Resultados da última e intensa fin de semana completa de #futboldacosta
Tremendamente intensa a fin de semana de #futboldacosta, a última completa. I é que hoxe remataban as 1ª, 2ª, 3ª, a Liga Xuvenil emais as de cadetes e infantís. Se ben a Copa da Costa toma o relevo, a tensión aínda seguirá con nós varias semanas co final da Preferente e con todos os ascensos por decidir. 
Cómpre destacar como afecta a avalancha de partidos, e as goleadas espectaculares dan conta. 
E trala intensa xornada copeira e xuvenil (hoxe traeremos as crónicas desa ida dos Oitavos e o martes as crónicas completas da agónica última xornada xuvenil e das semis de Copa), facemos repaso á xornada deste domingo 13 de maio de 2012.
E comezamos pola Preferente, chea de tensión pois os Soneira e Xallas seguen inmersos na loita por manter a categoría. Pero esta semana, se ben o Xallas non podía co potente Boiro, houbo boas novas para os nosos. O Soneira gañaba en Viveiro e daba un salto enorme. Ademais o Santa Comba facía un favor a ambos vencendo ao Mugardos, e o Bergan e Coruxo salvaron a categoría polo que os nosos respiran un pouco máis.
 Así e todo, o Xallas ocupa agora a 5ª praza por abaixo, que pode ser pasto do descenso, e dependerá da promoción de ascenso de 3ª. De tódolos xeitos, o Xallas terá que intentar superar ao Santiago nas dúas últimas xornadas, pois só un punto os separan. Iso si, o Santiago, que hoxe colleitaba unha sorprendente, pero esperada, vitoria ante os seus veciños de Grixoa por 0-3, xoga a semana que vén co Compostela, e cómpre lembrar que o ano que vén van unificar categorías inferiores.
Acabou a tempada na 1ª sen máis interese, e os Cee e Ponteceso xa se poden centrar na Copa.
Pendentes dos ascensos na Liga da Costa
Rematou a tempada para moitos da Liga da Costa, pero a incertidume segue aberta por arriba. Club do Mar, Camariñas e Corme copan os 3 postos de ascenso directo. O Club do Mar non ten dúbidas, e o Camariñas está asinando a renovación de Pepucho e de boa parte do plantel para unha temporada que vén en 1ª.
O que non o ten nada claro é o Corme, que hoxe non celebraba o ascenso no campo de San Pedro. I é que o cadro cormelán non ve con bos ollos o ascenso a unha liga santiaguesa, e prefire quedar na súa Liga, a Liga da Costa. Outra cousa sería se o ascenso fóra á zona da Coruña, onde a marea azul non o dubidaría.
Deste xeito, posiblemente e a falta da confirmación do rexeitamento do Corme, será o Fisterra o que ascenda directamente. Ademais, é máis que posible que a seguinte praza sexa de promoción, e sería o Malpica o que tería que xogar contra Lamela e Brión, (4º das outras 2ª da zona santiaguesa) os que por unha praza máis na 1ª.
En 3ª tamén se decidían 2 prazas de promoción, e finalmente serán Volantes e Montelouro, os que mellor o tiñan, os que xogarán polo ascenso con Cabana e Cerqueda.
E xa falamos onte dos xuvenís, e o faremos por completo o martes. Pero cómpre fecilitar ao Baio e ao Malpica, pola clasificación á Fase de Ascenso á Liga Galega, e ao Cabana e ao Zas na final da Copa. 
E felicitamos tamén a Cee, Dumbría B, Mazaricos e Ponteceso pola súa gran campaña.
Preferente, xornada 36
| S.D. Compostela | 6-4 | Dumbría | 
| Boiro | 3-1 | Xallas | 
| Viveiro | 1-2 | Soneira | 
| Santa Comba | 3-1 | Gal. Mugardos | 
1ª Autonómica, xornada 34
| Ponteceso | 2-2 | Estudiantil | 
| Imperator | 1-1 | Cee | 
2ª Autonómica, xornada 34
| Zas | 5-5 | Dumbría B | 
| San Lorenzo | 1-2 | Fisterra | 
| Mazaricos | 4-5 | Malpica | 
| Nantón | 0-1 | Club do Mar | 
| Castriz | 1-3 | Corme | 
| Corcubión | 2-5 | Sofán | 
| O Pindo | 2-8 | Camariñas | 
| Esteiran | 6-1 | Muros | 
| Buño | 1-2 | Baio | 
3ª Autonómica, xornada 38
| Indep. Carballo | 4-3 | Camelle | 
| Soneira B | 4-2 | Fisterra B | 
| Cerqueda | 1-2 | Carnota | 
| Alcaián | 2-1 | Lira | 
| Porteño | 3-1 | Laxe | 
| Outes | 6-0 | Xaviña | 
| Montelouro | 3-0 | Muxía | 
| Volantes | 4-2 | Atl. Pereiriña | 
| Corcoesto | 1-6 | Cabana | 
Copa da Costa, ida dos Oitavos
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 14
| Camariñas | 2-3 | Soneira | 
| Cee | 2-3 | Baio | 
| Corcubión | 3-2 | Santa Comba | 
| Malpica | 2-3 | Dumbría B | 
Copa da Costa Xuvenil, ida das Semis
2ª Cadete, xornada 34
| Zas | - | Malpica | 
| Camariñas | 6-1 | Muxía | 
| Outes | - | Ponteceso | 
| Cee | - | Fisterra | 
| Muros | 0-3 | Esteirana | 
| Cabana | - | Coristanco | 
| Soneira | 1-4 | Dumbría | 
| Santa Comba | - | Porteño | 
2ª Infantil, xornada 34
| Santa Comba | - | Ponteceso | 
| Coristanco | - | Cee | 
| As Baleas | 0-8 | Con. de Carnota | 
| Baio | - | Fisterra | 
| E.D. Os Miudos | - | E.M.F. Vimianzo | 
| Muxía | - | Cabana | 
| Dumbría | 8-0 | Esteirana | 
Copa da Costa de Veteranos, volta dos Dezaseisavos
Máis información
Máis novas
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
 - Un Mar de Paixón: Un gol en Santa Comba.
 - Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
 - Alberto Pose: Alberto Pose: Dous ascensos decididos e moito por decidir e reflexionar.
 - Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
 - Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
 - A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
 
Crónicas da semana
- Resultados da xornada copeira e xuvenil.
 - O Comité considera incomparecencia do Pindo en Baio no parte de sancións.
 - Fases Xuvenís: Todos pendentes da finalísima entre Cee e Baio.
 - 3ª Autonómica: Carnota campión, Cerqueda na Fase e Coristanco fóra da loita.
 - 2ª Autonómica: O Nantón vese en 3ª cunha Costa rebentada.
 - Preferente: A piques de respirar tranquilos.
 - 1ª Autonómica: Deixándose levar.
 - Copa da Costa: Desgaste e pouca ilusión.
 - Resultados e crónica da xornada nas Ligas do #futboldacosta.
 - Repaso á completa xornada sabatina no #futboldacosta.
 
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
 - www.marcadorgalego.com.