Resultados da última e intensa fin de semana completa de #futboldacosta
Tremendamente intensa a fin de semana de #futboldacosta, a última completa. I é que hoxe remataban as 1ª, 2ª, 3ª, a Liga Xuvenil emais as de cadetes e infantís. Se ben a Copa da Costa toma o relevo, a tensión aínda seguirá con nós varias semanas co final da Preferente e con todos os ascensos por decidir.
Cómpre destacar como afecta a avalancha de partidos, e as goleadas espectaculares dan conta.
E trala intensa xornada copeira e xuvenil (hoxe traeremos as crónicas desa ida dos Oitavos e o martes as crónicas completas da agónica última xornada xuvenil e das semis de Copa), facemos repaso á xornada deste domingo 13 de maio de 2012.
E comezamos pola Preferente, chea de tensión pois os Soneira e Xallas seguen inmersos na loita por manter a categoría. Pero esta semana, se ben o Xallas non podía co potente Boiro, houbo boas novas para os nosos. O Soneira gañaba en Viveiro e daba un salto enorme. Ademais o Santa Comba facía un favor a ambos vencendo ao Mugardos, e o Bergan e Coruxo salvaron a categoría polo que os nosos respiran un pouco máis.
Así e todo, o Xallas ocupa agora a 5ª praza por abaixo, que pode ser pasto do descenso, e dependerá da promoción de ascenso de 3ª. De tódolos xeitos, o Xallas terá que intentar superar ao Santiago nas dúas últimas xornadas, pois só un punto os separan. Iso si, o Santiago, que hoxe colleitaba unha sorprendente, pero esperada, vitoria ante os seus veciños de Grixoa por 0-3, xoga a semana que vén co Compostela, e cómpre lembrar que o ano que vén van unificar categorías inferiores.
Acabou a tempada na 1ª sen máis interese, e os Cee e Ponteceso xa se poden centrar na Copa.
Pendentes dos ascensos na Liga da Costa
Rematou a tempada para moitos da Liga da Costa, pero a incertidume segue aberta por arriba. Club do Mar, Camariñas e Corme copan os 3 postos de ascenso directo. O Club do Mar non ten dúbidas, e o Camariñas está asinando a renovación de Pepucho e de boa parte do plantel para unha temporada que vén en 1ª.
O que non o ten nada claro é o Corme, que hoxe non celebraba o ascenso no campo de San Pedro. I é que o cadro cormelán non ve con bos ollos o ascenso a unha liga santiaguesa, e prefire quedar na súa Liga, a Liga da Costa. Outra cousa sería se o ascenso fóra á zona da Coruña, onde a marea azul non o dubidaría.
Deste xeito, posiblemente e a falta da confirmación do rexeitamento do Corme, será o Fisterra o que ascenda directamente. Ademais, é máis que posible que a seguinte praza sexa de promoción, e sería o Malpica o que tería que xogar contra Lamela e Brión, (4º das outras 2ª da zona santiaguesa) os que por unha praza máis na 1ª.
En 3ª tamén se decidían 2 prazas de promoción, e finalmente serán Volantes e Montelouro, os que mellor o tiñan, os que xogarán polo ascenso con Cabana e Cerqueda.
E xa falamos onte dos xuvenís, e o faremos por completo o martes. Pero cómpre fecilitar ao Baio e ao Malpica, pola clasificación á Fase de Ascenso á Liga Galega, e ao Cabana e ao Zas na final da Copa.
E felicitamos tamén a Cee, Dumbría B, Mazaricos e Ponteceso pola súa gran campaña.
Preferente, xornada 36
S.D. Compostela | 6-4 | Dumbría |
Boiro | 3-1 | Xallas |
Viveiro | 1-2 | Soneira |
Santa Comba | 3-1 | Gal. Mugardos |
1ª Autonómica, xornada 34
Ponteceso | 2-2 | Estudiantil |
Imperator | 1-1 | Cee |
2ª Autonómica, xornada 34
Zas | 5-5 | Dumbría B |
San Lorenzo | 1-2 | Fisterra |
Mazaricos | 4-5 | Malpica |
Nantón | 0-1 | Club do Mar |
Castriz | 1-3 | Corme |
Corcubión | 2-5 | Sofán |
O Pindo | 2-8 | Camariñas |
Esteiran | 6-1 | Muros |
Buño | 1-2 | Baio |
3ª Autonómica, xornada 38
Indep. Carballo | 4-3 | Camelle |
Soneira B | 4-2 | Fisterra B |
Cerqueda | 1-2 | Carnota |
Alcaián | 2-1 | Lira |
Porteño | 3-1 | Laxe |
Outes | 6-0 | Xaviña |
Montelouro | 3-0 | Muxía |
Volantes | 4-2 | Atl. Pereiriña |
Corcoesto | 1-6 | Cabana |
Copa da Costa, ida dos Oitavos
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 14
Camariñas | 2-3 | Soneira |
Cee | 2-3 | Baio |
Corcubión | 3-2 | Santa Comba |
Malpica | 2-3 | Dumbría B |
Copa da Costa Xuvenil, ida das Semis
2ª Cadete, xornada 34
Zas | - | Malpica |
Camariñas | 6-1 | Muxía |
Outes | - | Ponteceso |
Cee | - | Fisterra |
Muros | 0-3 | Esteirana |
Cabana | - | Coristanco |
Soneira | 1-4 | Dumbría |
Santa Comba | - | Porteño |
2ª Infantil, xornada 34
Santa Comba | - | Ponteceso |
Coristanco | - | Cee |
As Baleas | 0-8 | Con. de Carnota |
Baio | - | Fisterra |
E.D. Os Miudos | - | E.M.F. Vimianzo |
Muxía | - | Cabana |
Dumbría | 8-0 | Esteirana |
Copa da Costa de Veteranos, volta dos Dezaseisavos
Máis información
Máis novas
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Un Mar de Paixón: Un gol en Santa Comba.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
- Alberto Pose: Alberto Pose: Dous ascensos decididos e moito por decidir e reflexionar.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Crónicas da semana
- Resultados da xornada copeira e xuvenil.
- O Comité considera incomparecencia do Pindo en Baio no parte de sancións.
- Fases Xuvenís: Todos pendentes da finalísima entre Cee e Baio.
- 3ª Autonómica: Carnota campión, Cerqueda na Fase e Coristanco fóra da loita.
- 2ª Autonómica: O Nantón vese en 3ª cunha Costa rebentada.
- Preferente: A piques de respirar tranquilos.
- 1ª Autonómica: Deixándose levar.
- Copa da Costa: Desgaste e pouca ilusión.
- Resultados e crónica da xornada nas Ligas do #futboldacosta.
- Repaso á completa xornada sabatina no #futboldacosta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- www.marcadorgalego.com.