Mércores. 24.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Cee tira a toalla

1ª Autonómica: O Cee tira a toalla
Mortal a estocada que o Eume lle deu ao Unión Club Cee esta fin de semana. O equipo que marca a salvación na 1ª, endosoulle un 5-0 aos ceenses que os déixan a 12 puntos da salvación. Pola súa banda o Ponteceso non sumou en Padrón, pero segue dando unha grande imaxe e mantense na zona morna da táboa.

Eume - Cee (5-0)

  • CEE: Parroto, Jorge, Luis (Moncho, min.46) Julio (Jose Express, min75), Rafa, Ángel, Fer, Isma (Poky, min.53), Carlos e Víctor.
  • Goles: 1-0, min.23; 2-0, min.36; 3-0, min.70; 4-0, min.83; 5-0, min.89.
Non saíron conscientes os de Llanero do que se xogaban e realizaron unha mala primeira parte sen apenas crear perigo. Unha xogada por banda acabaría co primeiro gol de Eume, ao rematar Xose sutilmente o centro. Non moito despois chegaría o segundo tras unha boa xogada individual de Marcos. Na segunda parte, coa entrada de Poky ,melloraría o Cee no medio campo. Foise arriba o cadro costeiro pero non conseguía crear ocasións claras. E cando máis volcado estaba sobre a metal local, chegaría a sentenza do partido co terceiro do Eume. O Eume, que só chegaría tres veces nesta segunda parte, marcou en todas a chegadas. Só Ángel e Víctor, con tiros afastados, puñan en problemas ao porteiro local. Así, excesivo castigo a un Cee sen ideas que se achega á 2ª autonómica.

Flavia - Ponteceso (1-0)

Comentarios