitaban tocaban e intentaban chegar. E ao comezo da segunda se metían por diante cun tanto de Chúa. Pero chegou a reacción local, que igualou cun penalti moi protestado polos visitantes. Parecía que o partido ía acabar en empate, pero xa co tempo cumplido unha xogada de Andel por banda acababa cun remate de Pepiño a gol, que serve para manter a renda dos esteiráns no máis alto da táboa.


Corcubión - Buño (2-4)

Corcubion-San Lorenzo-Foto- JOrge Parri
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Miguel (Gabi, min.65), Paulo, Lema, Conguito, Sebas, Edu (Marcos, min.65), Lourido, Alán, Cristian, Mario
  • BUÑO: Toni, Casais, Ángel, Diego, Rubén, Mauri, Emilio, Dourado (Jorge, min.46), Elías (Víctor, min.66), Dani Calvete, Gurita (Juan, min.90)
  • Goles: 1-0, min.5: Cristian; 1-1, min.20: Diego, de penalti; 1-2, min.43: Diego, de penalti; 1-3, min.60: Gurita; 2-3, min.73: David; 2-4, min.85: Gurita.
  • Expulsión: o visitante Casais (min.50) del Buño.

Partido importante que permite ao Buño escadar postos e superar aos de Manolín. Foi un partido complexo, de ida e volta e con alternativas. Foi Cristian o que adiantaba aos locais nada máis empezar. Pero dúas penas máximas antes do descanso permitían que os de Buño deran a volta ao marcador. Diego non fallou e superou a Abelleira.

Comezaba a segunda metade coa expulsión de Casais polo que lle quedaban 40 minutos ao Corcubión para remontar cun home máis. Pero as ocasións chegaban e os goles non. Non estiveron acertados os Lourido, Cristian e Mario, onte tridente de ataque no bando local. E foi Gurita o que ampliou a renda. O muxián David volvía recurtar e meter a incertidume no partido, pero de novo o dianteiro malpicán sentenciaba a falta de 5 minutos.

Cristian abría o marcador para o Corcubión ante o San Lorenzo-Foto- Jorge Parri

Cee - Cabana (5-0)

Llanero foi de novo protagonista no Cee-Cabana -Foto- UC Cee
  • CEE: Parroto, Fiuza, Jorgito, Piquero, Berto (Rafa, min.71), Leis (Fermín, min.46), Nico (Joserra, min.76), Diego, Fer, Yaya (Penedo min 61), Llanero (Patera, min.80).
  • CABANA: Añon (Sergio, min.52), Marcos, Alex (Mario, min.37), David (Adrián, min.52), Iván, Alex, Isaac, José (Fernando, min.54), Alberto (José, min.66) Iván, Dani.
  • Goles: 1-0, min.15: Llanero de tiro raso; 2-0, min.44: Llanero, aproveita a súa posible posición ilegal; 3-0, min.65: Nico, a pase de Fer; 4-0, min.75: Penedo, 5-0, min.88: Patera tras unha deixada de Piquero.

Por fin volvían realizar un bo partido os ceenses e vencían con xustiza e comodidade a un tocado Cabana. Xa avisaba Llanero, que está defintivamente en forma, nos primeiro minutos facendo lucirse a Añon, e non tardaba en abrir o marcador de tiro raso. O Cee que dominaba o partido seguía chegando e pondo en aprietos ao rival, que apenas inquedaba cun tiro lonxano a Parroto. O segundo gol, en lcaro fóra de xogo e ao fío do descansa, sentenciaba practicamente o partido.

Na continuación saíu durmido o Cee e o Cabana aproveito para chegar á portería local pero sen acerto. O terceiro gol saíu das botas de Fer que lle pon un bo pase a Nico para que supere a Sergio. Un erro nun pase da defensa aprovéitao Penedo para anotar o cuarto. O definitivo quinto gol, deixada de Piquero a Patera para que fusile a Sergio.

Feliz o banco ceense-Foto- Jorge Parri

San Lorenzo - Volantes (4-1)

San Lorenzo-Volantes-Foto- Gonzalo Sestayo
  • SAN LORENZO: Sergio, Quillo, Adrián, Casillero, David, Anxo, Chucho (Peque m,57), Cachizo, Eloy (Jorge Pichel, min.75), Javi Pensado (Fuentefría, min.65), Carliños (Adonis, min.80)
  • VOLANTES: Iago, Juan do Sivil, Santi, Pardelo (Javi de Baño, min.46), Fran do Español, Nimo (Nacho, min.46), Mingos, Jaro, Adrián (Yeray, min.75), Brais (Bolero, min.80), Chenel.
  • Goles: 1-0, min.5: Chucho; 2-0, min.15: Eloy; 2-1, min.50: Chenel, de penalti; 3-1, min.55: Carliños de chilena; 4-1, min.90: Peque.

Perde comba o Volantes de Baño e deixa que se lle achegue o numeroso grupo de abaixo. Xa son só 4 puntos os que o separan precisamente do San Lorenzo, que marca a liña dos equipos que non se poden despistar. Os de Guelli sacaron onte unha boa vitoria, se cadra demasiado numerosa, e iso que mesmo fallaron un penalti, ante un Volantes algo frouxo en defensa.

A primeira metade foi de dominio local, e Chucho e Eloy adiantaron aos de Verdillo pronto. Foi recuperando o balón, pero á contra Carliños puido sentenciar dende os 11 metros. O Volantes que recurtaba á volta dos vestiarios, pero de contado, Carliños, cun golazo de chilena volvía abrir fenda no marcador.

San Lorenzo-Volantes-Foto- Gonzalo Sestayo

Dumbría B - Castriz (1-4)

Castriz no Conco-Foto-Nuria Brenlla
  • DUMBRÍA B: Fher, Fernando, Cabana, Tati, Lucho, Toja, Pereira, Roi, Cacho, Israel, Álex Siaba.
  • CASTRIZ: Alejandro, Martín, Prego, Luis (Sergio Gerpe, min.75), Javi, Bruno, Pose, Fili, Sebas, Víctor Pazos (Anxo, min.80), Rubén.
  • Goles: 1-0, min.30: Roi; 1-1, min.55: Pose; 1-2, min.65: Víctor Pazos de falta; 1-3, min.75: Pose; 1-4, min.85: Sebas.
  • Lesión: o meta local Fher.
A afección dumbriesa sempre presente-Foto- JOrge Parri

Vitoria xusta dos de Víctor Pazos ante un Dumbría B que non estivo ben, e que na segunda acusou un serio baixón físico e se acabou deixando levar. Na primeira metade aínda aguantou o cadro local que mesmo se metía por diante para marchar aos vestiarios en vantaxe.

Pero na segunda baixaron fisicamente e os xalleiros machacaron.

Dumbria B-Castriz-Foto- Jorge Parri

Muros - Sofán (0-3)

  • MUROS: Fabio, Teo, Paky (Pedro de Nieto, min.60), David, Mayuyo, Lisardo (Saúl, min.50), Gelo (Pulpo, min.80), Dani Corniños, Manu Dosil, Jesús (Javi de Vístete, min.70), Sexo.
  • SOFÁN: Bugy, Cantudo (Gus, min.25), Lista, Juanjo, Marcos, Iván, Míchel (Iván Rojo, min.80), Jacobo (Pensado, min.66), Edu (David Pensado, min.76), Eloy Cabeza, Santi.
  • Goles: 0-1, min.55: Edu; 0-2, min.65: Lista; 0-3, min.85: Gustavo.

Firme o Sofán en Miraflores ante un Muros que non estivo fino en defensa e permitiu que en 10 minutos á volta do descanso os carballeses sentenciasen o partido.

A primeira metade foi moi discutidam, que deixou como protagonista a Buguy, o porteiro visitante, que malia estar medio coxo estivo sensacional. Nin Sexo nin Jesús eran quen de superar ao porteiro, e Edu, Lista e Gustavo aproveitaron os erros para finiquitar.

Mazaricos - Corme (3-3)

Mazaricos-Corme-Foto- Sara Ramos
  • MAZARICOS: Dani, Casáis, Rodri, Óscar, Martín, Ricardo (Marcos, min.66), Estéfano (Cristian, min.60), Esteban (Álvaro, min.46), Aldo, Brais, José Ángel (Matías, min.87).
  • CORME: Susiño, Adolfo, Alejandro, Jesús, Pandi, Dani (Manu, min.56), DIego, Martín, Juan, Lucas, Brais.
  • Goles: 1-0, min.10: Aldo; 1-1, min.30: Juan Chans; 2-1, min.40: José Ángel; 2-2, min.50: Diego; 2-3, min.65: Juan Chans; 3-3, min.80: Óscar.

Partido tremendo no Pino do Val, no que o Mazaricos prantou cara a un Corme que non fixo o seu mellor partido, e que tivo no porteiro Suso ao seu mellor home. Así e todo, Lucas fallou dous penaltis, ambos para poñerse por diante, un en cada parte, un mandou alto e o segundo, ao panenka, ao longueiro.

Foi un partido de alternativas, cun Mazaricos que se metía na primeira metade por dúas veces por diante. Juan Chans anulaba o gol de Aldo, e José Ángel, tralo primeiro penalti marrado, marcaba o segundo antes do descanso.

O Corme, malia non adaptarse ao céspede, remontou tamén o gol e se puxo por diante, pero a falta de 10 minutos para o final Óscar anotaba o xusto empate.

Baio - Carnota (1-1)

Baio-Carnota-Foto- Alejandro Mel
  • BAIO: Anxo, José Antonio, Pablo, Chema, Mario, Iago, Chucho, Martín, Alberto (Jorge, min.77), Rubio (Cristian, min.61), MC.
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Tono da Caixa, Pedro de Pichín, Manolo Chouza, David de Brea, Manuel Luis (Nakata, min.70), Jacobo, Loló, Pablo Beiro (Martín, min.66), Boni (Buonanotte, min.56), Casti.
  • Goles: 1-0, min.25: Martín; 1-1, min.60: Casti roubou no medio e non fallou no man a man.

Empate xusto en Baio, nun partido con total dominio local ante un Carnota moi incisivo, que sacou un valioso punto. Matín adiantou aos locais no ecuador do primeiro tempo cun gol de Martín tras varios rexeites. MC puido ampliar a renda pero non tivo a súa tarde cara gol.

O Carnota seguía agazapado pero afiado, e nunha indedición da defensa local, Casti, que voltaba ao 11 de Cambeiro demostraba que sempre está en forma, roubaba un balón no medio, encaraba e non fallaba no man a man con Anxo.

Acabou sufrindo o o Carnota ante un Baio moi traballado, con moito toque e moita posesión, que entraba polas bandas con moita velocidade, pero os de Carnota aguantaron as embestidas. Un Carnota que ten díuas baixas importantes para recibir ao líder a semana que vén, como son Pedro Pichín e Jacobo.

Martín abriu o marcador no Baio-Carnota-Foto- Alejandro Mel

Máis información

Máis novas

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios