Venres. 10.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Cee e Baio descólganse

Xuvenís: Cee e Baio descólganse

Quedan só 3 xornadas para o final e a cousa se clarexa por arriba. I é que Cee e Baio parece que se descolgan tralas súas derrotas nos choques directos ante Dumbría e Cabana, e parece que XSC e Fisterra no sur, e Ponteceso e Malpica no norte, completan o trío de equipos que pasarán á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega.

Cómpre apuntar que o resto de equipos (14) participarán na previa da Copa da Costa Xuvenil 2012-2013. Agruparanse en tres grupos, (2 de 5 e 1 de 4 equipos), e polo sitema de liga, sairán 10 equipos, que, xunto cos 6 equipos da 2ª fase da liga, disputarán os oitavos de final da copa.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 15

Xornada complexa no sur da bisbarra, con sorpresas, sufrimentos, e derrotas claves. O Cee perdía co líder, o Dumbría, deixando aos de José Carlos 4 puntos por debaixo do XSC, agora 3º trala sorpresa da xornada, a súa derrota na Picota. O Fisterra completa o trío, na 2ª praza a 2 do Dumbría e 1 punto sobre os xalleiros. Un Fisterra que se está relaxando nas últimas xornadas e que sufría demasiado para superar ao Outes xa na xornada do xoves, con dous tantos de Cote, un dos habituais do equipo de 1ª.

Así e todo, o Cee ten aínda posibilidades, e pode aproveitar calquera tropezo dos de arriba. Sen ir máis lonxe, a vindeira xornada hai un XSC-Fisterra que non poderán gañar os dous; e na penúltima toca un Fisterra-Dumbría.

Ademais, o Corcubión superaba ao Muros con 2 tantos de Adri dos Lombos e un de Sergio, ademais dun tanto en propia de Abraham para o Muros. Suma a súa segunda vitoria da tempada o cadr de Alfonso, mentres que os de Manolo Camello quedan na 8ª praza con 14 puntos, por diante dun Soneira que sumaba tamén a súa segunda vitoria en Esteiro, ao que apremia na táboa, nesa "loita" pola 6ª praza.

Analizamos os dous partidos da semana no sur:

Cee - Dumbría (0-2)

  • CEE: Paulo, Jesús (Lamela, min.46), Martín, Aitor, Tonecho, Esteban, Tebo, Nanón, Benlloch (Mario, min.83), Andrés (Cibran, min.83), Uri (Pablo, min.70).
  • DUMBRÍA: David, Roi (Kevin, min.45), Samuel (Edu, min.78), Jose, Josiño, Lucas, Alex Siaba (Rafa, min.89), José Marcote (Pose, min.70), Toja, Martín, Javi.
  • Goles: 0-1, min.20: Javi; 0-2, min.40: Javi.

Dura derrota do Cee na casa ante o líder da categoría. I é que o Dumbría de Pablo Conde estivo mellor durante os primeiros 45 minutos, e ademais dos goles de Javi, Jose puido ampliar a renda tras un córner e Alex Siaba tamén tivo unha boa que salvou Paulo.

Na segunda o Cee tomou o mando do partido. Os Benlloch, Tebo e Uri combinaban pero en fronte se atoparon cunha defensa moi seria que non permitu claras ocasións ante David.

Cee-Dumbria xuvenil - Foto-Jose Cambeiro

Mazaricos - Xallas StComba (4-1)

  • MAZARICOS: Samuel (Alejandro, min.65), Gabriel, Javier (Bieito, min.60), Mipadre, Ramón, Oreiro, José Ángel (Marcos, min.80), Cristian, Carreira, Alberto (Borja, min.80), Arturo (Rubén, min,75).
  • XSC: Ivan Couto, Cristian, Josito (Miguel, min.46), Dani Martínez, Roberto, Jordi (Landeira, min.46), Diego Maneiro, Fabián (Tefi, min.65), Styven, Marquiños, Iván.
  • Goles: 1-0, min.5: Gabriel; 2-0, min.50: Ramón; 1-2, min.55: Diego Maneiro; 3-1, min.70: Ramón; 4-1, min.85: Cristian

Derbi moi intenso no que a forza e a motivación dos amarelos bateu coa calidade dos verdes e laraxas. De feito, os locais, malia non facer un xogo moi combinativo, levaban todos os balóns divididos e estiveron tremendamente serios en defensa.<

Saíron os mazaricáns máis metido no partido e se adiantaban pronto tras unha xogada de varios rebotes que finiquitou Gabriel. Pouco a pouco os xalleiros foron entrando no partido e meténdose arriba. Marquiños avisou cunha vaselina que marchou alta, e o colexiado anulaba un gol nun remate de Dani Martínez á saída dun córner.
Pero á contra, ao comezo da segunda metade, os mazaricáns facían, por medio de Ramón, que xunto a Oreiro, fixeron un traballo incansable no medio campo. Intentábao o Xallas con máis presencia arriba e máis presión, pero o Mazaricos fíxose forte, non permitiu espazos e acabou sentenciando nos últimos minutos, cun novo tanto de Ramón e outro de Cristian.

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 15

Clarifícase a cousa por arriba no Norte da bisbarra e parece que o Baio é o perxudicado. Trala xornada do xoves, o Baio caía ante o Cabana e queda a 5 puntos do Malpica, 3º na táboa, e parece que se mira fóra da Liguilla Previa. Iso si, queda un enfrontamento directo na penútlima xornada entre Baio e Malpica polo que os de Tato non se poden despistar.

Entrementres o Ponteceso segue ao seu, cuns números tremendos, con 40 puntos, 4 máis que o Cabana e 6 sobre o Malpica. O sábado goleaba ao Laxe, cun espectacular Brais, habitual cos maiores, que só na primeira metade facía 3 goles. Ademais, outros habituais no equipo de 1ª, como Recarey, Bieito, ademais de Iago e Fabián, fixeron o resto para superar aos laxenses.

Na parte baixa, o Muxía colleitaba a súa primeira vitoria da tempada ante o Corme, mentres que o Camariñas vencía en Zas nun choque con moitas alternativas. O choque máis igualado foi o que lle prantexou o Coristanco ao Mapica:

Coristanco - Malpica (0-2)

Malpica xuvenil-Foto-Luis E Porto
  • CORISTANCO: Nacho; Rubén Darío, Navas, Johny, Alexis, Chrístian, Suárez, Alexandro, Naya, Magovi, Abelenda, (Mosquera, min.81).
  • MALPICA: Jesús; Víctor Novo, Lexi, Canario, (Fenosa, min.82), Joro, Kevin, (Miguel Ángel, min.82), Diego, Guille, (Aitor, min.68), Martín Maradona, Juny, Pitís, (Almeida, min.68).
  • Goles: 0-1, min.20: Juny de falta directa dende 40 metros; 0-2, min.58: Pitís de rexeite a tiro de Juny tras uha gran xogada combinada entre Víctor Novo, Martín Maradona e Juny.
SD Coristanco xuvenil nas Rocheiras-Foto-Luis E Porto

Prantou cara o Coristanco a todo un Malpida. E o fixo dende o comezo, pois os locais saíron máis metidos no partido e dominaron os primeiros compases, e crearon boas ocasións, como unha vaselina de Naya que peta no longueiro.
Marcaban os malpicáns no primeiro tiro a portería, aos 20 minutos, que chegaba ademais a través dunha falta que Juny convertiu en obús para superar a Nacho. Seguía avisando o Coristanco e Magovi avisaba, de cabeza, a un inspirado Jesús.

Pero acabou o primeiro tempo e parece que as forzas se lle acabron aos locais. Os malpicáns comezaron a tomar o mando e nos primeiros compases Guille lanzaba un gran lanzamento e Juny marraba un penalti cometido sobre el mesmo. Nacho convertíase no mellor home do Coristanco, que non chegaba arriba. Unha boa xogada dos visitantes remataba co gol de Pitis e aí o Coristanco tratou de estirar e Magovi e Abelenda voltaron a probar, sen éxito, a Jesús.

Máis información

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Máis novas

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios