Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: O Dumbría B toma o relevo do Malpica

Xuvenil Norte: O Dumbría B toma o relevo do Malpica

Cambio de líder tras 12 xornadas. I é que o Camariñas foi quen de parar a un Malpica que non coñecía a derrota. Derrota que non perdoou o Dumbría B, que endosaba 8 ao Coristanco.

Por detrás destes dous equipazos segue o Baio, facendo moi ben as cousas, pero que esta fin de semana descansaba. Na loita polos postos de arriba estarán tamén o Ponteceso, que se mellorando, e o Camariñas, envalentonado con esta vitoria. Haberá que ver se Cabana ou Zas poden meterse aí.

Camariñas - Malpica (2-0)

  • Camariñas: Álvaro; Juanchi, Manuel, Diango, Bieito Villar, Gatusso, Javi, Saviola (Bieito Mas, min.80), José Carlos (Martín, min.60), Nené (Mariño, min.73) e Yuyo.
  • Malpica: Jesús, Quintas, (Martín Maradona, min.45), Jorge, (Pereira, min.45), Javier, Pepis, Joro, (Luísma, min.66), Juny, Eme, M. Uruguaio, Adra, Camilo, (Víctor Novo, min.66).
  • Goles: 1-0, min.25: Yuyo; 2-0; min.35: Nené.

O Malpica chegaba como lider invito despois de 11 xornadas imbatido a Camariñas, pero os da vila do Encaixe deixaron claro que se teñen o día poden facerlle frente a calquera, e estiveron moi acertados cara gol ademais de facer un despliegue de garra e entrega.

A primeira metade foi bastante igualada, cos visitantes tentando chegar por bandas coa velociade de Juni e Uru, e un Camariñas buscando un fútbol máis directo para a xente de arriba. Así chegaría o primeiro tanto, donde Yuyo queda diante do porteito e superao cunha bonita vaselina. Sen moito tempo para a reacción chegaría o segundo gol local, deste vez de Nené, que tras unha acción individual soltaba un latigazo ante o que nada puido facer o porteiro malpicán.

Tras o tempo de descanso cambiaron as cousas. Influenciados polo resultado, o Camariñas foi pouco a pouco meténdose atrás debido ao empuxe do Malpica, que conta arriba con todo un arsenal. Pero non conseguiu anotar o que chegaba de líder e tras varios intentos fallidos foi pouco a pouco víndose abaixo ante a falta de un pouco máis de sorte. Sorte que por fin da a cara ao Camariñas, xa que lle fora un pouco esquiva ata o momento.

Dumbría B - Coristanco (8-1)

  • Dumbría B: Aitor, Yerai, Roberto, Adrián, Isma, Toja, Josiño (Yerai), Pereira, Jesús (Iago), Rodrigo, Picallo.
  • Coristanco: Nacho, Cristian (Corral), Pichel, Varela, Martínez, Gonzalo, Rubén (Cristian infantil), Dani, Naya, Federico, Iván (Mosquera).
  • Goles: 0-1, min.1: Iván por parte visitante; Goles dumbrieses: Rodrigo (3), Picallo (3), Jesús e Josiño.

Pouco puido facer o Coristanco de Lorenzo para parar a maquinaria dos de Ángel López Canosa. Ademais os coristanqueses chegaban con 13 rapaces entre eles un infantil. E iso que se puxeron por diante pero ao descanso xa o marcador sinalaba un claro 4-1.

Laxe - Ponteceso (0-5)

  • Laxe: Anxo (Dai Ortiz, min.70), Diego, Roberto, Nucho, Mosqueira, Xabi (Cuco, min.75), Rellán, Manu, Djamel, Adrián Suárez (Carril, min.60), Adrián Lema (Adelantado, min.65).
  • Ponteceso: Xurxo, Dani Valle (Iago, min.65), Guille, Fabián, Diego, Dani Cotelo (Jonhie, min.60), Borja (Mendieta, min.65), Cristian, Puente (Josehp, min.60), Jorge (Eloy Campo, min.70), Alberto.
  • Goles: 0-1, min.44: Cristian a pase de Borja; 0-2, min.50: Jorge; 0-3, min.65: Cristian; 0-4, min.67: Jorge; 0-5, min.75: Eloy Campo.

Aguantou o Laxe a primeira metade e só recibiu un tanto, que foi clave, ao fío descanso. Foi o Ponteceso o que levou o peso do partido en todo momento, pero a boa actuación do ex porteiro pontecesán Anxo na meta laxense foi clave para manter o 0-0 durante 44 minutos. De feito, Anxo desbaratou boas ocasións de Jorge nun man a man e un tiro de Puente. O Laxe intentaba combinar e entrar polas bandas pero faltou remate arriba.

Na segunda, o baixón físico dos locais e o acerto arriba dos de Mato e Marco foron claves.

Corme - Muxía (1-0)

  • Corme: Javi, Alejo, Alberto, Koeman, Iván, Lesi, Antonio, Fran, Dani, Brais e Eloy. Tamén xogaron: Sergio, Dani Chans, Alejandro e Pejo.
  • Muxía: Cristian, Santi, Antonio, Fran, Fabián, Julián, José Ramón, Carlos, Gerardo, Felipe, Sergio. Tamén xogaron Juan Antonio e Andrés
  • Gol: 1-0, min.25: Juanma a porta baleira a pase de Fran que recuperou un balón que parecía perdido ante a pasividade da defensa muxiá.

Partido moi apretado que puido gañar calquera pero que quedou nas mans visitantes. I é que parece que a chegada de Alejo ao banco está a dar máis intensidade aos cormeláns. O único tanto do partido chegaba nunha xogada estrana na que Fran correu 40 metros cando o balón parecía que marchaba fóra, pero ante a pasividade da defensa adestrouse na área e cedeu para que Juanma marcase a porta baleira.

Na segunda o Muxía estirou filas e puido empatar. De feito, no último minuto Fabián puido asinar o empate pero o seu remate marchou ás mans de Javi.

Zas - Cabana (2-3)

  • Zas: Tívoli, Adri, Amado, Pablo, Helder, Ramón, Rony, Óscar, Josito, Isma, Víctor, Esteban (Pablo), Tomás.
  • Cabana: Sergio, Valiña (Raúl), Pazos (Manu), Álex, Dan, Pablo (Samu), Aless (Cristian), Stefan, Rubén (Alex), Miki, Iván.
  • Goles: 0-1, min.15: Aless; 0-2, min.25: Iván; 1-2, min.55: Isma; 2-2, min.65: Rony, un golazo de falta; 2-3, min.94: Miki dende lonxe.

Partido bonito, deportivo, e con alternativas que puido caer para calquera lado. Pero acabou do bando cabanés cun gol de Miki xa pasados os 90 regulamentarios. Comezou o Cabana máis metido no partido e marcando por partida doble, de xeito que oas 25 minutos xa ían 0-2.

Pero non se rendiron os de Severino, que contaban coa baixa do porteiro titular Miki que tiña xornada de tenis de mesa, pero que puideron aliñar a Rony que volvía tras unha lesión, e marcou como mellor sabe, de falta. Era o gol do empate tras o tanto de Isma a volta do descanso. E cando todo parecía que remataría nun xusto empate, Miki, dende case 40 metros, facía o 2-3 que deixa ao Cabana un punto por diante do Zas.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios