Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Comezaba a xornada a golpe de empate

Comezaba a xornada a golpe de empate

Xa temos en marcha a Axenda Deportiva completa para a ponte. E xa comezaba onte con varios focos de atención, como o Ponteceso-Malpica aprazado da xornada 11 na 1ª, ou varios partidos das Ligas Xuvenís, ademais das xornadas completas das Ligas Galegas.

Ponteceso - Malpica (1-1)

Ponteceso e Malpica no Pinguel-Foto- Wash Calvo
  • PONTECESO: Norberto; Javi, Dani Pallas, Jorge (Rubén, min.60), Alberto, Tucho, Recarey, Bieito (Bolón, min.67), Nando, Brais (Canay, min.80), Toniño (Borja, min.58).
  • MALPICA: Suso; Charly, David Castro (Martín Uruguaio, min.74), Víctor, Juan Rabuñal, Andrés (Alemán, min.79), Neucha, Cheo, (Juny, min.84), Ismael (David Blanco, min.62), Rancaño, Adrián.
  • Goles: 1-0, min.5: Brais tras unha mala saída de Suso; 1-1, min.40: Adrián dende o borde da área.
Ponteceso-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Bonito partido no Pinguel cunha boa entrada, máis de 200 afeccionados. E puido ser un partido de moitos goles, pois ocasións houbo, e moitas, por ambos bandos. Así e todo o xogo non foi demasiado intenso nin preciosista, sobre todo no primeiro tempo e as ocasións chegaban máis con balóns directos que outra cousa.

O partido comezaba co gol de Brais que aproveitaba unha mala saída de Suso que se vía sorpredendido polo bote do balón no mollado céspede do Pingue. Tardaba en chegar a seguinte xogada de perigo ata o ecuador da primeira, cando Adrián manda por riba da meta de Norberto. Neucha marra un centro de Cheo e Brais avisaba a un seguro Suso. Toniño pedía un penalti por un derrubo de Neucha pero o colexiado non viu nada punible. Bieito probaba de novo a Suso nunha contra pero era Adrián dende o borde, tras un rexeite nin córner, quen asinaba o empate.
Antes do descanso, Alberto Recarey marcaba de cabeza nunha falta pero o colexiado invalidaba a acción por fóra de xogo.

Mellorou algo o xogo na segunda, pero os dianteiros non estiveron acertados. As ocasións sucedíanse de área en área. Neucha mandaba ao lateral da rede e Brais non chega a un centro de Dani Pallas. De novo Neucha non pode con Norberto e é Suso o que desbarata varios tiros cercanos de Brais. Neucha pedia penalti a falta de 10 minutos e Suso tiña que estirarse para evitar o gol.

En Xuvenís

Fisterra-Outes-xuv-Foto-Fran-Insua

Había un par de choques onte nas Ligas Xuvenís, como a visita do Outes a Ara Solis, ante un Fisterra que segue sen dar o do de peito. Non foi un partido de gran intensidade e o Outes puido roubar un punto que faría moito dano nos verdes. O Fisterra queda hoxe líder, á espera do que aconteza mañá, co partido do Xallas en Mazaricos, e Dumbría-Cee, partidazo.

Polo Norte, había dous partidos, cun clave. Parece que o Baio se descolga defintivamente dos 3 postos de arriba tras caer con rotuntidade ante o Cabana. Non foi o mellor partido dos de Emilio que estiveron a mercé dos cabaneses en todo momento e acabaron gañando por 1-4. Agora, os baieses quedan a 2 puntos do Malpica, 3º, pero cun partido máis. Mentres o Cabana intentará loitar pola primeira praza cun intratable Ponteceso.

Baio-Cabana xuv - Foto- Alejandro Mel

Ademais, o Camariñas sacou unha vitoria de San Andrés por 2-3 e se coloca 7º.

Ligas Galegas

E bos resultados para os nosos nas Liga Galegas. En cadetes, o Dumbría vencía con total comodidade ao Calasanz, e se mantén 2º a só 2 puntos do Santiago de Compostela, empatado, iso si, con todo un Deportivo B. Ademais, o Bergantiños, que tamén conseguía os 3 puntos ante o Sp. Coruñés, sobe ata a 6ª praza, con 19 puntos, aínda lonxe do trío de cabeza.

En infantís, é o Bergantiños, tras gañar ao Santiago pola mínima, o que segue metido no grupo de arriba, 3º, a só 2 puntos, do líder, o Deportivo, a 1 do Boiro. Mentres o Dumbría, tamén sumaba 3 importantes puntos ante o Ural e pega un estirón ata a 12ª praza, lonxe dos potos de perigo.


Máis información

Artigos deportivos

Máis novas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios