Bastante mala a xornada deste 12 e 13 e novembro de 2011 para os nosos na Preferente. E sen embargo non puido ser mellor a da 1ª, con doble e importantísima vitoria dos Cee e Ponteceso, que poden respirar con máis tranquilidade tras sendos partidos de garra. Parece que os novos adestradores están sentando ben.
Volvendo a Preferente só o Xallas sumou os 3 puntos mentres que os 3 equipos caeron.
A xornada na Liga da Costa chegaba coa atención fixada no encontro entre o líder e o 3º clasificado. Pero este Camariñas vai en serio, xa van 6 vitorias seguidas, e hoxe foi superior ao Muros, cun Leo espectacular que asinou un hat trick. O Club do Mar volvía gañar tras 3 xornadas sen facelo, e sacaba a rabia mallando na Esteirana. O Fisterra tamén asoma xa a cabeza ben arriba tras vencer ao Malpica noutro dos encontros importantes da xornada. Por abaixo, mentres o Pindo segue afundíndose, o Corcubión sumaba unha importante vitoria e se achega ao grupo de arriba.
Importantes resultados na 3ª, como a vitoria do Coristanco ante o Porteño, que o afianza no liderato. Non fallou o Outes nun encontro moi difícil ante o Volantes, pero si tropezou o Montelouro en Corcoesto, onde se deixou 2 puntos. Colócase agora 3º o Cabana tras vencer ao Independiente con comoidade. E queda aberta unha fenda entre o 4º, e o 5º, o Carnota, que hoxe descansaba. Cerqueda, Porteño e Volantes non se descolgan.