Venres. 10.05.2024
El tiempo

Preferente: O XSC recupera as boas sensancións e o Soneira as malas arbitraxes

Preferente: O XSC recupera as boas sensancións e o Soneira as malas arbitraxes
Descansaba o Dumbría nesta xornada 25 da Preferente que deparaba sorte dispar para xalleiros e soneiráns. Recupera o Xallas de Santa Comba a senda da vitoria tras dúas derrotas seguidas e unha xeira regular de xogo e resultados. Mentres os de Candamo sufrian unha escadalosa arbitraxe e acababan perdendo ante o Carral.

Lemos - Xallas StComba (0-4)

Doro celebra o tanto do XSC
  • XSC: Diego (David, min.77), Martín (Chinda, min.55), Guillermo Pablo, Rubén, Jota, Oscarín, Pablo Baña (Darío, min.70), Mon (Jesús, min.52), Doro e  Javi Suárez (Noli, min.65).
  • Goles: 0-1, min.2: Doro de cabeza tras unha gran xogada colectiva; 0-2, min.42: Javi Suárez de penalti; 0-3, min.61: Doro tras unha xogada entre Darío e Noli; 0-4, min.80: Doro tras unha xogada de Noli.
  • Expulsións: dous xogadores locais antes do descanso.
Vitoria importante do Xallas que recupera o xogo e o camiño da vitoria. Púxose de cara co gol incial de Doro de cabeza e a partir de aí o cadro xalleiro soube ler moi ben o choque, Javi Suárez e Martín avisaron pero a xogada clave foi no min.39, cando o colexiado sinala unha cesión que non era, da que saen dúas expulsións e un penalti. Non fallou Javi Suárez para marcar o 0-2 antes do descanso, que co cadro local con 9, significaba a sentencia. A partir de aí a superiodidade numérica notouse moito e no treito final os verdes e laranxas completaron a goleada.

Carral - Soneira (3-1)

Soneira en Carral-Foto- Oscar Basalo
  • SONEIRA: Cheli, Dario (Basti, min.85), Iván Cerilla, Michael, Sito (Richi, min.80), Mayor, Baba, Toni de Muros (Óscar, min. 57), Bibi (Michel, min.50), Adrián Mackaay e Javi.
  • Goles: 1-0, min.3; 2-0, min.51; 2-1, min.52: Adrián Mackaay; 3-1, min.85.
  • Expulsión: Mayor (min.37).
Sufríu o Soneira unha arbitraxe moi polémica que o deixou sen posibilidades de prantar cara na segunda metade ao cadro local. I é que o Carral saíu moi motivado, moi necesitado de puntos, e aos 3 minutos xa marcaran. O Soneira foise colocando e Adrián Mackaay avisaba cun tiro e unha falta. Pero á media hora, e tralo cartón a Mayor, por cambiar as botas, os soneiráns comezaron a protestar a actuación arbitral. De feito, o colexiado manda aos vestiarios a Mayor por desprazar o balón. Na segunda o Soneira estirouse pero o cadro local comezaba marcando. Reaccionaría de contado e na seguinte xogada Adrián Mackaay recurtaba. A partir de aí foi un monólogo soneirán con esporádicas, pero perigosas saídas dos locais. Non conseguía o Soneira facer moito dano, e nunha contra, sentenciaría o Carral contra o final.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios