Resultados dunha xornada marcada pola paralise das categorías base

Chega marcado este domingo pola decisión de última hora da Federación Galega de Fútbol de suspender as Ligas de Fútbol Base por falta de acordo para o seguro. Deste xeito, de alevíns, que acaban de arrincar, ata cadetes, as ligas quedarán paralizadas ata que a Fed. alcance un acordo co seguro.

E xa no meramente deportivo, foi unha xornada completa esta do ecuador de novembro, que xa chega con arrecendo ao #AlbumdaCosta... Esta semana teredes novas!.

Comezamos o repaso pola Preferente, malos resultados para XSC, Dumbría e Soneira. Os dumbrieses non traían nada de Chantada, quedando con 19 puntos. Mentres, o novo Soneira de Manolito polo menos mantiña un punto ante o Narón, un rival directo que queda 2 puntos por abaixo, no límite do descenso.

Non foi boa a xornada na 1ª Autonómica para os nosos. 4 derrotas, e algunha preocupante, e un empate, foi o balance dos nosos. O Ponteceso, o que máis preocupa, recibindo un 7-1 en Padrón que deixa as cousas no limbo e o equipo pechacancelas. Non están moito mellor as cousas en Camariñas, con algo de marea interna e xa metidos no descenso, con 9 puntos, 2 máis que o Ponteceso, tras caer na casa co Arzúa. O Baio caía ante o Unión, que o alcanza, e o Malpica prantaba cara pero volvía de baleiro de Noia. O único punto,o da Esteirana en Sigüeiro.

Na 2ª Autonómica, o Outes segue sen dar marcha atrás e mantense con 5 puntos sobre un Sofán que tampouco levanta o pedal. Ambos vencían comodamente a Mazaricos e IDC. O Zas queda 3º tras vencer en Carnota, e no partido da semana Fisterra e Cee remataron en táboas, un resultado que lles vale para manterse a distancia prudente. O Corme, que parecía que estaba collendo o ritmo e que se aía enganchar pronto, caía con rotundidade en Buño, e o Castriz parece que se non acaba de asentarse na competición e volvía perder, desta volta en Muros ante o Volantes, quedando na 10ª praza, xa por detrás do propio Buño, do Porteño e do Carnota.

E na 3ª Autonómica, tras 4 xornadas queda só o Baíñas no liderato tras vencer en Corcoesto e aproveitarse da derrota de onte do Montelouro ante o Ameixenda. Os vimianceses se reafirman como candidatos a todo. Ademais, o Coristanco parece forte con 9 puntos, por diante de Lira, Nantón e Seaia, cando xa non queda, tralo empate do Laxe ante o Muxía, sen puntuar.

Mentres, en Xuvenís, no Gr.3 o Dumbría non sumaba pois se suspendía o seu partido co Lira porque o cadro carnotán non xuntou xente suficiente. Por detrás chegaba partidos importantes, dos que saen reforzados Esteirana e Cee. Os primeiros vencían pola mínima en Santa Comba, e o Cee en Muros, meténdose nos postos de ascenso e deixando lixeiramente atrás a todos os rivais.
No Gr.4, o choque da xornada disputábase en Corme onde o Malpica reafírmouse como máximo candidato ao título. Queda, tras vencer 1-3, líder con 3 puntos sobre o Cabana, que descansaba, e 5 sobre o Corme. Un Corme que terá que pelexar co Ponteceso, que está a só 2 puntos tras practicmente arrincar todas as opcións do Baio; e mesmo co Coristanco, que segue a loita de preto.

Nova demostración de poder do Dumbría na División de Honra Cadete. Os costeiros vencía en Conxo e se manteñen 4º na táboa, empatados co Lugo, 3º, e só por detrás dos grandes, Celta e Dépor.
Tamén venceu o cadro dumbriés na Liga Galega Infantil alcanzando xa ao Bergantiños na 12ª praza, e con total intención de meterse na metade de arriba para disputar a Liga polo título e non a do descenso. O que non sei vai librar será o XSC, aínda con 3 puntos pero sen decaer.

Continúan tamén a Liga Cadete, na xornada 3, e a Liga Infantil, xa na 11. En Cadetes o Muxía queda só arriba de todo mentres a atención centrábase no San Paio de Refoxos cun Cee-Corme por todo o alto. Os dous equipos chegaban imbatidos, e foi o Corme o que quedou cos 3 puntos que o deixan só no liderato.

Arrincaron ademais esta fin de semana as ligas dos máis pequenos. Os Alevíns de F-8 Costa Sur e os Benxamíns F-8 Costa Sur comezaron a tempada con moitos goles.

Foi xornada intensa tamén nos Veteranos, onde seguen Laxe e Coristanco sorprendendo na loita polo liderato, co Soneira xa colocado para atacar, xa posto por diante de Baio e Zas.

E na Liga Intermunicipios segue o Cereo arriba de todo tras vencer con máis solvencia da esperada ao Rus. Por detrás, pegado, o Cances, que goleaba escandalosamente ao Seaia. Brea e Valenza, que vencían, e Baldaio, que descansaba, seguen moi preto.

Preferente, xornada 13

S.D. Chantada 1-0 C.F. Dumbría
Soneira S.D. 1-1 Narón
S.D. Residencia 4-0 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 11

Flavia S.D. 7-1 Ponteceso S.D.
C.D. Baio 1-2 C.D. Unión
Camariñas F.C. 1-2 C.S.D. Arzúa
Sigüeiro C.F. 1-1 S.D. Esteirana
C.F. Noia 3-2 S.C.D. Malpica

2ª Autonómica, xornada 11

Fisterra 2-2 U.C. Cee
U.D. Corcubión 1-0 Muros S.D.
Cabana S.D. 1-1S.D.San Lorenzo
Porteño C.F. 1-2 Camelle S.D.
Volantes F.C. 4-2 S.D. Castriz
U.D. Carnota 1-2 Sp. Zas
S.D. Sofán 6-1 Indep. Carballo
Outes C.F. 3-1 Mazaricos C.F.
Buño S.D. 4-1 Corme C.F.

3ª Autonómica, xornada 4

S.D. Laxe 2-2 Muxía C.F.
S.D. Ameixenda 1-0 U.D. Montelouro
C.F. Castrelo 1-4C.D. Nantón
U.D. Cerqueda 1-1 Lira C.F.
SDC Corcoesto 1-4 C.D. Baíñas
S.D. Coristanco 3-2 Sp. Seaia

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 12

Mazaricos C.F. 0-2 Outes C.F.
C.F. Dumbría Apraz. Lira C.F.
Xallas StComba 1-2 S.D. Esteirana
Muros S.D. 2-3 U.C. Cee
  • O Dumbría-Lira non se disputou pois o Lira non tiña efectivos suficientes.
  • Descansan Soneira e Fisterra.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 12

C.D. Baio 1-2 Ponteceso S.D.
S.D. Coristanco 1-0 S.D. Castriz
S.D. Laxe 10-1 Porteño C.F.
Corme C.F. 1-3 S.C.D. Malpica
Camariñas F.C. 3-2 Muxía C.F.
  • Descansa Cabana.
  • Muxía e Camariñas xogaron en Arliña pois na primeira volta o Muxía non tiña campo ese xogara no Hermanas Patiño.

División de Honra Cadete, xornada 10

C.D. Conxo 1-2 Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 10

C.D. Foz 0-1 C.F. Dumbría
Xallas StComba 0-5 Orillamar S.D.

Liga Cadete, xornada 3

S.D. Fisterra 5-1S.D. Esteirana
C.D. Baio 1-2 Muxía C.F.
Sp. Zas 8-1 U.C. Cee
As Baleas F.S. 2-2 Outes C.F.
U.D. Corcubión 0-6 S.D. Coristanco
Xallas StComba 0-0 Muros S.D.
  • Descansa Cabana.

Liga Infantil, xornada 11

U.C. Cee 2-3 Corme C.F.
E.M.F. Vimianzo 7-3 S.D. Sofán
Outes C.F. 2-3 S.D. Coristanco
S.D. Esteirana 9-1 Ponteceso S.D.
E.D. Os Miudos 6-1 Muxía C.F.
S.D. Fisterra 4-0 C.D. Baio

Ligas de Veteranos, xornada 10

1ª División

Soneira S.D. 2-1 Xv. Bergantiños
Sp. Zas 2-1 Ponteceso S.D.
Cabana S.D. 3-3 C.D. Nantón
S.D. Coristanco 2-0 S.D.San Lorenzo
C.F. Dumbría 2-0 C.D. Baio
S.D. Castriz 5-0 Camariñas Vet
S.D. Laxe 1-0 Bértoa
San Román 2-0 Muros S.D.

2ª División

Camelle S.D. 1-1 Leiloio
S.D. Sofán 7-0S.D.U. Vimianzo
S.C.D. Malpica 2-1 C.D. Poniente
Erbecedo 6-1 U.D. Cerqueda
Corme C.F. 0-5 Agualada
At. Milagrosa 7-1 Buño S.D.
Porteño C.F. 1-2 SDC Corcoesto
  • Descansa Dep. Carballo.

Liga Intermunicipios, xornada 7

Laxe 1-4 Peña Galicia
Valenza 5-3 A Piña
Cances 11-2 Sp. Seaia
Xornes 1-4 Sp. Brea
Rus 1-5 Cereo
  • Descansa Baldaio.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).