Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: Frenazo fisterrán

Xuvenil Sur: Frenazo fisterrán
8ª xornada do Gr.3 da Liga Xuvenil e o Cee de José Carlos perdeu os dous primeiros puntos da temporada. Nun auténtico partidazo intenso e con afección, o Fisterra conseguiu prantarlle cara e xogar de ti a ti aos ceenses. Por detrás, a 5 puntos, chega forte o Santa Comba, que vencía ante o Outes, que comezou moi ben a liga pero que parece que se desinfla. Así, Fisterra, Soneira e Outes chegan a tan só 2 puntos dos xalleiros e non porán nada fácil nin a Liga nin os 4 primeiros postos.

Cee - Fisterra (2-2)

  • CEE: Chiru, Iván, José Ramon, Iago (Cibrán), Tonecho, Aitor (Jesús), Tebo, Carlos (Uri), Sergiño, Rubén, Pablo e Chiru.
  • FISTERRA: Ángel, Roberto, Gonzalo, Noé, Cote, Rubén, Gabriel (J. Manuel, min.97), Champi (Suárez, min.40), Manuel (Javi, min.70), Hidalgo e Bruno (Miguel, min.90).
  • Goles: 0-1, min.15: Noé tras un saque de banda; 0-2, min.35: Manuel de penalti; 1-2, min.55: José Ramón; 2-2, min.75: Pablo.
  • Expulsión: o ceense Tonecho no min.55.
  • Ambiente: O encontro, como toda a xornada, estivo marcada pola evolución do xogador do Pereiriña Gabri. Os xogadores ceenses quixeron renderlle homenaxe deste xeito.
Partidazo intenso e competido en San Pedro de Refoxos que volveu rexistrar unha grandísima entrada de case 300 persoas, boa parte chegadas da vila do Cristo. O encontro disputábase o domingo tras unhapetición fisterrá á que accederon ceenses, e ao final, tras unha parte para cada un, o resultado final foi un empate que pareceu xusto. Adiantábase o Fisterra antes do descanso cun 0-2 tras un primeiro tempo no que dominou completamente, con Hidalgo e Bruno no medio e gran profundidade polas bandas. Iso si, houbo pouco toque en ataque e dúas defensas moi serias. En fronte estaba Cee que non saíu metido no partido, pero reaccionou a tempo. Na segunda parte o Cee saíu a por todas E mesmo con 10 colleron o partido polos cornos, máis con corazón que cabeza e con boa preparación físico. Ata o primeiro tanto do Cee, por medio de José Ramón, o Fisterra estivo firme pero despois sufríu para aguantar as embestidas ceenses. Así e todo Pablo non conseguíu empatar ata pasados varios minutos do tempo cumplido. Por certo, que o árbitro estivo mal para todos, xa que segundo gol puido ser en fóra de xogo pero o penalti para o Fisterra parece que tampouco foi e os ceenses pediron un ao seu favor.

Corcubión - Muros (7-1)

  • CORCUBIÓN: Abe, Iván, Pablo, Toni, Adrián, Sergio, David, Javi (Martín min.80), Lema, Manu (Mario min.77) e Gabi (Chema min.56)
  • MUROS: Domingo (Miguel min.45), Samuel (Marcos min.45), Santiago (Iván Martinez), Iván, Javier García, Javier Carnota, Alberto (Sergio min.45), Jose Domingo, Adrian, Santiago Caamaño (Damian min.45) e Diego.
  • Goles: 1-0, min.5: Gabi; 2-0, min.15: Lema; 3-0, min,5: Gabi; 4-0, min.35: Manu; 5-0, min.55: David de penalti; 6-0, min.60: Manu; 6-1, min.65: Iván; 7-1, min.75: Iván.
  • Expulsión: o xogador do muros Javier Carnota por dobre cartón.
  • Lesión: Lema cunha tendinite e Manu cunha rotura de clavícula.
Partido facil para o Corcubión de Alfonso ante un rival que vai último nesta liga. Na primeria xogada do partido marca Gabi para os locais. Na primeira metade seguiron chegando goles por parte de Lema, Gabi outra vez e Manu. Na segunda metade, pitáronse 2 penaltis sobre os locais, un deles foi marcado por David, o outro fallouno o porteiro Abe, e outro gol de Manu xusto antes da segunda pena máxima. Chegaría o gol da honra para o Muros aos 20 minutos da segunda parte pero Iván de cabeza nun corner puxo o definitivo 7-1 no marcador. O Corcubión perde por lesión a Lema durante 2 meses por unha tendinitis crónica, a Manu 1 mes por unha rotura de clavícula por unha mala caída no penalti e Javi pendente de evolución cun golpe nunha man. Un Corcubión moi mermado para ir a Esteiro a vindeira fin de semana con que pode que so leve 11 xogadores pendentes da evolución das distintas lesións que teñen os seus xogadores.

Mazaricos - Dumbría A (2-1)

  • MAZARICOS: Rubén, Fran, Oreiro, Javier, Carballo, José Ángel, Ferreiro, Sandelo, Mario, Carreiriña (Álex, min.65), Molinos.
  • DUMBRÍA A: Chupi, Roi, Dito, Jose, Samuel, Israel, Blanco (Antón, min 71), Martín (David, min 75), Rafa, Javi (Damián, min 81), Marco.
  • Goles. 0-1, min.20: Rafa; 1-1, min.40: Sandelo; 2-1, min.80: Ferreiro de falta directa dende lonxe.
Xa lle facía falta unha vitoria aos xuvenís de Brais e Kevin, que aproveitaron a xuventude dos dumbrieses para conseguir a segunda da temporada. O balón estivo dende o principio en poder do bando local, pero foi Foi Rafa quen puxo por diante aos dumbrieses nunha boa contra. Molinos puido empatar pero Chupi reaccionou ben. Non estivo tan ben no gol antes do descanso de Sandelo nin no de Ferreiro xa contra o final, pois marcou de libre directo dende moi lonxe para asinar a vitoria.

Outes - Santa Comba (0-2)

  • OUTES: Jona, Sergi, Jurado, Pablo, Juan, Rubén, Babú, Nine, Edu, Oliver e Michi. Tamén xogaron Mosto, Abraham, Aless e Rafa.
  • SANTA COMBA: Pablo, Landeira, Dani Martínez (Tefi, min.80), Alberto, César, Diego Maneiro, Styven, Jordi (Josito, min.65), Miguel (Richi, min.75), Iván e Marquiños.
  • Goles: 0-1, min.43: Iván nunha acción de picardía; 0-2, min.65: Iván de vaselina tras un pase de Marquiños.
O Santa Comba soubo neutralizar a velocidade dos da Serra e levou o partido para o seu terreo. Ademais, Iván e Marquiños facía dano polas bandas aos locais. Pero o gol tardou en chegar, e ata ao fío do descanso Iván non rompeu a balanza malia ter xa algunha ocasión así como o seu compañeiro Marcos. Ese tanto foi clave para que a segunda metade o equipo de Huelvis controlase o partido mellor. Deu máis seguridade o segundo gol, e o Outes intentou apretar nos compases finais pero non puido superar ao meta Pablo.

Soneira - Esteirana (2-5)

  • SONEIRA: Juan, Suso, Pichón, Héctor, Curra, Cristian Canosa, Cristian Alvarez, Efrein (Angel, min.60), Toja, Picachu e Capote.
  • ESTEIRANA: Matías, Meco, Eloy, Diego (Djamber), Ángel (Caramés), Javi Paluca, Jacobo, Agustín, Adrián (Pablo), Bruno, David.
  • Goles: 0-1, min.20: Bruno; 0-2, min.30: Adrián; 1-2, min.40: Toja, de falta directa; 1-3, min.60: Agustín; 2-3, min.65: Capote; 2-4, min.70: Adrián; 2-5, min.85: Javi Paluca.
Dado a coincidencia co partido do Soneira B, o filial viaxou moi mercado a Esteiro, con tan só 12 xogadores e baixas importantes. Ademais, cambioulle o chip aos cativos muradáns o novo adestrador, Diego (Uru tivo que deixalo por problemas laborais) e parece que a reacción foi tremenda por parte dos rapaces. Dominou o primeiro tempo o conxunto muradán, e xa se puxeron por diante con 2-0 en media hora. Pero reaccionou o Soneira e recurtou antes do descanso, e apretaron durante outra media hora. Pero o terceiro gol esteirán, cando mellor estaba o Soneira matou aos vimianceses, que deron o encontro por perdido.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios