Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: A piques de respirar tranquilos

Preferente: A piques de respirar tranquilos
Aínda quedan 3 xornadas e os nosos case poden respirar tranquilos. A vitoria abultada do Soneira ante o pechacancelas deixa aos de Miguel por riba do Xallas, que non puido co poderoso Compostela malia facer un gran partido. Ambos miran con recelo a 5ª posición por abaixo, que aínda pode ser pasto dos arrastres, e que ocupa o Santiago. Un cadro santiagués que non pasaba do empate ante o Dumbría na xornada do venres, e co que os dumbrieses facían un pequeno favor aos veciños. O Dumbría parece ademais un firme candidato á Copa. Ademais, na zona alta, o Santa Comba non puido superar ao Grixoa nun choque por optar a unha 4ª praza sen premio.

Soneira - Foz (8-0)

  • SONEIRA: Fran, Ferreiro (Pichi, min.63), Pablo, Martín, Vecino, Andrés (Mayor, min.55), Santi, Míchel (Javi, min.52), Brais (Iago, min.63), Vía e Quique.
  • Goles: 1-0, min.8: Brais; 2-0, min.40: Vía, de penalti; 3-0, min.61: Quique; 4-0, min.62: Javi; 5-0, min.75: Quique, de falta; 6-0, min.80: Javi; 7-0, min.70: Vía; 8-0, min.82: Pichi.
  • Expulsión: O porteiro visitante (min.39) con cartón vermello directo.
Partido cómodo para o Soneira. O Foz cun plantel moi xoven deu moitas facilidades e a goleada poido ser moito maior. Destacar o bo facer de Brais pola banda esquerda creando moitas ocasións de gol que os seus compañeiros non souberon rematar. Trala expulsión do porteiro e cun home menos, o equipo de Lugo foi unha marioneta nas mans do Soneira que suma tres puntos vitais para afrontar a reta final de liga fronte o Viveiro, o Santa Comba e o Grixoa.

Santiago - Dumbría (1-1)

  • DUMBRÍA: Juan Purrúa, Tantan, Ismael (Iván Pequeño, min.72), Suso, Aaron Fernandez, Aaron Lopez, Luisete (Riki, min.67), Yago, Leo (Cacho, min.55), Luisito (Schuster, min.59) e Eloy.
  • Goles: 0-1, min.74: Cacho; 1-1, min.85: Brais.
  • Expulsión: visitante Juan (min.90).
Partido a golpe de venres noite en San Lázaro cun empate que serve máis ao Xallas e Soneira que a uns dumbrieses sen nada en xogo. A primeira metade foi moi igualada pero sen apenas ocasións, mentres que na segunda Cacho rompeu a igualada, e cando o premio dos 3 puntos estaba preto o Santiago conseguúa empatar de falta directa.

Xallas - Compostela (1-3)

  • XALLAS: Cheli, Isma, Iván Forjçan (Luís Castro, min.54), Becerra, Rubio, Ricardo (Alemán, min.63), Rubén, Brais, Luís, Toni (Sebas, min.42) e Alexandre (Oscar, min.78).
  • Goles: 0-1, min.34; 1-1, min.55: Rubén Forján; 1-2, min.85; 1-3, min.90.
  • Lesión: o xalleiro Toni cunha nova lesión muscular.
Un dos mellores partidos do Xallas da tempada e ante todo un líder, xa ascendido. Os primeiros 35 minutos trascorreron co Xallas ben metidos atrás e o Compos tocando, pero sen sentido, sen profundidade. Aproveitaron os de Iván Cancela para crear perigo cun par de contras pero Brais e Alexandre non estiveron finos. Pero faltando 10 minutos para o descanso un par de internadas visitantes fixeron moito dano a unha zaga que se descompuxo por momentos, que mesmo cometeu un penalti que marraron os santiagueses. Ademais, a enésima lesión de Toni puxo en dificultades aos xalleiros. Na na segunda levou o cadro de Iván Cancela o peso do partido, facendo correr detrás do balón a toda unha SD. E tiraron boas contras os verdes. Recurtou Rubén Forján e durante moitos minutos parecía que estaba máis preto o gol local que o visitante, pero a eficacia do líder foi letal e nos últimos 5 minutos puxeron 2 tantos que demostran por que son equipo de 3ª.º/pª

Grixoa - Santa Comba (0-0)

  • SANTA COMBA: Pablo, Óscar, Roberto, Angelo, Gonzalo (Agustín, min.80), Jota (Orlando, min.50), Doro, Toni, Noli (Chinda, min.66), Julián e Darío (Mon, min.50).
Partido igualado, moi disputado no que xalleiros e santiagueses se xogaban unha 4ª praza que tampouco dará opcións de ascenso. Bo partido dos laranxas, mellor que co Malpica na Copa. A mellor ocasión dos de Gelucho foi un gol pantasma de Julián tras unha saída en falso do porteiro que o liña aseguraba ver dentro ao final do partido, "pero non con total certeza", segundo comentaba aos directivos xalleiros. Jota mandou demasiado brando noutra das mellores ocasións do Santa Comba.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios