Nova xornada de
#futboldacosta esta fin de semana de 25 e 26 de febreiro de 2012. E moi interesante ademais, comezando pola
Preferente, que se centraba nun novo derbi en Fontela que volveu deixar os 3 puntos para o cadro laranxa. Parece que os derbis están servindo para espertar ao
Santa Comba e desta volta foi o Dumbría o que sufriu a derrota. Ademais o
Xallas acadou un bo punto en Grixoa e o
Soneira quedou cun respectuoso empate ante o Ribadeo nun choque directo e que sabe a pouco aos soneiráns.
Mala xornada, unha vez máis, para os nosos
na 1ª. O Ponteceso non podía ante o líder, e o Cee volvía de baleiro de Noia.
Xa na Liga da Costa, moitas novidades. Fallaron os de arriba, e se o
Fisterra superaba con claridade ao
Camariñas o sábado en Ara Solis, hoxe o
Club do Mar non era quen de superar a un descarado
Corme, que arrincou 1 punto da Porta Santa e puido levar algo máis. Por detrás segue forte o
Malpica que superaba a un Sofán que viña cunha liña moi positiva. Parece que o
Baio se descolga tras caer en
Esteiro e queda en zona morna cos esteiráns e o
Muros.
Por abaixo houbo xornada intensa. Só o
San Lorenzo sumaba os 3 puntos ante o
Nantón nun choque directísimo, polo que queda agora na 13ª posición empatados co
Corcubión, que con Nito no banco trala destitución de Manín, sumou o seu primeiro punto ante o Zas.
O Mazaricos, con novo adestrador, José Antonio Alvite, trala dimisón de Persical empataba co
Buño e o
Castriz caía en Muros, polo que queda o Nantón no 2º posto de descenso con 21 puntos, Mazaricos con 22, Castriz con 23, Zas con 24 e San Lorenzo e Corcubión con 25. Salientable tamén a 2ª vitoria do ano do Pindo, remontando e todo, ante o Dumbría B.
Segue a loita encarnizada nos postos altos da
3ª. O líder, o
Carnota non falla e mallaba no Muxía. A 1 punto segue o
Outes, que gañaba comodamente en Alcaián. E a 3 está o
Cabana, que sufría pero superaba ao Lira. 4º, e xa a 8 puntos do líder, está o
Coristanco, que venceu en Fisterra e aproveitou o tropezo do
Montelouro en Carballo. Así, o
Volantes achégase a ese 5º posto tras vencer ao Soneira B quedando a 3 puntos, 3 por diante á súa vez do
Cerqueda, que parece ser a fronteira dos equipos con opcións.
En
xuvenís a cousa ponse verdadeiramente igualada. Na Liguiña Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega as vitorias de Cee e Baio sobre Dumbría B e Santa Comba e o empate do Malpica en Vimianzo, deixa un
triple empate na cabeza entre dumbrieses, baieses e ceenses, con 9 puntos, só un máis que o Malpica. Parece que os 4 serán os que loiten polas 2 prazas que dan acceso á Fase de Ascenso.
Na
Copa, Zas e Mazaricos seguen destacados nos seus grupos, e os que se descolgan son Esteirana e Dumbría A no Gr.1 e Muros no Gr.2.
Preferente, xornada 25
Soneira |
0-0 |
Ribadeo |
Grixoa |
2-2 |
Xallas |
Santa Comba |
2-1 |
Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 24
Ponteceso |
0-2 |
Sada |
Noia |
2-0 |
Cee |
2ª Autonómica, xornada 24
Fisterra |
4-1 |
Camariñas |
Club do Mar |
1-1 |
Corme |
Esteirana |
3-2 |
Baio |
Dumbría B |
2-3 |
O Pindo |
Zas |
2-2 |
Corcubión |
Muros |
3-2 |
Castriz |
San Lorenzo |
3-1 |
Nantón |
Mazaricos |
0-0 |
Buño |
Malpica |
4-2 |
Sofán |
3ª Autonómica, xornada 28
Laxe |
5-0 |
Xaviña |
Lira |
0-1 |
Cabana |
Camelle |
0-1 |
Atl. Pereiriña |
Indep. Carballo |
2-1 |
Montelouro |
Soneira B |
0-2 |
Volantes |
Carnota |
13-2 |
Muxía |
Fisterra B |
1-2 |
Coristanco |
Cerqueda |
6-0 |
Corcoesto |
Alcaián |
1-4 |
Outes |
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4
Camariñas |
1-2 |
Corcubión |
Soneira |
1-1 |
Malpica |
Baio |
2-1 |
Santa Comba |
Cee |
2-0 |
Dumbría B |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 4
Outes |
1-2 |
Coristanco |
Fisterra |
3-3 |
Zas |
Esteirana |
1-2 |
Dumbría A |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 4
Muros |
1-3 |
Mazaricos |
Cabana |
2-2 |
Ponteceso |
2ª Cadete, xornada 24
Camariñas |
1-2 |
Cabana |
Esteirana |
1-1 |
Coristanco |
Fisterra |
0-7 |
Dumbría |
Ponteceso |
5-1 |
Porteño |
Muxía |
1-4 |
Baio |
Zas |
0-8 |
Soneira |
Malpica |
1-1 |
Santa Comba |
Outes |
5-2 |
Muros |
2ª Infantil, xornada 24
Fisterra |
5-0 |
E.M.F. Vimianzo |
Dumbría |
11-0 |
Baio |
Coristanco |
1-11 |
Cabana |
Esteirana |
6-2 |
Ponteceso |
Con. de Carnota |
1-1 |
Outes |
Corme |
3-3 |
Muxía |
As Baleas |
1-6 |
E.D. Os Miudos |
Ligas de Veteranos, xornada 22
1ª División
Buño |
0-8 |
Castriz |
Bértoa |
1-2 |
Baio |
Cabana |
2-0 |
Bergantiños |
Nantón |
2-1 |
Vimianzo |
Zas |
4-3 |
Bergantiños |
Ponteceso |
2-2 |
Corcubión |
San Román |
5-0 |
Camariñas |
2ª División
Porteño |
4-0 |
Sofán |
Soneira |
3-0 |
Corme |
Malpica |
2-1 |
Leiloio |
Agualada |
1-2 |
Dep. Carballo |
Camelle |
2-3 |
At. Milagrosa |
Muros |
3-0 |
Corcoesto |
Cerqueda |
2-1 |
Coristanco |
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte