Nova xornada completa de partidos do fútbol costeiro esta segunda de novembro. Xornada con moita intensidade e ducias de partidos intensos.
Comezamos o repaso pola Preferente, onde non foi unha xornada positiva para os nosos. Co Bergan máis líder tras vencer ao Lemos, o Dumbría acadaba un empatiño ante o Riveiro, e XSC e Soneira caían. O Soneira estreaba no banco a Manolito, director deportivo do equipo e que xa fora míster moitos anos, pero a estrea non foi a mellor.
A 10ª xornada da 1ª Autonómica non foi nada negativa para os nosos. Só o Camariñas non sumou, na primeira semana das 4 se propuxo Berto tras non lle ser aceptada a dimisión a semana pasada, quedando o cadro camariñán ao fío do descenso, con 9 puntos, só un máis que Amio, e 2 que Puebla e Ponteceso, que a pesar do empate non consegue saír do postos de pechacancelas. Na outra liga, na de arriba, están Malpica, Baio e Esteirana. Tres vitorias que os deixan moi ben colocados. O Malpica a 5 do líder e a 2 do ascenso, e Baio e Esteirana empatados con 18 puntos, a 1 dos malpicáns.
Na 2ª Autonómica, primeiro empate do Outes, e tivo que ser nun campo doutro favorito como o Castriz onde os de Manu Roque se deixasen os primeiros 2 puntos da temporada. Queda aínda con 5 de vantaxe sobre Sofán e 7 sobre Zas, que empataban en San Andrés sen goles nun dos que, a priori, eran os partidos da xornada. O Cee queda a 8 tras non pasar do empate na casa ante o Cabana, igua que o Corme en Muros. A sorpresa da xornada chegaba en Carballo, onde o IDC endosaba unha vitoria a un Fisterra que segue deixando pasar ocasións para recurtar.
Tras 3 xornadas quedan Baíñas e Montelouro no máis alto da 3ª Autonómica. E o fan con rotundidade. Parece que o Baíñas vaise entonando, e onte non tivo piedade dun Laxe que se confirma como a sorpresa negativa da temporada, sendo aínda o único equipo que non sumou. O Montelouro recibía ao colíder, o Coristanco, e a vitoria local deixa aos loureáns no máis alto e ao cadro coristanqués a 3 puntos, empatado co Lira e Seaia.
As Ligas Xuvenís seguen tremendamente vibrantes cando chegamos ao ecuador da competición. O Dumbría non cede no Gr.3 nin ante a potente Esteirana. Custoulle ao cadro de Lobelos e Leis pero se manteñen cuns números tremendos. Por detrás, o XSC tras empatar ante o Cee no choque máis igualado da xornada. Ademais, o Muros batía co Fisterra e ata se mete na loita con XSC, Esteirana, Outes e o propio cadro fisterrán pola Liguilla.
No Gr.4 Cabana e Malpica non fallaron, malia que tiveron que suar para acadar sendas vitorias en Camariñas e Laxe. Saca por tanto 2 puntos ao Corme, que vencía ao Muxía, e 6 ao Ponteceso, ao que lle tocaba descansar, e que terá que loitar por volver meterse na pelexa. Atentos a tropezos seguen Coristanco, que goleaba ao Porteño, e o Baio, que se desquitaba ante o Castriz.
O Dumbría da División de Honra Cadete vencía na casa e queda 6º, mentres que na Liga Galega Infantil o cadro dumbriés tamén vencía, e con goleaba, quedando nunha cómoda 12ª praza e aínda con opcións de meterse no grupo polo título e non no do descenso. O que si que terá que loitar por evitar o descenso é o XSC, que segue mellorando pero onte caía ante o Bergan pola mímina.
Fermoso por certo o detalle dos cadetes do Cabana co seu compañeiro Darío que está a espera de ser chamado para operarse dunha importante lesión de xeonllo. O capi Bibi fíxolle entrega dunha camisola asinada por todos os xogadores. Unha 1ª Cadete que dominan Muxía e Muros.
Ademais, en Infantís Cee e Corme seguen ao seu, con 9 vitorias en 9 partidos.
En Veteranos o Laxe queda líder tralo empate do Coristanco ante o Baio, quedando os primeiros 2º e os segundos 3º.
C.F. Dumbría | 1-1 | Atl. Riveira |
Ribadeo F.C. | 2-1 | Xallas StComba |
Soneira | 0-2 | Residencia |
Cordeiro C.F. | 4-1 | Camariñas F.C. |
S.C.D. Malpica | 3-0 | Flavia S.D. |
Ponteceso S.D. | 1-1 | S.D. Agolada |
Puebla F.C. | 2-3 | C.D. Baio |
S.D. Esteirana | 3-2 | S.D. Piloño |
Camelle S.D. | 1-1 | Volantes F.C. |
Porteño C.F. | 1-3 | Buño S.D. |
S.D. Castriz | 2-2 | Outes C.F. |
Mazaricos C.F. | 1-2 | U.D. Carnota |
Indep. Carballo | 2-1 | S.D. Fisterra |
U.C. Cee | 0-0 | Cabana S.D. |
S.D.San Lorenzo | 3-2 | U.D. Corcubión |
Muros S.D. | 1-1 | Corme C.F. |
Sp. Zas | 0-0 | S.D. Sofán |
C.D. Baíñas | 6-1 | S.D. Laxe |
Sp. Seaia | 4-3 | SDC Corcoesto |
U.D. Montelouro | 2-0 | S.D. Coristanco |
C.D. Nantón | 2-1 | S.D. Ameixenda |
Lira C.F. | 3-0 | C.F. Castrelo |
Muxía C.F. | 2-2 | U.D. Cerqueda |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 11
Mazaricos C.F. | 9-2 | Lira C.F. |
Muros S.D. | 4-1 | S.D. Fisterra |
Xallas StComba | 2-2 | U.C. Cee |
C.F. Dumbría | 2-1 | S.D. Esteirana |
- Descansan Soneira e Outes.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 11
Camariñas F.C. | 1-2 | Cabana S.D. |
Corme C.F. | 5-2 | Muxía C.F. |
S.D. Laxe | 3-4 | S.C.D. Malpica |
S.D. Coristanco | 4-0 | Porteño C.F. |
C.D. Baio | 6-0 | S.D. Castriz |
C.F. Dumbría | 1-0 | C.D. Areosa |
Bergantiños C.F | 4-3 | Xallas StComba |
C.F. Dumbría | 5-0 | Val do Ulla |
Cabana | 3-5 | Zas |
S.D. Esteirana | 4-2 | C.D. Baio |
Muxía C.F. | 3-0 | As Baleas F.S. |
Outes C.F. | 4-2 | U.D. Corcubión |
S.D. Coristanco | 1-3 | Muros S.D. |
U.C. Cee | 1-5 | S.D. Fisterra |
- Descansa Xallas Santa Comba.
Cabana S.D. | 1-2 | E.D. Os Miudos |
E.M.F. Vimianzo | 4-3 | S.D. Esteirana |
Muxía C.F. | 2-3 | S.D. Fisterra |
Corme C.F. | 5-0 | Outes C.F. |
S.D. Coristanco | 10-1 | Ponteceso S.D. |
C.D. Baio | 0-8 | U.C. Cee |
Ligas de Veteranos, xornada 9
C.D. Baio | 0-0 | S.D. Coristanco |
Bértoa | 1-3 | S.D. Castriz |
Xv. Bergantiños | 3-3 | San Román |
Ponteceso S.D. | 0-0 | Soneira S.D. |
C.D. Nantón | 1-3 | Sp. Zas |
S.D.San Lorenzo | 1-1 | Cabana S.D. |
Camariñas Vet | 0-8 | C.F. Dumbría |
Muros S.D. | 1-2 | S.D. Laxe |
S.D.U. Vimianzo | 0-5 | Camelle S.D. |
Agualada | 2-1 | Porteño C.F. |
Dep. Carballo | 1-1 | S.C.D. Malpica |
U.D. Cerqueda | 2-1 | At. Milagrosa |
SDC Corcoesto | 3-2 | Erbecedo |
Leiloio | 5-2 | Corme C.F. |
C.D. Poniente | 3-2 | S.D. Sofán |
Peña Galicia | 4-4 | Valenza |
A Piña | 1-3 | Cances |
Sp. Seaia | 3-5 | Xornes |
Cereo | 3-2 | Baldaio |
Sp. Brea | 4-1 | Rus |
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).