Sábado. 11.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Empate na lama

3ª Autonómica: Empate na lama
O estado do céspede do Rodeiro no permitiu moito xogo- Foto- Blog SD Camelle

Parou o Camelle ao Porteño, que aínda así segue sen coñecer a derrota. O empate no derbi camariñan deixa aos da Ponte líderes con 3 puntos sobre o Independiente e 6 sobre o Camelle. O IDC sufríu para sacar os 3 puntos ante un Coristanco en plena marexada

E non aproveitaron Lira e Soneira B o descanso do Cerqueda, e se manteñen por debaixo tralo seu empate. Se ben ó Lira hai restarlle nas nosas táboas 2 puntos pola sanción imposta tras non rematar o partido na Ponte do Porto. Quedan os lirachos empatados cun Ameixenda, que caía ante o Baíñas, que se coloca no gurp ode equipos que se se poñen fortes se poden colar, entre os que atopamos ao Nantón, Muxía, Laxe e ata Xaviña.

Camelle - Porteño (0-0)

  • CAMELLE: Carlos de Dido, Coruña (Sergio, min.45), Iván, Valiña, Matías, Varu, Mario, Miguel (Adrián Tajes, min.83), Tedín (Jose., min. 0), Javi Rañal e Barreiro.
  • PORTEÑO: Pablo, Cousillas, Pejo, Sestayo, Iago, Isma, Asier, Búa (Yuyo, min. 45), Mario Toja, Brais (Nené, min.65), David Toja (Bieito, min.75).
Gran ambiente no Rodeiro para o derbi camarinan-Foto-blog SD Camelle

Parou o Camelle no derbi camariñán a impecable temporada do Porteño, que acadou o seu segundo empate e aínda segue sen coñecer a derrota. Pero o protagonista foi o céspede do Rodeiro, impracticable ao longo do inverno, que só permitiu que os equipos loitasen coma se dun campo de batalla se tratase. Iso si, gran ambiente no campo camellán e unha relación fantástica entre afeccións.

Era un partido de empate, sen dominador e sen chegadas claras. Era o Porteño o que intentaba baixar pero en fronte o Camelle, moi sólido, non permitía dar dous pases seguidos. Á media hora chegaba a ocasión máis clara do partido, un penalti por unhas inexistentes mans na área local, pero os da ponte non acertaron.
Na segunda os locais buscaron máis a portería local, pero a solidez defensiva segue a ser un dos grandes baluartes deste Porteño de Gerpe. Barreiro e Jose avisaron a Pablo antes de que o colexiado anulase un gol a Mario por suposto empurrón, ante as protestas da bancada local.

Camelle-Porteño-Foto- SD Camelle

Baíñas - Ameixenda (1-0)

  • BAÍÑAS: Damián, Simón, Serxiño, Luís, Hector, Dani (Samuel, min.46), Iván, Styven, Cristia, Fernando (Suso, min.60), Tasky.
  • AMEIXENDA: Sergio, Grille (Mito), Mateo, Alejandro, Javier, Álvaro, Jorge (Alberto), Javier (Diego Trillo), Diego, Borja, Javichu.
  • Gol: 1-0, min.65: Luís de penalti.

Levou este igualado partido o Baíñas pola mínima, pero puido levalo calquera. A primeira metade trascorreu sen apenas ocasións, moi disputado cun Ameixenda, que non puido contar co porteiro Oscar Riolo lesionado, controlando lixeiramente, e con algunha ocasión para Javi e Riolo, e un par de tiros de Borja.
Na segunda, máis do mesmo, cun Baíñas algo máis afiado nas contras, pero moi sólido atrás. Un par de Tasky de cabeza e unha de rebotes para marcar, tiveron os locais antes de que Luís transformase unha pena máxima. No treito final o Ameixenda volcouse con balóns arriba pero o porteiro local estivo moi seguro.

Lira - Soneira B (2-2)

  • LIRA: Garrido, Xabi, Isma, Fran de Muros, Fastu, Miguel da Caracha, Suso Patachín, Suso Perico, Michelón, Oliver, Fran Perico. Tamén xogaron: Saúl, Abel, Mauro, Juan Andrés, Manolo.
  • SONEIRA B: Martín, Chans, Chuchi, Alberto, Curra, Quilmes, Canosa, Richi, Félix (Borja), Chino (Pichón), Wii.
  • Goles: 0-1, min.40: Wii tras varios rexeites; 1-1, min.47: Fran Perico; 1-2, min.60: Wii tras varios rexeites; 2-2, min.75: Oliver.
Un Lira CF ao completo

Empate entre dous dos aspirantes a meterse entre os 6 primeiros, e iso que o Lira ten que descontar 2 puntos pola sanción imposta. Así e todo vai recorrer eses puntos a directa liracha. Un cadro carnotán que saltou ao campo cunha mostra de solidariedade coa familia do neno da Coruña falecido hai varios anos na piscina dunha gardería, ao que esta semana lle sae o xuízo, e unha familiar de Fran Chancho, amiga da familia afectada, quixo facer que o equipo lle amosase o seu apoio. Ademais, na foto de familia, vemos como medio equipo está de baixa, e que o Lira está moi vivo a pesar das baixas.

Xa no partido, se cadra o Soneira B dominando máis o balon ata que o Lira se viu por debaixo e apretou e ao final cun par de balóns longos puido darlle a volta ao marcador.
Pero o Lira tamén tivo bocas ocasións ao longo do partido, con tres balóns ao pao da man de Oliver (que estivo moi activo e marou outras dúas ademais de asinar o gol do empate), e outra do Perico.

O Soneira B controlaba o esférico, pero non remataba. E cando o partido se puxo máis bronco a falta de veteranía notouse no Soneira e o Lira aproveitou para empatar. Os locais pediron que un dos goles visitantes foi en fóra de xogo, e pediron un penalti que o colexiado non sinalou.

Fisterra B - Laxe (2-6)

  • FISTERRA B: Didier, Juan, Jorge, Juanteje, Pana, Santi, Estrella, Bruno, Manute, Iago, Insua. Tamén xogaron Noé, Adrián.
  • LAXE: Illote, Jacinto, Porteiro, Naya, Pailos, Gora, Borja, Felipe (Roi, min.75), Saleta (Vilanova, min.76), Martín Carrabete (Rellán, min.78), Iván Ventura (Mandi, min.65).
  • Goles: 0-1, min.18: Felipe cun centro chut que toca nun defensa; 0-2, min.25: Martín Carrabete picalla ao porteiro tras unha combinación con Felipe; 0-3, min.30: Martín Carrabete: 0-4, min.35: Felipe; 1-4, min.43: Bruno tras un falta lateral; 2-4, min.65: Juanjete de falta indirecta dede 50 metros tras tocar o porteiro laxense; 2-5, min.70: Martín Carrabete a centro de Gora; 2-6, min.80: Felipe.
  • Expulsión: o fisterrán Pana.

Con solvencia, 20 minutos inspirados antes do descanso, e cunha boa seriedade, os de Lilo sumaron unha cómoda vitoria por fin. E tirando dos xuvenís Martin Carrabete (hattrick) e Manuel Saleta, que xunto ao veteranos Felipe, un pesadelo por banda para o Fisterra, foron os mellores do encontro.

Xa comezaba fallando un penalti o Laxe ao cuarto de hora por medio de Gora, pero Felipe xa marcou de contado nun centrochut. O Fisterra estaba desaparecido e nos últimos 20 minutos da primeira o Laxe sentenciou con 3 goles. Bruno recurtaba antes do descanso, pero Didier se lesionaba e Insua se tiña que colocar baixo baos. Así e todo, saíu a SD achuchando na segunda, e recurtaron nunha xogada curiosa. Cando o partido estaba que se podía igualar, reaccionou o Laxe, cunha boa xogada por banda de Gora para marcar o 5º, por medio de Martín Carrabete, e sentenciar.

Muxía - Alcaián (1-1)

  • MUXÍA: Angel Luís, Currás (Javi, min.70), Martín, Pataca, Santi, Julián, Adrián, Juan (Ruso, min.80), Adrián Negro (Pardelo, min.65), David, Castreje (Cabejo, min.46).
  • ALCAIÁN: Fernando, Facal, Rubén, Marcos, Dani, Daviciño, Framil, David, Marqués, Iván.
  • Goles: 0-1, min.10: Iván Souto; 1-1, min.45: Pataca.
  • Expulsión: o visitante Facal no min.50.
  • Empezou o Alcaián dominando ante un Muxía que saía algo relaxado tras levar 2 vitorias seguidas. E fixo un mal partido o Muxía, que aínda así sumou un punto ante un Alcaián, que defendeu moi serio e puido levar o partido mesmo con 10.

    A segunda metade foi de dominio vermello sen un claro dominio, ante un Alcaián que quedaba con 10 aos 5 minutos. Así e todo o Alcaián puido levar o partido, que tamén puido caer do bado local cun par de xogadas claras de Pardelo, que non estivo fino e as mandou por riba do longueiro.

    Corcoesto - Xaviña (2-3)

    • CORCOESTO: Anxo, Ángel, Longo, Sergio, Pablo (MIguel), Edelmiro, Uru (Xabi, min75)), Pablo, Couto (Josiño, min.60), Javi (Rodri, min.60), Luis (Martín, min.55).
    • XAVIÑA: Juan, Chiriví, Juan Antonio (David, min.46), Esteban, Gallego (Felipe, min.30), Martelo, Gatusso, Rodrigo, Pekenao (Dani, min.25), Caamaño, Frutos (Elvis, min.80).
    • Goles: 1-0, min.10: Edelmiro; 2-0, min.15: Uruguayo dende a frontal pola escuadra; 1-2, min.30: Martelo; 2-2, min.40: Chiriví; 2-3, min.70: Esteban ao rexeite dunha falta de Gatusso ao longueiro.

    Saíron durmindo os camariñáns e os locais se atoparon con 2 tantos, cun partido demasiado fácil. E aínda puideron ampliar a renda por medio de Uruguayo e Javi. Pero non sentenciou, baixou a intensidade o Corcoesto e deile vida aos camariñáns, que con varios cambios, reaccionaron e conseguiron anular a renda antes do descanso.

    Era un partido de brega, co campo enlamado, onde as xogadas a balón parado eran as mellores ocasións de gol. E así foi como o Xaviña deu a volta ar marcador. Foi Esteban o que remachou unha falta de Gatusso que pegaba no pao para darlle o gol da vitoria aos visitantes. Puido empatar o Corcoesto contra o final pero Juan sacoulle unha gran man a Josiño.

    Indep. Carballo - Coristanco (3-2)

    O Independiente celebrando un tanto ante o Coristanco-Foto-Bryan Lsta
    • IDC: Iván, Belar, Seo, Castro (Dani Rosalía, min.60), Joni (Toni Lb, min.65), Carlos, Míchel, Mario, Ivi (Brais, min.80), Benítez, Juni (Fran Rives, min.55) (Adrián, min.75)
    • CORISTANCO: Che, Jonathan, Rubén, Navarro, Cristian, Iván, Damián, Torreira, Marcos, Gonzalo, Magovi (Alexis, min.60).
    • Goles: 1-0, min.15: Castro; 1-1, min.25: Iván de penalti; 2-1, min.40: Benítez; 3-1, min.75: Benítez; 3-2, min.80: Gonzalo.
    • Expulsión: o local Mario (min.60)
    • Lesión: o local Fran Rives.

    Saíu relaxado o IDC ante un Coristanco en plena marexada cheo de xuvenís que asi e todo comezaba marcando por medio de Castro. Pero un penalti por unhas mans de Ivi daba vida aos visitantes, que se viñan arriba. Benítez, antes do descaso metía de novo aos de Da Silva, ex dos coristanqueses por diante, e Juni tiña a sentenza con 4 mans a mans que non foi quen de acertar.

    Si marcou Benítez de novo para ampliar a renda asinando o segundo tanto tamén ante os seus ex compañeiros. Pero o IDC xa estaba con 10 e permitiu que o Coristanco revivise. Recurtaron os de Rochi e a piques estiveron de sacar un empate en varios balóns colgados contra o final, e varias xogadas.

    Iso si, a arbitraxe que non gustou a ninguén, e os visitantes protestaron un penalti e que os dous goles locais foron en fóra de xogo.

    Castrelo - Nantón (0-1)

    • CASTRELO: Roberto, Gus, Mario, Felipe, Dieguiño, Estebo, David, Litos, Manolo (Edreira, min.46), Kevin (Germán, min.55), Ismael.
    • NANTÓN: Ernesto, Dani (Eloy, min.60), Carlos Santos, Diego, Lareo, Víctor Amado (Rubén Rama, min.65), Fabio, Carlos Vidal, Martín, Cachi (Dani, min.75), Luís.
    • Goles: 0-1, min.30: Fabio.

    Partido moi frouxo, sen dominador claro no que o Nantón, sen facer un xogo demasiado bo, sacou tres puntos importantes ante o pechancelas.Un Castrelo que prantou cara e que na segunda tivo ocasións de sobra para acadar o empate, pero non conseguiron anular o gol de Fabio.

    Segue mellorando o Castrelo a súa imaxe, pero precisa seguir recuperando efectivos como Pablo de Quintáns, Luís, César ou Sergio Vilaseco, que debutaba hai 3 partidos pero que se lesionaba, e que pode voltar para a vindeira xornada, cunha complicada saída ao líder.

    Máis información

    Máis novas

    Crónicas da semana

    Artigos deportivos

    Fonte

Comentarios