Venres. 26.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Xornada clave por arriba e por abaixo

2ª Autonómica: Xornada clave por arriba e por abaixo
Xornada intensa na Liga da Costa, tanto por arriba como por abaixo. Na parte alta, o Club do Mar queda só no liderato tralo empate do Camariñas ante un Malpica que xa leva 12 xornadas sen coñecer a derrota. Non fallaron os caioneses ante o Sofán nun dos campos máis complicados da categoría, demostrando así a súa fortaleza. Por detrás o Fisterra amósase máis forte que nunca e superou con claridade a todo un Baio no Platas Reinoso. Forte segue tamén o Corme, que se mantén a un punto do Malpica atentos a calquera pinchazo dos de arriba. E por abaixo a xornada era fundamental. Os choques directos entre equipos da zona baixa deixaron vitorias para os que máis a necesitaban, como Nantón, San Lorenzo e Castriz, o que deixa unha zona baixa con 6 equipos en 3 puntos. Houbo unha derrota que trouxo cambios. A 5ª derrota en 6 partidos do Corcubión trae consigo a marcha de Manín. Colle o relevo Nito.

Baio – Fisterra (1-4)

  • BAIO: Manuel, Matías, Jose Antonio (Iván de Treos, min.18), Ramón, Iago (Martinciño, min.73), Mario, Fachal, Canai, MC, Martín (Fermín, min.73) e Bieito.
  • FISTERRA: Joselu, Piti, Pana (Juan de Elvira, min.55), Gustavo, Nico (Rubén Insua, min.64), Santi, Roco, Roa (Hidalgo, min.73), Guardiola (Marco do Cabo, min.60), Dudo e Mané (Rivas, min.69).
  • Goles: 0-1, min.13: Mané, de falta directa; 0-2, min.57: Mané; 0-3, min.65: Dudo; 1-3, min.81: Iván de Treos; 1-4, min.82: Rivas.
  • Lesión: José Antonio cunha forte rotura de fibras.
Acusou, e moito, as ausencias o Baio do seu pichichi Javi Suárez e dos dous escudeiros do medio campo, destrutores e organizadores, como son Eloi e Alberto, e presentouse con 10 xogadores da canteira no 11 titular. Mané cun maxistral lanzamento de falta abriu o marcador. O Fisterra estaba máis asentado no terreo de xogo e impedía que o Baio levara a iniciativa no xogo. Canai e MC tentaban trenzar xogadas polas bandas, pero faltáballes a outra peza do triángulo, aínda así Canai fixo unha xogada persoal e cedeu para MC que chegou algo forzado. Pouco despois que respondeu foi Mané, o seu tiro foise a rentes do pau. Na segunda metade a tónica foi similar, Roco converteuse no motor do medio campo fisterrán, unha recuperación del e un bo pase a Roa acabou con centro deste para que Mané lle fixera o segundo gol aos seus ex-compañeiros. Non había reacción local e os de Fisterra non desparoveitaron a oportunidade de sentenciar por medio de Dudo que recibe un balón por banda esquerda, internase e bate a Manuel non man a man. A dez minutos para o final, un córner botado por MC é rematado por Iván de Treos de cabeza no segundo pau. Non deixaron os visitantes que se viñeran arriba aos baieses e un minuto despois, Rivas remata unha contra para poñer o definitivo 1-4. Pese a derrota, o Baio segue 6º. A derrota do Muros no campo dos veciños de Nantón favoreceulles, e aínda teñen moitas opción de loitar polo 4º posto que ostenta o Malpica con catro puntos máis. Ademais, o cadro baiés quere lembrar a boa actitude do cadro malpicán que durante o encontro da semana pasada, tanto o míster como os directivos se portaron de marabilla con Alberto trala súa lesión.

Camariñas - Malpica (1-1)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Alberto Ogando, Paco (Manuel, min.50), De la Sierra, Dyango, Moriño, Brais, Juan oBello, David, (Adrián. min.75), Leo e Javi.
  • MALPICA: Suso; Charly, Avelino (Marcos Amado, min.78), Andrés, Marco, Rancaño, Neucha, Cheo, Pablo, Tato e Charro (M. Pardo, min.65).
  • Goles: 1-0, min.55: Javi de cabeza a centro de Brais; 1-1, min.85: Cheo tras un roubo e pase de Tato.
  • Expulsións: os locais Alberto Ogando (min.83) e De la Sierra (min.87) e os visitantes Charli e o míster David Baña (min.78).
  • Lesións: Paco e David por bando local e Charro e Avelino polos visitantes.
Un deses partidos que valen ligas o vivido esta fin de semana no Hermanas Patiño. O Camariñas recibía a un dos mellores equipos deste último tramo de Liga, o que supuña unha enorme pedra de toque para o novo equipo trala dimisión de Manolín. E respondeu o cadro de Pepucho, cun partidazo ben respondido por un gran Malpica, que xa suma 12 xornadas sen perder, 11 dende a chegada de Baña ao banco. Intensidade e ambición por ambos bandos, que deixou un partido cheo de emoción e ocasións ata o último minuto. Así e todo foi o Malpica o que levou, lixeiramente, o control do partido. Cheo, Charro e Pablo atopáronse cun gran Pombo, ao igual que as sempre perigosas faltas de Neucha. Por bando local os Leo e Juan oBello non acaban de atopar portería, e Brais marraban o man a man con Suso, mentres que o tiro de Ogando marchaba alto. Cando máis igualado estaba o choque chegou o tanto de Javi de cabeza tras unha boa xogada dos camariñáns. Meteuse lixeiramente atrás o cadro camariñán e o Malpica tivo boas opcións para o empate. Empate que non chegaría ata fantando 5 minutos para o final tras unha boa presión de Tato que cedeu para que Cheo batise a Pombo no man a man. Xa co tempo cumplido Brais puido deixar os 3 puntos na casa, pero o empate semella máis xusto.

Sofán - Club do Mar (1-2)

  • SOFÁN: Richard, Adrián, Diego, Pensado, Miniño, Alemán, Suso, Iván, Edu (Jacobo, min.46), Gurita (Berti, min.68) e Abel.
  • CLUB DO MAR: Gonzalo, Alex, Repi, Luís Lareo, Rubén, Jacobo (Chori, min.80), Jonhie (Pincho, min.75), Chapu (Brais, min.70), Vituco, Bertín e Fran Borrazás.
  • Goles: 0-1, min.35: Jonhie, de falta; 1-1, min.60: Suso, tras un córner; 1-2, min.75: Bertín, de cabeza a centro de Jonhie.
  • Lesión: Jacobo.
150 persoas no Carral para ver un dos partidos da xornada. O choque comezou intenso, cunha dura pelexa no medio pequeno terreo de xogo. Vituco avisaba para os visitantes e Ivan facía lucirse a Gonzalo cun tiro dende lonxe. Gurita e Abel tamén tiveron ocasións antes de Jonhie adiantase aos caioneses de falta directa. Á volta do descanso endureceuse o partido. As accións eran cada vez máis fortes pero a SD saca forzas e consegue empatar o partido. Puido darlle a volta ao marcador se Berti non falla de cabeza a porta baleira, e na xogada seguinte, o Club do Mar non perdoa e define a vitoria. A partir de aí o partido rompeuse e o equipo de Repi facía moito dano á contra, cunha boa ocasión de Brais, un tiro de Jonhie ao longueiro e un fóra de xogo rigoroso aos caioneses. O Sofán aínda tivo algún balón aéreo que puxo o medo nas filas visitantes. Marchan así cunha gran vitoria que afianza o seu liderato.

Castriz - Zas (2-0)

  • CASTRIZ: Herrera, Michel (Sergio Gerpe, min.90), Toniño, Alex, David Agra, Toño (Sergio Pose, min.80), Mauri, Martín (Pablo, min.50), Jonhie (Prego, min.60), Sebas e Iván.
  • ZAS: Damián, Quintáns (Martín, min.60), Dani, Mancebo, Pereiro, Rubio (Amado, min.85), Rony, Ismael, Peque, Jaime (Pastor, min.47) e Pablo Muíño.
  • Goles: 1-0, min.15: Toño; 2-0, min.70: Sebas.
Por fin vence na casa o Castriz nun encontro clave para a permanencia. A primeira media hora foi moi boa para os locais, que controlaron o partido e se adiantaron por medio de Toño. Pero o último cuarto de hora foi de total control visitante. Rubio e Pablo Muíño fixeron moito dano e mandaron dous balóns ao pao. Na segunda metade só dende lonxe avisaron os zaenses que acusaron as baixas, e a falta de adestramento nas últimas semanas. I é que parece que o compromiso só o están demostrando os xuvenís (onte formaron 5 entre os 13 convocados, Amado, Quintáns, Pastor, Rony e Ismael) o que fai tremer os estamentos do clube.

Buño - Corme (0-2)

  • BUÑO: Brais, Eloy, Angel, Diego, Brais San Luís, Jorge, Ismael, Emilio (David Secundino, min.60), Miguel Dourado, Juan (Rubén, min.46) e Elías.
  • CORME: Susiño (Javi, min,.80), Adolfo, Abel, Pandi, Jesús, Alejandro, Martín, Diego (Chino, min.85), Juan, Lucas e Iago (Antonio, min.88).
  • Goles: 0-1, min.21: Iago a pase de Juan; 0-2, min.50: Iago de vaselina tras un pase de Lucas despois dunha falta rápida botada por Alejandro.
Cada vez se gusta máis este Corme, que fixo de novo un partidazo ante o Buño a unha semana do choque co Club do Mar. Toque no medio campo e rapidez arriba, son as armas deste Corme que combina a veteranía de Alejandro co descaro dos novos talentos. Adiantouse o equipo cormelán nunha xogada moi ben trenzada que rematou Iago. Ao longo da primeira metade non houbo moitas ocasións claras de gol. Na segunda saíron presionando os locais, pero só creaban perigo con tiros lonxanos. E cando máis apretaban, chegou o segundo gol, á contra de Iago de novo, dos locais. Un tanto que matou aos de Esmorís, que se viñeron abaixo. A prtir de aí o Corme puido tocar aínda máis o balón e celebrar unha nova vitoria. Tamén o celebraría a familia cormelá na noite do domingo, mesturando entroido coa aposta que os cormeláns fixeran hai unhas xornadas, e tras conseguir 5 vitorias seguidas, os Susiño e Abel acolleron no seu bar o Cabazo unha cea para todo o equipo.

O Pindo - Esteirana (2-4)

  • O PINDO: Garrido, Juan Fis, Anel, Angel, Dani Freire, Bicho (Pablo, min.60), Carlos Leis, Vilela (Diego León, min.46), Eloy, Riolo, Hipólito.
  • ESTEIRANA: Benancio, Simón, Suizo, Adelino, Chispi, Andel, Pichu, Cajulo, Alex, Adrián (Isma, min.60), Roberto Pladur.
  • Goles: 0-1, min.25: Alex; 0-2, min.40: Andel de falta pola escuadra; 1-2, min.55: Diego León; 1-3, min.58: Andel de cóner directo; 1-4, min.75: Ismael; 2-4, min.85: Dani Freire.
Tarde, polo menos, de goles bonitos, sen marrulleirías en Lombáns, nun partido no que a Esteirana foi superior ao pechacancelas. O Pindo aguanta sempre mentres as forzas aguantan e onte volveron estar desacartados cara gol os Riolo, Eloy e Hipólito. A Esteirana adiantouse por medio de Alex e cun golazo de Andel de falta marchaban con clara vantaxe aos vestiarios. Á volta do descanso o equipo local recurtaba pero a incertidume no marcador resolveríase tan só 3 minutos despois co gol olímpico de Andel, que sentenciaba o partido e mataba aos locais. A partir de aí si que acusaron o baixón físico, e tamén o entroido, e a Esteirana puido facer máis dano. A única boa nova para os carnotáns, o tanto do ceense Dani Freire no seu debut.

Nantón - Muros (1-0)

  • NANTÓN: Ernesto, David, Eloy (Carlos Santos, min.80), Félix, Diego, Carlos Vidal, Rubén (Fabio, min.75), Pedro, Iván, Cristian e Martín.
  • MUROS: Fabio, Mingos, Marco Antonio, Gael, Javi, Dani, Gelo, Kiko, Aitor, Yanki e Jesús (Óscar).
  • Gol: 1-0, min.70: Rubén.
  • Expulsión: o porteiro Fabio na xogada do gol.
Vitoria importantísima do Nantón, antes dunha xeira de enfrontamentos directos, que fixo un dos mellores partidos da temporada a pesar das baixas, tan importantes como as de Luís, Sito ou Manolo, ademais de dous tocados como Rubén, Fabio e Carlos Santos, que voltaba tras varios meses fóra dos terreos de xogo por problemas no corazón. O entroido fixo mella no Muros que chegou a Cabana con só 12 xogadores. Cristian tivo un par de ocasións claras para marcar na primeira metade, pero o balón non entraba. Si o fixo no minuto 70, na xogada clave do partido. Rubén marcaba o tanto da vitoria, un tanto que chegaba, para os locais, en suposto fóra de xogo. Así o protestou o meta Fabio, que foi expulsado nesa mesma xogada, obrigando ao lateral Mingos a poñerse baixo paus. Dura está sendo a temporada para os porterios en Muros. Contra o final o Muros apretou lixeiramente e tivo algunha ocasión para asinar o empate, pero tamén puido sentenciar o Nantón á contra. Ao final o marcador non se moveu e o Nantón sumou 3 puntos vitais para non descolgarse.

Corcubión - Dumbría B (1-3)

  • CORCUBIÓN: Cristian Lourido, José de Atalaya, Senra, Sergio Manín, Conguito, Sebas (Paulo m.70), Eduardo, Camacho (Valucho m.80), Miguelón (Papi m.50), Lourido e Mario.
  • DUMBRÍA B: Anxo, Yeray, Samuel, David Carreira, José Manuel, Tati, Riki, Esteban de Baíñas (Adrián, min.65), Rodrigo (Ivanete, min.85), Pablo Lestón (Josiño, min.75) e Toni.
  • Goles: 0-1, min.20: Rodrigo; 0-2, min.34: Toni; 1-2, min.55: Lourido; 1-3, min.91: Toni.
Xusta vitoria do Dumbría B sobre un Corcubión que ofreceu a súa peor cara. Un pase do corcubionés Pablo Lestón para o xuvenil Rodrigo permitiu aos visitantes abrir a conta, que Toni aumentou antes do descanso. Apretou o Corcubión na reanudación a raíz do gol de Lourido, pero non foi quen de igualar a contenda a pesar das constantes ocasións das que dispuxo. Xa co tempo cumplido e co Corcubión volcado, Toni marchou a sentencia. A 5ª derrota en 6 partidos do Corcubión trae consigo a marcha de Manín. Colle o relevo Nito.

Mazaricos - San Lorenzo (0-1)

  • MAZARICOS: Juan, Casais, Chico, Tuco, Rodri, Estéfano, Esteban, Cristian (Rafa, min.60), Brais, Aldo e Kevin.
  • SAN LORENZO: Recarey, Santi, Quillo, Puñal, Anxo, Adrián, Cachizo, Fuentefría, Jorge Pichel, Miguel (Bolón, min.70) e Javi Pensado (Chucho, min.75).
  • Gol: 0-1, min.88: Jorge Pichel de vaselina a pase de Quillo.
  • Expulsión: o mazaricán Rafa por doble cartón no min.80.
Está tendo o San Lorenzo a sorte nas últimas xornadas que non tivo en toda a primeira volta, e onte levou 3 puntos do Pino do Val nun encontro no que os locais levaron o control do balón. Trucho e Puñal prantexaron o partido ben armado atrás, cun Mazaricos movendo o balón e intentando crear ocasións. Pero non estiveron acertados cara gol os Kevin, Estéfano ou Brais. Recarey fixo, unha vez máis, un partidazo, mentres que a área mazaricán tremía en cada xogada a balón parado, pois os Quillo, Puñal e Anxo creaban moito perigo por arriba. Cando o partido marchaba cara o final, co Mazaricos bastante volcados buscando a vitoria, un balón longo colleu ao porteiro a media saída e Jorge Pichel definiu de fermosa vaselina para darlle os 3 puntos aos de Verdillo.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios