Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Ponteceso saca a cabeza pero o Cee afunde

1ª Autonómica: O Ponteceso saca a cabeza pero o Cee afunde

Boa vitoria do Ponteceso ante o Riveira, que saca ao equipo de Marco do pozo. Pola outra banda costeira, o Cee non acaba de superarse e volvía caer en Cariño ante unha acuciante falta de gol. Veremos se a volta progresiva de Llanero ao céspede serve para solventar eses problemas en ataque.

Ponteceso - Atl. Riveira (4-3)

  • Ponteceso: Norberto, Rubén, Fabián, David, Dani Pallas, Pitu (Pablo Vázauez, min.60), Carlos Mato (Diego, min.90), Mendieta (Tucho, min,.63), Luisete, Nando (Alex, min.70), Toniño (Adrián, min.81).
  • Goles: 1-0, min.21: Luisete a pase de Nando; 1-1, min.35; 2-1, min.,45: Luisete de penalti; 3-1, min.55: David; 4-1, min.65: Rubén; 4-2, min.75; 4-3, min.85.

Gran vitoria do Ponteceso neste debut de Marco como primeiro adestrador. E iso que o conxunto da Barbanza saíu de xeito arrollador e tiveron 20 minutos nos que os pontecesáns non puideron saír apenas do seu campo e Norberto tivo que sacar dous balóns claros. A partir dos primeiros 20 minutos o cadro local puido sacarse o dominio do Riveira e Luisete marcou a pase de Nando. Empataron pronto os visitantes, e Luisete viu como o porteiro do Riveira lle paraba unha pena máxima. Pero foron dous os penaltis que pitou o colexiado en menos de 10 minutos e ao fío do descanso Luisete non marraba a segunda oportunidade dende os 11 metros.

Na segunda saíu máis enchufado o Ponteceso e en 20 minutos case sentenciaba por medio de David e Rubén. Pero este Riveira, cun potencial tremendo, non deui o partido por perdido e veuse arriba ata estar a piques de remontar.

Cariño - Cee (2-1)

  • Cee: Parroto, Rubén (Fer, min.62), Jorge (Mario, min.83), Julio, Luís (Llanero, min.87), Fermín, Ángel, Diego, Nico, Victor, Tasky.
  • Goles: 1-0 min.35. 2-0, min.78; 2-1, min.85: Julio de falta.

Segue o Cee sen atopar solucións arriba. Foi este un mal partido dos ceenses que apenas tiraron un tiro entre os 3 paos, e só nos últimos minutos. O Cariño dominou boa parte do encontro e na primeira Parroto salvou os mobles en dúas ocasións. Na segunda metade, a saída de Fernando serviu para que os ceenses apretasen máis no medio campo, pero sen profundidade, sen claridade no último pase. Cando máis apretaban os ceenses chegou o segundo tanto dos locais sentenciando o partido. Así e todo, o Cee volcouse e marcou un tanto de falta e na última xogada do partido nin Taski nin Llanero, que voltaba ao céspede, non chegaron a un centro chut de Fer.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios