Bastante mala a xornada deste 12 e 13 e novembro de 2011 para os nosos na Preferente. E sen embargo non puido ser mellor a da 1ª, con doble e importantísima vitoria dos Cee e Ponteceso, que poden respirar con máis tranquilidade tras sendos partidos de garra. Parece que os novos adestradores están sentando ben.
Volvendo a Preferente só o Xallas sumou os 3 puntos mentres que os 3 equipos caeron.
A xornada na Liga da Costa chegaba coa atención fixada no encontro entre o líder e o 3º clasificado. Pero este Camariñas vai en serio, xa van 6 vitorias seguidas, e hoxe foi superior ao Muros, cun Leo espectacular que asinou un hat trick. O Club do Mar volvía gañar tras 3 xornadas sen facelo, e sacaba a rabia mallando na Esteirana. O Fisterra tamén asoma xa a cabeza ben arriba tras vencer ao Malpica noutro dos encontros importantes da xornada.
Por abaixo, mentres o Pindo segue afundíndose, o Corcubión sumaba unha importante vitoria e se achega ao grupo de arriba.
Importantes resultados na 3ª, como a vitoria do Coristanco ante o Porteño, que o afianza no liderato. Non fallou o Outes nun encontro moi difícil ante o Volantes, pero si tropezou o Montelouro en Corcoesto, onde se deixou 2 puntos. Colócase agora 3º o Cabana tras vencer ao Independiente con comoidade. E queda aberta unha fenda entre o 4º, e o 5º, o Carnota, que hoxe descansaba. Cerqueda, Porteño e Volantes non se descolgan.
Preferente, xornada 12
| Xallas | 4-2 | Ribadeo |
| Dumbría | 1-4 | Bertamiráns |
| Unión | 2-0 | Soneira |
Chantada | 2-1 | Santa Comba |
1ª Autonómica, xornada 11
| Silva | 1-3 | Ponteceso |
| Cee | 3-2 | Perlío |
2ª Autonómica, xornada 11
| Club do Mar | 7-2 | Esteirana |
| Malpica | 1-3 | Fisterra |
| Corme | 1-0 | Dumbría B |
| Sofán | 2-2 | Zas |
| Baio | 4-0 | San Lorenzo |
| O Pindo | 2-6 | Mazaricos |
| Corcubión | 1-0 | Nantón |
| Buño | 1-1 | Castriz |
| Camariñas | 3-1 | Muros |
3ª Autonómica, xornada 14
| Porteño | 0-1 | Coristanco |
| Cerqueda | 5-0 | Muxía |
| Camelle | 2-1 | Lira |
| Soneira B | 1-2 | Xaviña |
| Fisterra B | 4-2 | Laxe |
| Alcaián | 1-3 | Atl. Pereiriña |
| Outes | 2-1 | Volantes |
| Corcoesto | 2-2 | Montelouro |
| Indep. Carballo | 0-3 | Cabana |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 9
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 9
| Esteirana | 3-3 | Corcubión |
| Muros | 2-7 | Mazaricos |
| Dumbría | 0-3 | Cee |
| Fisterra | 6-0 | Outes |
| Santa Comba | 0-1 | Soneira |
Liga Xuvenil Norte, Gr4, xornada 13
| Ponteceso | 7-1 | Corme |
| Coristanco | 2-3 | Camariñas |
| Malpica | 5-0 | Laxe |
| Muxía | 1-4 | Zas |
| Cabana | 0-5 | Baio |
División Honra Cadete, xornada 9
2ª Cadete, xornada 11
| Fisterra | 1-2 | Ponteceso |
| Esteirana | 14-0 | Muxía |
| Coristanco | 2-4 | Malpica |
| Dumbría | 15-0 | Zas |
| Porteño | 1-4 | Camariñas |
| Soneira | 2-1 | Muros |
| Santa Comba | 2-1 | Cee |
| Baio | 6-1 | Outes |
2ª Infantil, xornada 11
| Coristanco | 3-4 | Esteirana |
| Fisterra | 2-1 | Con. de Carnota |
| Cabana | 7-2 | Corme |
| Outes | 0-8 | Dumbría |
| Muxía | 1-2 | Baio |
| Ponteceso | 10-2 | As Baleas |
| Santa Comba | 1-1 | Cee |
Ligas de Veteranos, xornada 10
1ª División
| Bértoa | 0-2 | Vimianzo |
| Ponteceso | 2-1 | Camariñas |
| San Román | 1-1 | Xv. Bergantiños |
| Zas | 1-0 | Castriz |
| San Lorenzo | 2-2 | Baio |
| Corcubión | 5-2 | Bergantiños |
| Buño | 0-3 | Cabana |
2ª División
| Porteño | 1-2 | Muros |
| Soneira | 8-0 | Dep. Carballo |
| Cerqueda | 1-3 | At. Milagrosa |
| Agualada | 1-1 | Leiloio |
| Camelle | 1-2 | Malpica |
| Club do Mar | 2-5 | Corcoesto |
| Coristanco | 5-0 | Corme |
Novas relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).