Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Resultados da xornada de entroido no fútbol da Costa

Resultados da xornada de entroido no fútbol da Costa
Non pareceu demasiado grave a incidencia do entroido na xornada ligueira e afortunadamente non tivemos que lamentar baixas relevantes nin accións esperpénticas polos campos da bisbarra. No meramente deportivo, aquí vos traemos un resumo da xornada e os resultados de 60 partidos do #futboldacosta. E comezamos pola Preferente onde tiña o foco de atención no derbi xalleiro. , en contra do que marcaban as liñas de ambos equipos neste comezo de 2012, o cadro laranxa superou ao verde nun encontro moi disputado e con gran ambiente en Fontenla. Ademais, o Dumbría vencía comodamente na casa a un Viveiro que quería cazalo, mentres que o Soneira volve de Bertamiráns cun punto moi sabroso. Na, xornada negra para os nosos. O Cee segue sen levantar cabeza e a goleada colleitada en Eume ante o equipo que marca a salvación parece o adeus definitivo á categoría. O Ponteceso permitiu que o Flavia se achegue. Na Liga da Costa, a loita na cabeza segue sendo o máis interesante. Esta xornada Club do Mar e o novo Camariñas sen Manolín tiñan dúas finais, e se o Club do Mar sacaba 3 puntos dun tremendamente campo difícil como o Carral, o Camariñas non pasaba do empate ante un potente Malpica. Queda agora o cadro caionés líder en solitario con 2 puntos sobre os camariñáns. Por detrás segue, e máis firme que nunca, o Fisterra, que venceu por 1-4 a un Baio con moitas baixas. O Corme tampouco descansa e vencía 0-2 en Buño. Na zona baixa, houbo encontros importantes. Castriz e San Lorenzo vencían envites directos con Zas e Mazaricos, e a vitoria do Nantón ao Muros permítelle aos cabaneses non quedar atrás. Todo segue igualadísimo, e dende o Corcubión (12º) ao Nantón (17º) hai só 3 puntos. A xornada na estivo marcada pola suspensión do Muxía-Lira tras unha agresión ao colexiado dun xogador do Lira. Polo demais, o Carnota segue firme no liderato: Por detrás ponse agora o Outes, que non fallaba ante o Cerqueda e que aproveitaba o tropezo Cabana ante o Laxe. Montelouro e Coristanco continúan por detrás e o Volantes non quere quedar fóra do vagón de arriba. En xuvenís, ponse interesante a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Á falta do encontro do Dumbría B co Baio que queda para o martes, o Malpica deu un golpe na mesa mallando nun Camariñas tocado polos últimos resultados. O Santa Comba e o Cee amosan a súa candidatura tamén.

Preferente, xornada 24

Xallas 0-1 Santa Comba
Dumbría 3-0 Viveiro
Bertamiráns 2-2 Soneira

1ª Autonómica, xornada 23

Eume 5-0 Cee
Flavia 1-0 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 23

Corcubión 1-3 Dumbría B
Buño 0-2 Corme
Sofán 1-2 Club do Mar
O Pindo 2-4 Esteirana
Nantón 1-0 Muros
Mazaricos 0-1 San Lorenzo
Camariñas 1-1 Malpica
Baio 1-4 Fisterra
Castriz 2-0 Zas

3ª Autonómica, xornada 27

Atl. Pereiriña 1-2 Carnota
Volantes 6-1 Fisterra B
Cabana 1-1 Laxe
Camelle 1-3 Coristanco
Montelouro 2-0 Soneira B
Muxía Susp. Lira
Corcoesto 0-2 Indep. Carballo
Outes 3-1 Cerqueda
Porteño 1-1 Alcaián

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 3

Corcubión 1-3 Cee
Santa Comba 3-1 Soneira
Malpica 7-2 Camariñas
Dumbría B 21/02 - 16:00 Baio

Copa da Costa Xuvenil, Grupo 1, xornada 3

Dumbría 2-4 Fisterra
Zas 3-1 Coristanco
Outes 6-2 Esteirana

Copa da Costa Xuvenil, Grupo 2, xornada 3

Ponteceso 5-0 Corme
Mazaricos 3-3 Cabana

2ª Cadete, xornada 23

Dumbría 3-2 Esteirana
Baio 7-1 Ponteceso
Soneira 0-1 Malpica
Muros 2-2 Camariñas
Cee 1-0 Outes
Porteño 2-2 Fisterra
Santa Comba 6-0 Muxía
Cabana 9-3 Zas

2ª Infantil, xornada 23

Santa Comba 1-3 Con. de Carnota
Cee 1-2 Dumbría
Ponteceso 1-5 Coristanco
Cabana 13-0 Fisterra
Outes 0-5 Esteirana
Os Miudos 2-2 Corme
Baio 0-1 As Baleas

Ligas de Veteranos, xornada 21

1ª División

Vimianzo 1-4 Cabana
Castriz 5-2 Nantón
Camariñas 2-1 Buño
Baio 1-2 San Román
Bergantiños 0-7 Bértoa
Corcubión 1-3 Zas
San Lorenzo 1-1 Ponteceso

2ª División

Leiloio 3-1 Porteño
Sofán 2-2 Dep. Carballo
At. Milagrosa 4-1 Agualada
Corcoesto 1-2 Camelle
Corme 1-6 Muros
Coristanco 2-4 Soneira
Club do Mar 0-3 Cerqueda

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios