xoves. 14.11.2024
El tiempo

Resultados dos 64 partidos e análise da ultima xornada de febreiro

Resultados dos 64 partidos e análise da ultima xornada de febreiro
Soneira-Grixoa

Última fin de semana de febreiro e de novo 64 partidos en liza no #futboldacosta. Saben que teñen todas as táboas de resultados e clasificacións en www.futbodacosta.com, mentres que en QPC Deportes analizamos a fin de semana e mañá traeremos as crónicas partido a partido.

E comezamos a análise da xornada pola Preferente con resultados dispares. As malas novas chegaban dende Dumbría, pois o cadro de Canosa non podía cun Taboada moi serio. Si que sumou o Xallas de Santa Comba e nun partido clave ante un Laracha que queda agora 1 punto por debaixo. Os de Corredoira vencía por 1-0 con gol de Pablo Baña e quedan 4º, agora con 5 puntos sobre os dumbrieses, pero aínda lonxe do trío de cabeza.
E completou a tarde a gran vitoria do Soneira en Vimianzo ante todo un Grixoa, con gol de Richi que aos seus sós 17 anos se consagra na categoría, conseguindo ademais 3 puntos importantísimos e que cortan unha mala racha dos de Candamo.

En 1ª, frouxo balance para os nosos, pero é que a xornada viña complicada. Por arriba, o Malpica prantou cara a todo un líder, pero o Estudiantil acabou levando os 3 puntos de Pedra Queimada, deixando ao cadro de Baña na 7ª praza.
Por abaixo as cousas non se solventaron esta xornada. O Fisterra comezaba onte un empate ante o Unión, que lle vale para manter a 11ª praza. O Camariñas tamén sumaba, un punto e ante un Bertamiráns B moi forte. Pero o que parece máis atenazado, o Ponteceso, volvía de baleiro ante un Amio ao que ademais permite escapar.

A xornada na 2ª Autonómica deixa á Esteirana máis líder. Os de Marcelo mallaron nun desquiciado Dumbría B e xa aos 20 minuto o marcador sinalaba un claro 0-3. Queda agora o Baio a 5 puntos tralo seu tropezo en Verdillo, ante un sempre serio San Lorenzo. O Cee pégase de novo a 1 punto dos baieses tras vencer ao Muros.
Por abaixo, foi clave a vitoria do Outes ao Montelouro. Os loureáns quedan afundidos na penultima praza, a 6 da teórica salvación e cunha xeira de resultados terrible con só 3 puntos nos últimos 16 partidos. Queda agora o Mazaricos (que adicaba o partido ao lesionado Kevin), tras non poder sacar nada dun Cubaleiro onde o Corcubión case certificou a súa permanencia e xa se coloca na 8ª praza, o que queda nesa perigosa 16ª praza que pode sufrir os arrastres da 1ª. O Cabana caía onte ante o Corme e tamén segue en zona de perigo.

Na 3ª, non fallaron os de arriba. Se o Camelle sumaba os puntos do filial fisterrán, Independiente e Porteño solventaron as súas papeletas. E non o tiveron fáciles. O IDC tivo que remontar o 1-0 do Lira mentres que o Porteño rompía por fin un terrible comezo de ano. E pagou os pratos rotos o Alcaián que levou un set no peto. Os camelláns superan en 3 e 3 puntos a carballeses de os da Ponte, pero cun partido máis que ambos. Na loita pola promoción, o Laxe daba a relativa sorpresa da xornada ao vencer ao Soneira B, meténdose xa na 6ª praza, agora a só 4 puntos de soneiráns e do Cerqueda, que voltaba de Cee cun arduo empate acadado ante un Ameixenda que está a 5 puntos. Baixa o Muxía lixeiramente tras non pasar do empate ante o Castrelo, que sumaba o seu 7º punto; e baixa tamén o Baíñas que non pasaba do empate ante o Corcoesto, quedando os dous equipos a 4 do Laxe. En Nantón o cadro cabanés podía adicar a vitoria a Díaz Lema, home de clube que falecía a pasada semana e que o campo cabanés lle rendía hoxe unha emotiva homenaxe.

En Xuvenís, o Cabana destácase mentres que a segunda praza que dá acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega cada día está máis bregada. Os cabaneses superaban a un Fisterra que parece ter baixado os brazos, e sacan 4 puntos ao Xallas de Santa Comba. Un cadro xalleiro que non pasaba do empate ante o Malpica, mentres que o Dumbría superaba con claridade a un Ponteceso xa sen ilusión. Os dumbrieses quedan a 1 só do XSC e os malpicáns a 3.
Na Copa, o Outes segue intratable e vencía ao Baio. mentres o Muros parece que non levanta cabeza, aínda que o Muxía non estea moito mellor. No outro Grupo a loita por evitar a praza de descarte parece polo menos intensa. Onte o Mazaricos vencía en Vimianzo e deixaba ao Soneira último 2 puntos por debaixo.

Nas Ligas Galegas moi mala xornada para os nosos. 3 derrotas e un só empate, o dun Bergantiños que xa case non ten nada que facer na Liga polo Título de infantís. Mentres, o Dumbría caía na Liguilla por evitar o descenso pero mantén intactas as súas opcións de salvación. En Cadetes, o Dumbría sufría unha dolora derrota ante o seu antecesor, un Santiago de Compostela que escapa a 8 puntos, e ademais o Ural alcanza aos de Lobelos e Leis na última praza de ascenso.

Preferente, xornada 26

Dumbría 0-1 Taboada
Soneira 1-0 Grixoa
Xallas StComba 1-0 Laracha

1ª Autonómica, xornada 24

Fisterra 1-1 Unión
Amio 2-0 Ponteceso
Bertamiráns B 0-0 Camariñas
Malpica 1-2 Estudiantil

2ª Autonómica, xornada 24

Cabana 1-2 Corme
San Lorenzo 2-2 Baio
Cee 3-0 Muros
Corcubión 1-0 Mazaricos
Volantes 1-1 Sofán
Buño 3-1 Zas
Outes 3-0 Montelouro
Castriz 1-1Carnota
Dumbría B 0-5 Esteirana

3ª Autonómica, xornada 24

Soneira B 1-2 Laxe
Ameixenda 0-0 Cerqueda
Castrelo 1-1 Muxía
Lira 1-3 Indep. Carballo
Baíñas 2-2 Corcoesto
Nantón 2-0 Xaviña
Porteño 6-1 Alcaián
  • Descansa Coristanco.
  • Camelle-Fisterra B (0-2).

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 6

Cabana 4-1 Fisterra
Malpica 1-1Xallas StComba
Ponteceso 0-5 Dumbría

Liguilla da Copa da Costa, Gr. 1, xornada 6

Camariñas 3-0 Muros
Outes 4-2 Baio
Laxe 8-0 Muxía

Liguilla da Copa da Costa, Gr. 2, xornada 6

Corme 1-5 Cee
Soneira 1-3 Mazaricos
Esteirana 0-0 Coristanco

Liga Galega Cadete, xornada 23

Dumbría 1-2 S.de Compostela
S.D. Compostela 1-0 Bergantiños

Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 3

Bergantiños 1-1Boiro

Liga Galega Infantil, Playoff de Descenso, Norte B, xornada 3

Viveiro 1-0 Dumbría

1ª Cadete, xornada 16

Muros 2-3 Cee
Coristanco 4-6 Zas
Muxía 1-3 Esteirana
Cabana 6-2 Con. de Carnota
Ponteceso 0-0 Fisterra
Xallas StComba 1-3 Porteño
Baio 1-7 Outes

1ª Infantil, xornada 20

Vimianzo 4-1Sofán
Outes 0-1 Xallas StComba
Cabana 0-4 Baio
Ponteceso 1-0 Corme
Fisterra 1-2 E.D. Os Miudos
Esteirana 0-1 Cee
Coristanco 12-1 Muxía
  • Descansa As Baleas.

Ligas de Veteranos, xornada 23

1ª División

Coristanco 0-0 Ponteceso
San Román 3-0 Xv. Bergantiños
Vimianzo 1-2 Bergantiños
Camariñas 2-1 Baio
Zas 1-3 Corcubión Vet.
Nantón 0-5 Cabana
Bértoa 1-2 Castriz
San Lorenzo 1-4 Soneira

2ª División

Camelle 1-1 Malpica
At. Milagrosa 2-2 Laxe
Leiloio 1-1 Cerqueda
Corcoesto 2-0 Agualada
Buño 1-0 Poniente
Corme 0-8 Muros
Porteño 0-3 Sofán

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios