Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente: Semana de cor laranxa

Preferente: Semana de cor laranxa
A atención desta xornada 24 da Preferente estaba en Fontenla. Alí o derbi xalleiro presentou unha boa entrada (as bancadas sempre cun ton algo máis verde) para presentar o choque máis igualado dos últimos tempos. E así foi, un partidazo de ida e volta que rematou coa apretada vitoria pola mínima dos laranxas. Unha vitoria que devolve lixeiramente a confianza aos de Gelucho tras un comezo de ano fatal, mentres que o Xallas continúa coa súa gran temporada na Preferente. Polo demais, o Dumbría adiantou o choque tamén para evitar o entroido, e saiulle ben a xogada e o Conco disfrutou dun partido tranquilo para sumar xa 34 puntos. Ademais, o Soneira sumou un punto moi valioso en Bertamiráns, pero colleita unha nova lesión, a do porterio José Ángel, que unido á de Fran, obriga aos soneiráns a fichar outro porteiro máis, alén de Durán. Parece ser que xa ten asinado con Martín, meta da canteira soneirán que estaba a xogar no Nantón.

Xallas - Santa Comba (0-1)

  • XALLAS: Cheli, Rubén Forján, Iván Forján, Becerra, Rubio (Álvaro, min.80), Brais, Ricardo, Alexandre, Luís, Adrián Beiroa e Toni.
  • SANTA COMBA: Diego, Gelo, Angelo, Roberto (Orlando, min.46), Oscar (Agustín, min.55), Jota, Toni, Doro, Julián, Pablo Baña (Mon, min.75) e Noli (David Blanco, min.66).
  • Gol: 0-1, min.20: Julián tras regatear ao porteiro tras un pase de Roberto.
  • Lesión: Roberto cunha lesión muscular.
Partido intenso, entretido con ocasións para ambos bandos, e con bo ambiente entre dúas afeccións irmás en Fontenla. Tardou o Xallas en entrar no partido e durante a primeira media hora o Santa Comba dominou. O gol de Julián para os laranxas parece que espabilou algo aos xalleiros, e a partir de aí igualouse o partido e houbo ocasións para ambos lados, e tanto podía caer o 0-2 como o empate. Por bando verde, Beiroa tivo un man a man co porteiro na primeira; Rubio mandou fóra coa portería baleira, e Beiroa non chegou a un balón que se paseou por diante da portería de Santa Comba. Os laranxas tamén tiveron un man a man de Toni, un tiro ao pao de Julián, unha de Noli que algo escorado mandou ás nubes; unha de Doro que non soubo controlar ou un tiro ao pao de Toni. A última tivoa o verde Toni como protagonista, xa no desconto, e tras revolverse na área mandou abaixo pero Diego fixo de novo unha gran parada desbaratando a acción. Mellora así o estado de ánimo do Santa Comba, tras un mes e pico dende a volta de Nadal terrible. Ademais Gelucho pode contar xa con Orlando que ben a fortalecer o cadro laranxa, procedente do Negreira, xa estivera no santa Comba do 2004 ao 2006.

Dumbría - Viveiro (3-0)

  • DUMBRÍA: Juan Purrúa, Iván (Denis, min.70), Tantán, Suso, Aarón, Iago, Schuster, Eloy (Martín Toja, min. 75), Piri (Albertiño, min.70), Luis e Adrián Mackaay (Cacho, min.70).
  • Goles: 1-0, min.1: Adrián Mackaay; 2-0, min.67: Adrián Mackaay de penalti; 3-0, min.87: Luisito.
Partido sen sobresaltos no Conco, sen demasiadas ocasións, pero sen perigo para os locais. I é que o partido comezaba co tanto de Adrián Mackaay, que serviu para encarrilar a vitoria. Dende o comezo levou o control do partido, e a defensa estivo perfecta, sen unha soa fisura. O propio Mackaay tivo unha que se lle escapou cando marcha só, pero foi el mesmo quen sentenciou de penalto no ecuador da segunda. O Viveiro o intentaba tocando o balón, pero sen mordiente, e o Dumbría, moi serio en defensa, matou o partido xa contra o final.

Bertamiráns - Soneira (2-2)

  • SONEIRA: Jose Ángel (Durán, min.55), Pichi, Ferreiro, Pablo, Kike (Roi, min.85), Santi, Javi, Michel, Iago (Mayor, min.65), Brais e Vía Rápida.
  • Goles: 0-1, min.18: Iago; 0-2, min.30: Vía Rápida; 1-2, min.56: Pablo en p.p; 2-2, min,69: Javi en p.p.
  • Lesión: José Ángel cun golpe no nocello e un golpe forte na cabeza.
Un punto importante dos de Miguel nun campo difícil, pero as novas non son moi positivas. Ademais de teren marcado os 4 goles os soneiráns, levan unha lesión grave moi importante. O porteiro José Ángel, únese á baixa do titular Fran, lesionado hai un par de semanas, co que os soneiráns xa se apresuraron en contactar co meta do Nantón, Martín. Empezou ben o Soneira levando as mellores ocasións que se materializaron cos dous goles iniciais. Pouco a pouco, o Bertamiráns foi amosando os dentes, e na segunda metade, e coa axuda da defensa soneirá, conseguiron empatar o partido. O seguinte partido co Ribadeo, partido chave para os de Miguel, equipo co que está empatado na táboa a 24 puntos, 5 por riba do descenso.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios