Última fin de semana de febreiro e de novo 64 partidos en liza no #futboldacosta. Saben que teñen todas as táboas de resultados e clasificacións en www.futbodacosta.com, mentres que en QPC Deportes analizamos a fin de semana e mañá traeremos as crónicas partido a partido.
E comezamos a análise da xornada pola Preferente con resultados dispares. As malas novas chegaban dende Dumbría, pois o cadro de Canosa non podía cun Taboada moi serio. Si que sumou o Xallas de Santa Comba e nun partido clave ante un Laracha que queda agora 1 punto por debaixo. Os de Corredoira vencía por 1-0 con gol de Pablo Baña e quedan 4º, agora con 5 puntos sobre os dumbrieses, pero aínda lonxe do trío de cabeza. E completou a tarde a gran vitoria do Soneira en Vimianzo ante todo un Grixoa, con gol de Richi que aos seus sós 17 anos se consagra na categoría, conseguindo ademais 3 puntos importantísimos e que cortan unha mala racha dos de Candamo.
En 1ª, frouxo balance para os nosos, pero é que a xornada viña complicada. Por arriba, o Malpica prantou cara a todo un líder, pero o Estudiantil acabou levando os 3 puntos de Pedra Queimada, deixando ao cadro de Baña na 7ª praza. Por abaixo as cousas non se solventaron esta xornada. O Fisterra comezaba onte un empate ante o Unión, que lle vale para manter a 11ª praza. O Camariñas tamén sumaba, un punto e ante un Bertamiráns B moi forte. Pero o que parece máis atenazado, o Ponteceso, volvía de baleiro ante un Amio ao que ademais permite escapar.
A xornada na 2ª Autonómica deixa á Esteirana máis líder. Os de Marcelo mallaron nun desquiciado Dumbría B e xa aos 20 minuto o marcador sinalaba un claro 0-3. Queda agora o Baio a 5 puntos tralo seu tropezo en Verdillo, ante un sempre serio San Lorenzo. O Cee pégase de novo a 1 punto dos baieses tras vencer ao Muros. Por abaixo, foi clave a vitoria do Outes ao Montelouro. Os loureáns quedan afundidos na penultima praza, a 6 da teórica salvación e cunha xeira de resultados terrible con só 3 puntos nos últimos 16 partidos. Queda agora o Mazaricos (que adicaba o partido ao lesionado Kevin), tras non poder sacar nada dun Cubaleiro onde o Corcubión case certificou a súa permanencia e xa se coloca na 8ª praza, o que queda nesa perigosa 16ª praza que pode sufrir os arrastres da 1ª. O Cabana caía onte ante o Corme e tamén segue en zona de perigo.
Na 3ª, non fallaron os de arriba. Se o Camelle sumaba os puntos do filial fisterrán, Independiente e Porteño solventaron as súas papeletas. E non o tiveron fáciles. O IDC tivo que remontar o 1-0 do Lira mentres que o Porteño rompía por fin un terrible comezo de ano. E pagou os pratos rotos o Alcaián que levou un set no peto. Os camelláns superan en 3 e 3 puntos a carballeses de os da Ponte, pero cun partido máis que ambos. Na loita pola promoción, o Laxe daba a relativa sorpresa da xornada ao vencer ao Soneira B, meténdose xa na 6ª praza, agora a só 4 puntos de soneiráns e do Cerqueda, que voltaba de Cee cun arduo empate acadado ante un Ameixenda que está a 5 puntos. Baixa o Muxía lixeiramente tras non pasar do empate ante o Castrelo, que sumaba o seu 7º punto; e baixa tamén o Baíñas que non pasaba do empate ante o Corcoesto, quedando os dous equipos a 4 do Laxe. En Nantón o cadro cabanés podía adicar a vitoria a Díaz Lema, home de clube que falecía a pasada semana e que o campo cabanés lle rendía hoxe unha emotiva homenaxe.
En Xuvenís, o Cabana destácase mentres que a segunda praza que dá acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega cada día está máis bregada. Os cabaneses superaban a un Fisterra que parece ter baixado os brazos, e sacan 4 puntos ao Xallas de Santa Comba. Un cadro xalleiro que non pasaba do empate ante o Malpica, mentres que o Dumbría superaba con claridade a un Ponteceso xa sen ilusión. Os dumbrieses quedan a 1 só do XSC e os malpicáns a 3. Na Copa, o Outes segue intratable e vencía ao Baio. mentres o Muros parece que non levanta cabeza, aínda que o Muxía non estea moito mellor. No outro Grupo a loita por evitar a praza de descarte parece polo menos intensa. Onte o Mazaricos vencía en Vimianzo e deixaba ao Soneira último 2 puntos por debaixo.
Nas Ligas Galegas moi mala xornada para os nosos. 3 derrotas e un só empate, o dun Bergantiños que xa case non ten nada que facer na Liga polo Título de infantís. Mentres, o Dumbría caía na Liguilla por evitar o descenso pero mantén intactas as súas opcións de salvación. En Cadetes, o Dumbría sufría unha dolora derrota ante o seu antecesor, un Santiago de Compostela que escapa a 8 puntos, e ademais o Ural alcanza aos de Lobelos e Leis na última praza de ascenso.
Preferente, xornada 26
Dumbría
0-1
Taboada
Soneira
1-0
Grixoa
Xallas StComba
1-0
Laracha
1ª Autonómica, xornada 24
Fisterra
1-1
Unión
Amio
2-0
Ponteceso
Bertamiráns B
0-0
Camariñas
Malpica
1-2
Estudiantil
2ª Autonómica, xornada 24
Cabana
1-2
Corme
San Lorenzo
2-2
Baio
Cee
3-0
Muros
Corcubión
1-0
Mazaricos
Volantes
1-1
Sofán
Buño
3-1
Zas
Outes
3-0
Montelouro
Castriz
1-1
Carnota
Dumbría B
0-5
Esteirana
3ª Autonómica, xornada 24
Soneira B
1-2
Laxe
Ameixenda
0-0
Cerqueda
Castrelo
1-1
Muxía
Lira
1-3
Indep. Carballo
Baíñas
2-2
Corcoesto
Nantón
2-0
Xaviña
Porteño
6-1
Alcaián
Descansa Coristanco.
Camelle-Fisterra B (0-2).
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 6
Cabana
4-1
Fisterra
Malpica
1-1
Xallas StComba
Ponteceso
0-5
Dumbría
Liguilla da Copa da Costa, Gr. 1, xornada 6
Camariñas
3-0
Muros
Outes
4-2
Baio
Laxe
8-0
Muxía
Liguilla da Copa da Costa, Gr. 2, xornada 6
Corme
1-5
Cee
Soneira
1-3
Mazaricos
Esteirana
0-0
Coristanco
Liga Galega Cadete, xornada 23
Dumbría
1-2
S.de Compostela
S.D. Compostela
1-0
Bergantiños
Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 3
Bergantiños
1-1
Boiro
Liga Galega Infantil, Playoff de Descenso, Norte B, xornada 3