Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: Sumou o que máis o necesitaba

Preferente: Sumou o que máis o necesitaba

3 puntos os que levou este novo Soneira para o peto esta fin de semana. Nunha semana non moi positiva para os cadros costeiros pois se ben o Santa Comba deixaba escapar 2 puntos de Fontenla, Dumbría e Xallas sufrían claras derrotas.

Soneira - Boiro (3-2)

  • Soneira: Fran, Ferreiro, Fran de Urroa, Vecino, Pablo, Santi, Víctor García, Míchel, Quique (Jorge Vigo, min.85), Via (Mayor, min.91) e Iago (Mauro, min.57).
  • Goles: 1-0, min.20: Vía Rápida; 1-1, min.34; 1-2, min.38; 2-2, min.45+1: Míchel, de penalti; 3-2, min.73: Mauro.

Gran partido o visto no Municipal de Vimianzo entre dous equipos que distan na táboa clasificatoria, pero iso non se reflexou no terreo de xogo. Os visitantes deron razóns de por que están tan arriba, mentres que os locais demostraron que xogando a intensidade que o fixeron onte poden saír dos postos de perigo rapidamente.

Comezaron moi ben as cousas para os xogadores dirixidos agora por Miguel Figueiras, Vía marcaba un gran gol e poñía a tranquilidade nas gradas vimiancesas. Os visitantes cun plantel moi xoven e fieis ao seu estilo de xogo de toque durante os 90 minutos non deron o partido por perdido en ningún momento e a media hora atopáronse cunha pena máxima provocada por Fran de Urroa. O meta Fran cunha gran intervención desviou o balón a córner, corría o minuto 33, pero tan só lle durou a alegría aos locais un minuto, pois na seguinte xogada unha gran combinación dos de Boiro supuxo o empate e pouco despois o 1-2. Foron uns minutos nos que os locais se descentraron e os visitantes plasmaron sobre o campo que son un equipo que aspira a estar moi arriba practicando un fútbol de toque, pero ao mesmo tempo vertical e con chegada. A xogada posiblemente decisiva do encontro estivo xusto antes do descanso, unha xogada sen aparente perigo para os de Boiro acabou nunha pena máxima moi ben buscada por Iago e moi protestada pola parroquia visitante. Míchel axustou ben ao pau o seu lanzamento e fixo inútil a estirada do porteiro.

O gol antes do descanso que sempre se di que son psicolóxicos esta vez parece que se aplicou a máxima, pois na segunda metade os brancos foron donos e señores do encontro parecendo que os de Boiro non se deron recuperado do mazazo. Os pupilos de Miguel pasaron a marcar os tempos do encontro e evitar pasar perigos en defensa aplicándose moi duramente ne defensa e dende Vía ata a defensa fixeron unha presión asfixiante que impedían que os visitantes puideran circular o balón con comodidade. No minuto 72 Mauro enganchou unha volea na frontal da área e o balón que se colaba por toda a escadra foi milagrosamente desviado a córner polo porteiro. Quique saca o córner moi pechado e tras varios rexeites o balón cáelle a Mauro en liña de gol para provocar a loucura nos seareiros locais. Dous minutos despois Míchel tivo nas súas botas a sentencia, pero o seu maxistral lanzamento de falta, cantándose o gol antes de entrar, foi detido polo porteiro indo o balón ao longueiro e logo quedando o rexeite para Santi que con toda a porta libre lanzou alto. Non chegou a reacción dos de Boiro e mesmo puideron marcar o terceiro por medio de Jorge Vigo xa en tempo de desconto, tras unha xogada por banda de Mayor que cedeu a trás para que a o bocajarro o porteiro volverá a demostrar a súa categoría, xusto antes do pitido final foi Mayor que volveu a entrar por banda esquerda, pero esta vez lanzou el e o seu balón foise a rentes do pau. Tres puntos vitais para o Soneira que o sacan dos postos de descenso.

Narón - Dumbría (2-1)

  • Dumbría: Purrúa, Poyo (Luis, min 46), Iván Pequeño, Tantán, Suso, Schuster, Aarón López, Alberto (Adrián Mackaay, min.46),Toni (Eloy, min 80), Iago, Cacho.
  • Goles: 1-0, min.2; 2-0, min.15; 2-1, min.65: Adrián Mackaay de penalti.

O cadro ferrolán demostrou por que está na segunda posición da táboa e dominou, sobre todo os primeiros 45 minutos. Os de Canosa non puideron aguantar e xa aos 2 minutos os ferroláns se adiantaban para aumentar a renda no minuto 15. Pouco a pouco o Dumbría foi subindo filas, e Toni puido recurtar ao fío do descanso.

No segundo o tempo, o Narón non descuidou o balón se ben Adrián Mackaay recurtou, e tivo nas súas botas un empate que nunca chegou.

Bertamiráns - Xallas (3-0)

  • Xallas: Cheli, Iván Forján (Álvaro, min.80), Isma (Ricardo, min.46), Rubio, Becerra, Rubén Forján (Adrián Prol, min.65), Brais (Iván Amor, min.65), Barreiro, Alexandre (Álvaro Cancela, min.70), Luís, Adrián Beiroa.

Mala a xeira de resultados do Xallas nestas últimas semanas. Os de Iván Cancela non puideron sumar nada positivo e viron como en 5 minutos antes do descanso e outros 5 á volta dos vestiarios, foron claves para o devir do encontro. Os 3 tantos chegaron entre o minuto 35 e o 50.

Santa Comba - O Val (3-3)

  • Santa Comba: Diego, Doro, Angelo, Oscar (José Ángel, min.80), Amoedo, Jota (David Blanco, min.60), Colón (Chinda, min.65), Julián, Toni, Pablo Baña e Noli.
  • Goles: 1-0, min.10: Julián; 2-0, min.25: Pablo Baña; 2-1, min.35; 2-2, min,50; 62, min.65: David Blanco; 3-3,m in.75.

Dous puntos escapáronselle aos de Gelucho ante un O Val que nunca deu o partido por perdido e que pelexou ata o último minuto. Pero os laranxas demostraron a súa superioridade sobre todos nos primeiros compases onde Julián e Pablo Baña puxeron vantaxe no marcador. Pero un par de despistes meteu ao cadro visitante no partido, e o gol de David Blanco, un revulsivo en Fontenla, non foi suficiente, pois a falta de 15 para o final o Val conseguiu marcar un empate que os xalleiros non puideron romper nuns últimos minutos de asedio.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios