Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Só tropeza o Cabana

3ª Autonómica: Só tropeza o Cabana
Salvo o empate do Cabana, non houbo ningún esvarón entre os seis primeiros e todo sigue igual, pero cunha xornada menos, quedan agora 11 xornadas para o remate. As notas negativas da xornada, unha vez máis, están relacionadas cos colexiados. Si no Cabana-Laxe, o colexiado acababa desquiciando a ambos conxuntos e cubrindo mal a acta, unha vez máis, xa o fixera tamén no Porteño-Xaviña, no Muxía-Laxe o xoven colexiado acababa sendo golpeando por un xogador liracho o que propiciou a suspensión do encontro.

Cabana - Laxe (1-1)

  • CABANA: Añón, Jose, Marcos, David (Eliseo, min.75), Pancho, Fernando (Diego, min.65), Darío, Sandro, Josiño, Adrián (Eloi Pereira, min.70) e Nando (Fariña, min.87).
  • LAXE: Illote, Rubén (Martín Rivera, min.25), Naya, Aarón, Roi (Iván, min.60), Jacinto, Borja, Manuel, Darío, Zurich e Samuel.
  • Goles: 0-1, min.14: Zurich; 1-1, min.19: Josiño.
  • Expulsión: O míster local Pablo Mallón.
Comezou moi ben o Laxe que xogou uns moi bos primeiros vinte minutos. Tras o gol do empate dos locais, estes colleron un pouco máis as rendas do encontro aínda que non causaron moito perigo. O xoven colexiado Brais Lodeiros Lafuente, conocido pola acta mal cuberta do Porteño-Xaviña, na que daba a vitoria aos de Xaviña tras perder no campo, quixo ser tamén o protagonista deste encontro, desquiciou moito coas numerosas faltas sinaladas e demostrou non ser moi coñecedor das normas, pois nin na primeira aplicou a lei da vantaxe. Ao final, fiel ao seu estilo, cubriu mal acta, aplicándolle un cartón amarelo a un xogador local que non chegou a entrar no terreo de xogo, segundo un directivo cabanés, “imposible que apuntara ben, pois perdeu o boli mediada a segunda metade e ni por outro preguntou”, de aí que faltaran cambios por anotar, e os que anotou, fíxoo mal. Ao final reparto de puntos que fai que os cabaneses baixen un posto na táboa, si a semana pasada perdía o liderado, esta perden o segundo posto.

Montelouro - Soneira (2-0)

  • MONTELOURO: Isma, Bolo, Teo, García (Pesco, min.70), Canelo, Fernando, Chema, Jose, Denís, Dani e Geiko.
  • SONEIRA: Víctor, Chans, Alberto, Chuchi, Curra, Jemisa, Dani, Borja Cadete, Anthony Cadete (Cachirulo, min.72), Cho (Antoniño, min.75) e Kevin Cadete.
  • Goles: 1-0, min.71: Pesco; 2-0, min.80: Dani.
Partido con moi pouco ritmo máis propio dun empate a ceros, pero nos minutos finais a xuventude dos visitantes cedeu, e dous erros defensivos propiciou que o Louro se leve os tres puntos. Ambos equipos estaban en cadro. Os locais tan só contaban con doce xogadores, e Pesco que entrou dende o banquillo estaba tocado, pero ao ser tan poucos vestiuse de corto e foi entrar e marcar. Polo bando visitante, as baixas do primeiro equipo tamén lle prexudicou e tivo que xogar con 3 cadetes de inicio e varios xuvenís.

Atl. Pereiriña - Carnota (1-2)

  • ATL. PEREIRIÑA: Adrián, Grille, Mateo, Alvaro Fiuza, Javichu, Morcillo, Adán, Alex, Víctor, Javi (Mario, min.75) e Néstor (Rafa, min.75).
  • CARNOTA: Peipo, Boni (Pumuki, min.70), Manolo, Pedro, David de Brea, Manuel Luís (David Castreje, min.80), Rodrigo, Jacobo, Joselu, Manoliño (Tono Goyanes, min.60) e Casti.
  • Goles: 1-0, min.15: Adán; 1-1, min.38: Casti; 1-2, min.80: Casti.
Tivo que sufrir moito o Carnota na tarde do sábado para levarse os tres puntos, no que o porteiro xuvenil Adrián foi un dos protagonistas do filial ceense e desfixo varias ocasións de perigo. O Pereiriña estivo moi ben na primeira metade e adiantouse por medio dun disparo dende fóra da área de Adán. Casti antes do descanso acadaría o empate e xa na segunda metade marcaría o gol da vitoria. O presi local, Víctor tivo nos seus pes o empate no minuto 89.

Outes - Cerqueda (3-1)

  • OUTES: Gato, Saúl, Martín, Chúa, Debé, David, Arturo (Lass, min.25), Fabio (Damian, min.75), Deivi (Quin, min.59), Potro (Alvaro, min.88) e Pesco.
  • CERQUEDA: Fredi, Rober (Cota, min.53), Javi, Javi Pazos, Jorge, Santi, Manu, Lorenzo, Dani Añón (Juanjo, min.60), You (Dieguito, min.46) e Alex.
  • Goles: 0-1, min.9: Alex; 1-1, min.20: Fabio; 2-1, min.30: Deivi, de penalti; 3-1, min.39: Chúa.
  • Lesións: Os locais Arturo, cun problema nun xeonllo e Deivi, cun golpe nun nocello.
Comezaron ben os visitantes, marcando e dominando, pero noventa minutos no Conchido son moitos minutos, e ao final acabaron cedendo ante o maior empurre dos locais que xa na primeira metade lle deron a volta ao marcador. Na segunda metade o partido foi moi aberto e calquera dos dous equipos gozou de ocasións para marcar. No bando local están bastante desgustado coa asignación do colexiado Adrián Varela e pedirán que non lles volva a arbitrar, xa o fixo anteriormente. Non consideran que influíra no resultado, pero o seu pasado como xogador xuvenil do Coristanco non lles parece moi procedente. Logo de contactar co colexiado, este nos aclara que non está vinculado a ningún equipo dende a tempada, e aínda que é certo que xogou nos xuvenís do Coristanco, nada o vincula a ese club actualmente.

Volantes - Fisterra B (6-1)

  • VOLANTES: Yago (Miguel, min.80), Juan, Mou, Josiño, Paquy (Edu, min.75), Brais, Nimo (Benja, min.65), Ramón, Fran (Javi, min.50), Seluco e Piti.
  • FISTERRA B: David Perlón, Juanjete, Rubia, Cote, Noé, Champi (Eloy, min.55), Gabi, Bruno, Carlos, José de Anchoa e Rubén Insua.
  • Goles: 1-0, min.2: Seluco; 2-0, min.7: Seluco; 3-0, min.55: Piti; 3-1, min.58: Bruno; 4-1, min.65: Seluco; 5-1, min.68: Piti; 6-1, min.85: Juan.
Dous goles de Seluco nos primeiros dez minutos romperon o encontro e deixaron unhas condicións moi francas para acadar unha nova goleada e tres puntos máis para os de Baño. Non fallou ningún equipo da parte alta co cal a vitoria e non lles permite reducir distancias cos cinco primeiros, pero seguen os muradáns apretando e semellan que poden ser a alternativa máis fiable ao sexto posto e agazapados esperando algún erro do Coristanco ou Montelouro para enganchar un deses postos que de seguro terán premio.

Camelle - Coristanco (1-3)

  • CAMELLE: Carlos de Dido (Iván, min.46), Diego, Coruña, Mauri, Manuel, René, Varu, Sergio, Adrián, Jose e Mario.
  • CORISTANCO: Pombo, Iván, Germán, Oscar, Arantón, Pazos, Luís, Sergio (Castro, min.65), Benitez (Marcos, min.75), Mallón (Adrián, min.60) e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.3: Arantón, de falta; 1-1, min.10: Mario, de penalti; 1-2, min.20: Benitez; 1-3, min.35: Mallón.
Moi mal comezo dos locais que regalaron a primeira metade e logo na segunda tentaron mellorar a imaxe, tiveron máis control do balón, pero os de Coristanco non pasaron apuros para defender a vitoria. Arantón cun maxistral lanzamento de falta abriu o marcador. Un penalti feito sobre Jose deu pé a que Mario igualara a contenda. Dous rexeites de dúas faltas laterais propiciaron os goles de Benitez e Mallón.

Muxía - Lira (Suspendido)

  • MUXÍA: Angel Luís, Carrera (Albertiño, min.60), Martinciño, Currás, Pataca, Julián, Jose Manuel, Juan do Coral,, Pesqui, Raúl (Ramón, min.63), Arxires (David Pena, min.80).
  • LIRA: Miguel Anxo, Abel, Fran, Pelexo, Miche, Jose, Alvaro, Yerai, Patachin, Suso Perico e Fran Perico.
  • Goles: 1-0, min.10: Arxires; 1-1, min.11: Suso Perico; 2-1, min.22: Pesqui, de penalti; 2-2, min.42: Suso Patachín.
  • Expulsións: Os visitantes Pelexo (min.75), con cartón vermello directo, e Álvaro (min.83), por dobre cartón amarelo.
Partido sen nada en xogo que tristemente foi suspendido no minuto 79 cando o xogador visitante, Álvaro, perdeu os papeis e tras unha expulsión golpeou ao colexiado, un rapás de 16 anos, que temeroso se foi para os vestiarios auxiliado por todos os xogadores e pola súa nai. O partido ía empatado a douses cando se suspendeu. Ata antes da expulsión o partido estaba sendo correcto. Arxires recolleu un balón na esquina da área pequena tras unha falta lateral que non atopou ninguén que a despexara para subir o primeiro. Acto seguido, nada máis sacar de centro, un balón a banda para Fran Perico acaba cun centro atrás que o seu irmá Suso non desaproveita. Os locais tentaban levar o peso do encontro, pero os de Lira sacudíanse ben da presión, ata o minuto 21 no que Pesqui recibe un balón por banda, internase na área, sendo derribado, protestado foi o penalti, pero o colexiado non dubidou e o propio Pesqui transformaba o segundo para Muxía. Foron uns minutos de desconcerto para os visitantes que puideron encaixar un terceiro gol, pero cousas do fútbol, un erro defensivo dos muxiáns é aproveitado por Suso Patachín para poñer a igualada por segunda vez no marcador. Na segunda metade, os locais xustos de efectivos regalaron o balón ao Muxía e pecharon máis as liñas para aproveitarse das contras. O Muxía atopouse con miguel Anxo que desfixo varias ocasións de gol, mentres que os de Lira tiveron a súa oportunidade cun tiro ao longueiro por medio de Suso Perico. Os visitantes foronse acalorando polas numerosos cartóns amarelos que estaban a recibir, e así Pelexo foi expulsado por protestas e pouco despois chegou a xogada que non gusta ver nos campos. Álvaro, que xa tiña un cartón amarelo, viu o segundo por unhas mans e foi expulsado. Non encaixou ben a expulsión o xogador do equipo laranxa que empurrou ao colexiado e o golpeou na cara. O xoven rapáz, xogador do Coristanco xuvenil, marchou cara os vestiarios, mentres tanto os xogadores do Muxía e do Lira o protexeron do xogador do Lira que estaba un pouco fóra de si. Finalmente o colexiado, Rubén Reborido, non quixo continuar o que restaba de encontro e suspendeu o choque.

Corcoesto - Independiente (0-2)

  • CORCOESTO: Siro, Pichón, Edelmiro, Rodri, GermánUru, Couto, Martín, Miguel e Héctor.
  • INDEPENDIENTE: Upi, Jorge (Cholo, min.46), Jonathan (Efren, min.60), Toni (Scot, min.46), Dani (Roberto, min.46), Rubén, Carlos, Juni, Brian, Rafa e Ivi.
  • Goles: 0-1, min.15: Juni; 0-2, min.75: Cholo.
Partido sen moita historia, no que os locais comezaron xogando con 7 xogadores e tan só xuntaron tres máis a partir do descanso. Con esta inferioridade numérica durante todo o partido defendéronse como puideron e mesmo Héctor fallou unha pena máxima no minuto 38 que puido supoñer o empate, mandou o balón ao longueiro. Juni marcou ao recoller un rexeite tras unha falta lateral, mentres que o gol de Cholo foi unha definición no man a man con Siro tras unha boa parede no medio campo nunha contra.

Porteño - Alcaián (1-1)

  • PORTEÑO: Piti, Rubén (Yago, min.46), Pejo, Yago Carril, Brais, Jorge, Pirucho, Gabi (Cadete, min.80), Oscar, Pablo Santacristiña (Cadete, min.88) e Brais Grelo (Jimy, min.70).
  • ALCAIÁN: Rizos, Andrés, Pombo, Portillo, Pio, Víctor Pazos, Tote, Luís, Roberto, Rubén e David.
  • Goles: 0-1, min.8: David; 1-1, min.38: Brais, de falta directa.
Por moito, o Porteño é o rei do empate nesta tempada da Terceira. Xa suma 11 e o último ante o Alcaián este fin de semana. Tanto empate fai que os da Ponte non acaben de engancharse aos postos de ascenso e agora semella que só lle queda loitar polo sexto posto e esperar a que este teña premio. Onte o Alcaián mandou no partido e incluso puido levar algo máis de premio do Hermanas Patiña. O equipo de Víctor Pazos terá unha perda importante para o que resta de campaña, pois o mediocentro Pío, incorpórase as filas do Xallas esta semana.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios