Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Comité considera incomparecencia do Pindo en Baio no parte de sancións

O Comité considera incomparecencia do Pindo en Baio no parte de sancións

Xa cos horarios actualizados das Ligas e das Copa da Costa, recibimos o parte de sancións desta última xornada para varias das categorías. E sen sobresaltos, máis aló de que o Comité considera incomparencia a do Pindo desta pasada fin de semana en Baio , a pesar de que xogaron 60 minutos ata que quedaron con 6 homes sobre o terrreo de xogo, e o marcador sinalaba 8-1) polo que deixa o resultado en 3-0 para o cadro baiés, anulando así os 7 goles de Javi Suárez, que o metía de cheo na loita polo pichichi.
Ademais, a Federación advirte ao cadro carnotán de que "incurrir en outra incomparecencia" (insistimos que xogaron máis de 60 minutos) "quedará excluído da competición".

Ademais, o Comité desestimou as alegacións pola expulsión de Juan Purrúa ao rematar ao encontro ao entender que si se encarou cun rival.

Parte de sancións

Estes son os sancionados para esta fin de semana. Xa saben que os expulsados por doble amonestación ou acumulación (nos que non indicamos nada) cumpren a sanción na mesma competición, e os que sinalamos como expulsados con carón vermello directo cumpren sanción no seguinte partido.

Preferente

  • JUAN PURRÚA (DUMBRÍA - vermello directo).
  • MICHEL ANTELO (SONEIRA - acumulación).

Apercibidos Pref.
- IVÁN PEQUEÑO (DUMBRÍA).
- ELOY CABEZA (DUMBRÍA).
- CACHO FIGUEIRAS (DUMBRÍA).


1ª Autonómica

Comentarios