Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Aprétase a cousa por arriba e por abaixo

Xuvenís: Aprétase a cousa por arriba e por abaixo

Máis apretada queda a cousa trala 5ª xornada na Liga Previa á Fase de Ascenso e na Copa da Costa Xuvenil. I é que houbo enfrontamentos directos por arriba na Liga, e por abaixo na Copa.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5

Xornada importante esta a 5ª que deixa ao Cabana só en solitario arriba tras afundir a un Ponteceso ao que lle chegou a Liguilla no peor momento da temporada. Un partido, por certo, tremendamente disputado e que puido caer de calquera lado, o que dá conta, vendo a táboa (Cabana con 12 puntos e Ponteceso con 1) da igualdade desta Liguilla.
Por detrás queda o Xallas de Santa de Comba que case que puido sentenciar a Liga, pero que se deixou sorprender na segunda metade polo Fisterra apretando moito as cousas.

I é que o Malpica, que viña de frear ao XSC na xornada aprazada, non estivo ben e caía ante o Dumbría, perdendo unha oportunidade de meterse entre os dous de arriba. Agora malpicáns e dumbrieses quedan a 5 do Cabana e 3 do XSC.

Malpica - Dumbría (1-2)

Dumbria Juvenil en Pedra Queimada-Foto- Luis E Porto
  • MALPICA: Jesús, Víctor Novo (David, min.88), Canario, Lexi (Steven, min.85), Joro, Eme, Guille (Aitor, min.58), Diego, Almeida (Alberto, min.65), Martín Maradona, Pitís.
  • DUMBRÍA: José María, Roi (Maikel Mouzo, min.66), Denís, Cabana, José, Adrián, Samuel (Dito, min.78), Miki, Javi, Israel (Lucas, min.74), Martín, (Kevin, min.66).
  • Goles: 0-1, min.35: Javi de falta pola escuadra; 1-1, min.44: Martín Maradona de punteirazo pola escuadra; 1-2, min.70: José a centro de Samuel.

Gran vitoria do Dumbría que o mete de novo na loita por entrar na Fase de Ascenso. E iso que o Malpica viña de vencer ao Xallas de Santa Comba no encontro aprazado da xornada 1 e viña destacado e puideron ter case que sentenciado o seu pase. Pero os dumbrieses foron mellores, tiveron o control do balón e as mellores ocasións. De feito, o Malpica apenas tirou un par de veces a gol, no último treito da primeira metade, cando estaban mellor os malpicáns.

Pero os dumbrieses, que se adiantaron por medio de Javi, tiveron que superar o gol ao fío do descanso de Martín Maradona, xa habitual cos maiores da 1ª Autonómica. Pero na segunda, o Dumbría buscou a meta rival. Martín e Israel probaron a Jesús e foi José tras unha internada de Samuel o que asinaría o tanto da vitoria.

Ponteceso - Cabana (2-3)

  • PONTECESO: Xurxo, Dani Valle (Fabián, min.40), Lorenzo, Diego, Joseph (Cristian, min.75), Dani Cotelo (Iago de Brantuas, min.60), Alberto Recarey, Bieito, Iago de Baíñas, Borja, Brais.
  • CABANA: Sergio Aranzubia, Dani, Laik, Jonatan, Duda (Rayón), Alex Mato, Naka, Moreno, Alex Fraga, Iván Mato e Aless.
  • Goles: 0-1, min.15: Moreno; 0-2, min.30: Iván Mato; 1-2, min.55: Recarey de falta directa; 2-2, min.70: Iago de Brantuas nun tiro dende fóra da área pegado ao pao; 2-3, min.85: Aless.
  • Expulsión: o pontecesáns Cristian.

Bonito partido, cheo de futbol e de ocasións de gol o que se viveu no Pinguel, entre dous equipos que atesouran moi bos xogadores de futuro, e que buscan formar xogando. Foi fiel o Ponteceso ao seu xogo e saíu mandando, mantendo o control do balón e tendo a iniciativa. Sen embargo foi o Cabana quen se adiantaría nunha das súas letais contras por medio de Diego Moreno. Non lle sentou moi ben ao equipo da Terra de Pondal que pouco despois encaixaba outro tanto obra de Iván Mato.

E non lle saía nada ao Ponteceso, que non merecía ese resultado. e mesmo Recarey fallaba un penalti que detiña Sergio Aranzubía. Pero iso despois de que el mesmo marcara cunha fermosa falta, xa na segunda metade e cun Ponteceso que cambiara o rumbo do partido. Tiraron de rabia e forza os de Mato e Tucho e conseguían empatar nunha gran segunda metade.

Estaba o partido impresionante, e podía caer de calquera lado, pero unha bonita xogada de Aless dáballe unha vitoria aos de Carracedo que os mete no máis alto da táboa en solitario, e polo de agora, como favorito a entrar na Fase de Ascenso á Liga galega.

Xallas StComba - Fisterra (2-2)

  • XSC: Iván Couto, Dani Martínez, Josito (Tefi, min.75), Miguel, Diego Maneiro (Styven, min.75), Cristian, Fabián (Jordi, min.60), Landeira, Iván Pastoriza, Sergio Barbeira.
  • FISTERRA: Ángel, Javi (Cartamil, min.46), Rubén, Antonio (Josema, min.70), Suárez (Moisés, min.75), Noé (Carlos, min.55), Adrián (Gabriel, min.46), Hidalgo, Cote, Manute, Bruno.
  • Goles: 1-0, min.5: Iván Pastoriza; 2-0, min.10: Pablo Landeira; 2-1, min.55: Cote tras un corner; 2-2, min.70: Manute.

Partido bonito, limpo e ben dirixido en Fontenla entre dous moi bos equipos. Comezaba mandando o Xallas de Santa Comba de Rafa ante un Fisterra que parecía de resaca tralo vivido con protagonismo Entroido. E en apenas 10 minutos Iván Pastoriza e Pablo Landeira xa adiantaran aos locais. E puideron sentenciar na primeira metade os xalleiros, pero a boa actuación de Ángel e o desacerto cara gol evitaron unha renda máis alta que deixou vivo aos de Falito, o segundo de abordo (nunca mellor dito dada a súa dedicación ao mar) que tomaba o mando ante a falta de Nando por motivos laborais.

E o Fisterra reaccionou cos cambios tralo descanso, e tirou de brega. Foi moi superior neste segundo tempo o cadro fisterrán. Cote pronto recurtaba a saída dun córner e Manute facía o empate cando aínda quedaba tempo. Ata pediron un penalti os visitantes que tamén tiveron ocasións nas mesmas botas de Cote e Manute para asinar a remontada.

Pero non chegou o gol fisterrán e a piques estivo de chegar o xalleiro, nunha contra xa no final na que Styven quedou só conÁngel que salvou in extremis.

Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 5

Choque Xuvenil entre Camariñas e Baio-Foto- Santi Diaz

Sorprendeu o Camariñas ao Baio, o gran favorito deste grupo, e os Leóns se colocan a 5 puntos dos baieses e do Outes, que tamén se amosaron implacables ante o Laxe. I é que o partido en Camariñas foi moi disputado. Non conseguían os baieses chegar a liña de fondo e Sergi adiantaba aos locais. Pero pouco lle durou a alegría aos camariñáns, e nun desentendido entre o porteiro e un defensa acabaría entrando o balón na súa propia porta. Aínda así o árbitro considerou que o gol fora de Christian Ordóñez, que "estorbou" na área local. Uns minutos despois sería Christian Pazos Lema quen poñía aos de Emilio por diante logo de que o balón tocase no pau e se introducise na portería. Os Leons Camariñas puideron empatar o encontro antes do descanso, pero non chegaría este empate ata a segunda metade, nunha boa xogada do capitán Martín que puxo o gol en bandexa para que un dianteiro a metese dentro. E por se non fora pouco pau para Baio, Sergi volvía a pór por diante aos da terra do encaixe, poñendo o 3-2 final. O Baio intentou o empate, e foi Xoel quen tería as ocasións máis claras en dous mans a mans que venceu J.Luís.

Iso si, o partido máis importante da xornada disputouse en Miraflores. I é que nesta insulsa liga importa máis o que aconteza por abaixo que por arriba, pois só quedará un equipo sen clasificar. Neste momento é o Muros o que queda pechacancelas con 1 só punto tras caer ante o Muxía por 2-3, no que supuña ademais os primeiros 3 puntos para os muxiáns.

Xuvenil Camarinas-Baio-Foto- Santi Diaz

Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 5

A zona baixa do Grupo 2 tamén queda convulsa. Mazaricos, Soneira e Esteirana parece que se xogarán ese posto de sobra, unha vez que o Corme parece ter espertado, como demostra a vitoria por 4-2 ante a Esteirana. De feito os cormeláns están a puntos cun Cee que recuperou a intensidade e vencían en Mazaricos. E o facían de novo cun nome propio, Mario, que se a semana pasada lle facía 5 á Esteirana, esta asinaba os 3 goles da vitoria ante un cadro amarelo que se adiantara por medio de Cristian.

O Coristanco segue líder pero o sábado cedía o seu primeiro empate da liguilla. O equipo de Rochi, que está formándose a pasos axigantados con medio equipo xogando sábado en xuvenís e domingo na 3ª Autonómida, non podía pasar do empate ante o Soneira.

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Comentarios