Nova xornada de #futboldacosta esta fin de semana de 25 e 26 de febreiro de 2012. E moi interesante ademais, comezando pola Preferente, que se centraba nun novo derbi en Fontela que volveu deixar os 3 puntos para o cadro laranxa. Parece que os derbis están servindo para espertar ao Santa Comba e desta volta foi o Dumbría o que sufriu a derrota. Ademais o Xallas acadou un bo punto en Grixoa e o Soneira quedou cun respectuoso empate ante o Ribadeo nun choque directo e que sabe a pouco aos soneiráns.
Mala xornada, unha vez máis, para os nosos na 1ª. O Ponteceso non podía ante o líder, e o Cee volvía de baleiro de Noia.
Xa na Liga da Costa, moitas novidades. Fallaron os de arriba, e se o Fisterra superaba con claridade ao Camariñas o sábado en Ara Solis, hoxe o Club do Mar non era quen de superar a un descarado Corme, que arrincou 1 punto da Porta Santa e puido levar algo máis. Por detrás segue forte o Malpica que superaba a un Sofán que viña cunha liña moi positiva. Parece que o Baio se descolga tras caer en Esteiro e queda en zona morna cos esteiráns e o Muros.
Por abaixo houbo xornada intensa. Só o San Lorenzo sumaba os 3 puntos ante o Nantón nun choque directísimo, polo que queda agora na 13ª posición empatados co Corcubión, que con Nito no banco trala destitución de Manín, sumou o seu primeiro punto ante o Zas. O Mazaricos, con novo adestrador, José Antonio Alvite, trala dimisón de Persical empataba co Buño e o Castriz caía en Muros, polo que queda o Nantón no 2º posto de descenso con 21 puntos, Mazaricos con 22, Castriz con 23, Zas con 24 e San Lorenzo e Corcubión con 25. Salientable tamén a 2ª vitoria do ano do Pindo, remontando e todo, ante o Dumbría B.
Segue a loita encarnizada nos postos altos da 3ª. O líder, o Carnota non falla e mallaba no Muxía. A 1 punto segue o Outes, que gañaba comodamente en Alcaián. E a 3 está o Cabana, que sufría pero superaba ao Lira. 4º, e xa a 8 puntos do líder, está o Coristanco, que venceu en Fisterra e aproveitou o tropezo do Montelouro en Carballo. Así, o Volantes achégase a ese 5º posto tras vencer ao Soneira B quedando a 3 puntos, 3 por diante á súa vez do Cerqueda, que parece ser a fronteira dos equipos con opcións.
En xuvenís a cousa ponse verdadeiramente igualada. Na Liguiña Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega as vitorias de Cee e Baio sobre Dumbría B e Santa Comba e o empate do Malpica en Vimianzo, deixa un triple empate na cabeza entre dumbrieses, baieses e ceenses, con 9 puntos, só un máis que o Malpica. Parece que os 4 serán os que loiten polas 2 prazas que dan acceso á Fase de Ascenso.
Na Copa, Zas e Mazaricos seguen destacados nos seus grupos, e os que se descolgan son Esteirana e Dumbría A no Gr.1 e Muros no Gr.2.
Preferente, xornada 25
Soneira
0-0
Ribadeo
Grixoa
2-2
Xallas
Santa Comba
2-1
Dumbría
1ª Autonómica, xornada 24
Ponteceso
0-2
Sada
Noia
2-0
Cee
2ª Autonómica, xornada 24
Fisterra
4-1
Camariñas
Club do Mar
1-1
Corme
Esteirana
3-2
Baio
Dumbría B
2-3
O Pindo
Zas
2-2
Corcubión
Muros
3-2
Castriz
San Lorenzo
3-1
Nantón
Mazaricos
0-0
Buño
Malpica
4-2
Sofán
3ª Autonómica, xornada 28
Laxe
5-0
Xaviña
Lira
0-1
Cabana
Camelle
0-1
Atl. Pereiriña
Indep. Carballo
2-1
Montelouro
Soneira B
0-2
Volantes
Carnota
13-2
Muxía
Fisterra B
1-2
Coristanco
Cerqueda
6-0
Corcoesto
Alcaián
1-4
Outes
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4