Sábado. 11.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Fisterra gaña por fin con comodidade

1ª Autonómica: O Fisterra gaña por fin con comodidade

Segue tremendamente igualada esta 1ª Autonómica, e en apenas 10 puntos e se agolpan unha ducia de equipos. De feito, en 3 xornadas o Fisterra pasou de estar de 15º a unha cómoda 10ª praza. Foi o único que sumou os 3 puntos o cadro fisterrán, e o fixo por fin, con tranquilidade.

Mentres, o Malpica cae á 6ª praza tras perder en Lamela. O Camariñas acadaba un valioso empate ante o que chegaba de líder, o Estudiantil, ao que lle prantou cara en todo momento demostrando a igualdade da Liga. Pola súa banda, o Ponteceso queda ao fío do descenso tras perder un choque incomprensible ante o potente Arzúa.

Fisterra - Cacheiras (4-0)

  • FISTERRA: Joselu, Piti, Sergio Manín (Robertín, min.58), Manuel, Munitis, Roco, Guardiola (Eddy, min.65), Bebeto, Cote (Hidalgo, min.55), Hugo (Insua, min.60) e Aitor.
  • Goles: 1-0, min.15: Cote anota un golazo de vaselina dende fora da área; 2-0, min.30: Aitor de córner directo; 3-0, min.44: Hugo; 4-0, min.60: Aitor de penalti.

Por fin un partido tranquilo en Ara Solis, que se resolveu cun claro 3-0 na primeira metade na que entraron os balóns que non entran outras semanas. Na segunda xa co penalti que daba lugar ao 4-0, acababa co partido e abos equipos se deixaron levar a última media hora.

Lamela - Malpica (2-1)

David Baña atento no Lamela-Malpica-Foto- Wash Calvo
  • MALPICA: Suso; Charly, (Martín Uruguaio, 70), David Castro, Víctor, Mario Casal, Andrés, (Charro, 46), Neucha, (Juny, 79), Cheo, David Blanco, Alemán, Rancaño, (Ismael, 76).
  • Goles: 1-0, min.35; 1-1, min.70: Neucha de penalti sobre David Blanco; 2-1, min.85.
  • Expulsión: malpicán Mario Casal, (min.72).

Partidazo en Lamela , de poder a poder, con dous equipos que intentaron dominar o balón. Adiantouse o Lamela á media hora e Cheo tivo o empate ao fío do descanso pero o porteiro local fixo un paradón.

Na segunda, o Malpica empurraba e o empate chegaba de penalti tras unhaboa incursión por banda de David Blanco. Pero cando mellor estaba o Malpica chegaba a expulsión de Mario Casal, que deixaba en inferioridade ao cadro de Baña, e permitiu que os locais se viñeran arriba. Ata que fañtando só 5 minutos para o final, un balón bombeado acababa no inxusto gol da vitoria local.

Lamela-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Camariñas - Ag. Estudiantil (1-1)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Rodri, Sergio, Carlos, Paco, De la Sierra, Saviola (Julio, min.60), Brais Triñáns, Martín (Roi, min.80), Alex.
  • Goles: 1-0, min.44: Martín; 1-1, min.57.
  • Lesión: Saviola cun golpe na faciana.

Valioso empate dos de Pepucho ante un dos de arriba. A primeira parte foi igualada, cun control do balón dos visitantes, pero á contra o Camariñas dispuxo de 4 boas ocasións, 3 de Brais e unha de Alex. Pediron os locais ademais 2 penaltis claros sobre ambos xogadores, os máis activos dos locais.

Adiantou Martín ao fío do descanso aos camariñáns, pero a segunda metade o Estudiantil apretou ata acadar o empate. Na última xogada do partido, unha contra de Roi puido deixar os puntos na casa.

Xa pensa Pepucho na semana que vén, que terás as baixas de De la Sierra e Paco por acumulación, pero recupera a Moriño e oBello.

Ponteceso - Arzúa (1-3)

  • PONTECESO: Norberto, Javi Peón, Alberto, Jorge (Jorge, min.80), Dani Pallas, Alberto Recarey, Tucho, Nando (Iago, min66), Bieito, Bolón (Canai, min.58), Brais (Rubén, min.58).
  • Goles: 1-0, min.15: Dani Pallas tras un pase en profundidade de Alberto con axuda dun defensa; 1-1, min.60: ; 1-2, min.75; 1-3, min.80.

Derrota dun Ponteceso que tivo dúas partes completamentes distintas. Os de Nacho fixeron unha primeira parte boa, pero segunda parte moi mala dos de Nacho. O Ponteceso saía dominante e o Arzúa non chegou a meta de Pombo. Dani Pallas aproveitaba un pase entre liñas de Alberto para poñer por diante aos locais, que aguantaron dominando toda a primeira metade.

Pero parecía outro equipo na segunda, tras ir aos vestiarios con 1-0. Pouco a pouco foise metendo atrás e o Arzúa facéndose co partido. Así dende o minu6o 60 ese dominio materializouse e cada chegada remataba en gol ante a pasividade defensiva local.

Co 1-2, o Ponteceso tivo algunha xogada pero sen ocasións claras pois os últimos pases morrían no intento. A falta de 10 minuto, sentenciaban os de Arzúa.

Máis información

Artigos deportivos

Máis novas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios