Luns. 06.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: 3 por arriba e 2 por abaixo

1ª Autonómica: 3 por arriba e 2 por abaixo
Imaxe-do-Malpica-Flavia-Foto-Wash-Calvo Fragmentada segue a representación costeira na 1ª Autonómica tralas 10 primeiras xornadas. Polo menos, os Malpica, Esteirana e Baio fixeron un favor aos compañeiros da zona baixa, vencendo a equipos que tamén loitarán para evitar o descenso. Os 3 de arriba venceron e seguen demostrando que estan por riba do nivel medio da categoría. E tamén os Camariñas e Ponteceso demostran que están a un perefcto nivel para competir, pero segue faltando a sorte. O Ponteceso segue pechacancelas malia sumar o seu 3 partido sen perder, e xogando cada vez mellor. O Camariñas deixouse vencer por un equipo frouxo, rival directo.

S.C.D. Malpica - Flavia S.D. (3-0)

11 do Malpica ante o Flavia-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Abraham; Adrián, David Castro, Alemán, Mario Casal (Eloy Vilas, min.54), Fernando Varela, Óscar Suárez (Pombo, min.85), Martín Maradona, Abel (Neucha, min.66), Ismael, Tato (Eloy Cabeza, min.62).
  • Goles: 1-0, min.24: en propia meta ao intentar despexar un tiro de Óscar Suárez; 2-0, min.46: Martín Maradona a pase de Tato nada máis sacar de centro; 3-0, min.85: Neucha dende 25 m.
  • Lesión: Óscar Suárez con problemas musculares.
O capitan malpican Isma co capi do Flavia e os colexiados-Foto-Luis E Porto Partido moi trabado que quedou solucionado co gol de Martín Maradona tan pronto comenzou a segunda metade. Na primeira, aguantou bastante ben prantado o cadro padronés, presionando no medio campo e sen deixar combinar ao equipo de Baña. Só en propia meta conseguía marcar o Malpica nun primeiro tempo no que non tivo ocasións claras. Comezaba a segunda con ese segundo e case que definitivo tanto, que obrigaba ao Flavia a estirarse e foi cando o Malpica conseguía safarse da presión e saír con xogadas combinadas. Iso si, tiña Neucha preparada a guinda para pechar o partido, cun golazo espectacular tras regatear a 3 rivais e lanzar un disparon dende 25 metros que se colaba na meta padronesa. Malpica-Flavia-Foto-Wash-Calvo

Ponteceso S.D. - S.D. Agolada (1-1)

  • PONTECESO: Illote, Javi Peón, Moscoso (Dieguito, min.60), Josito, Youssef, Dani Cotelo, Alberto Recarey, Martín Puente (Bolón, min.70), Nando (Diego Collazo, min.67), Diego (Miki Pose, min.65), David Brenlla.
  • Goles: 1-0, min.70: Alberto Recarey pola escuadra; 1-1, min.87.
3 semanas sen perder pero segue de pechacancelas o cadro de Mato. E onte se lle escapaban dous puntos vitais case que no desconto tras facer un gran partido, i é que o equipo pontecesán está no mellor momento deste comezo de campaña, e iso que onte xogaron ata 5 rapaces que estaban nos xuvenís o ano pasado, facendo un traballo espectacular. Foi mellor o Ponteceso durante moitos minutos ao 5º clasificado, que só no último suspiro o equipo visitante conseguíu a igualada. Na primeira metade o Ponteceso deixou o dominio aos visitantes, pero de contado os de Mato se meteron arriba, presionando ben arriba e crearon moitas ocasións e boas xogadas. Na segunda, máis do mesmo, cun Ponteceso ben armado e facendo dano, ata que Alberto Recarey marcou un golazo de quitar o sombreiro. Pintaban ben as cousas e non esperaban que cando faltaban 3 minutos unha xogada illada acabaría no empate para os visitantes. O equipo está moi contento polo xogo realizado a pesar de estar de pechacancelas, pero de seguro que agora teñen que acompañar os resultados para saír do pozo. Non pode cundir o pánico, que o 10º clasificado está a só 4 puntos.

Puebla F.C. - C.D. Baio (2-3)

  • BAIO: Anxo, Jose, Mario, Chema, Eloy, Yago, Norber, Fachal, Bieito, Christian, Martin MC. No banco: Manuel, Fredi, Alberto II, Rubio, Alberto I.
  • Goles: 1-0, min.20; 1-1, min.77: Alberto de penalti; 2-1, min.81; 2-2, min.89: Alberto de penalti; 2-3, min.94: MC.
Partido vibrante na Pobra do Caramiñal entre dous bos equipos, cuns 15 minutos finais de infarto. Foi a remolque todo o partido o cadro de Félix, que soubo aguantar e remontar xa co tempo cumplido. Adiantaríase no min.20 o equipo local, co que lle tocaba remar ao equipo baiés. Tomou o mando e se puxo a tocar, pero non chegaban as ocasións. O ritmo aumentou ata que Alberto acadaba o empate dende os 11 metros. Quedaban só 13 minutos, pero aínda había tempo para moito máis.Non pasaron 5 minutos e o Puebla se volvía adiantar, pero unha nova pena máxima no min.89 permitía o empate. Parecía que todo quedaría así, pero MC apareceu, xa con 4 sobre os 90, para dar 3 puntazos ao Baio e deixalo na crema.

S.D. Esteirana - S.D. Piloño (3-2)

Plantel-da-Esteirana-Foto-Esteirana
  • ESTEIRANA: Manu, Dani Rama, Serrano, Sui, Uru (Codesido, min.70), Álex, Andel, Picholeiro (Pabliño, min.55), Raúl (Kike, min.65), Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.15: Róber Pladur lévase un balón en velocidade e bate ao porteiro. 2-0, min.48: Róber Pladur aproveita con picardía un centro de Álex que rexeita o porteiro. 2-1, min.52. 2-2, min.65. 3-2, min.70: Róber Pladur completa o hat trick tras un pase atrás de Code.
Moitos afeccionados en Esteiro, nunha tarde que se presentaba boa, ambiente de fútbol e gañas de agradar tras a vitoria da Esteirana fóra a semana pasada. Comezaba o encontro con alternativas para os dous equipos, se ben os locais trataban de impoñer ritmo e xogar o balón por abaixo. Pouco a pouco foise asentando a Esteirana que se acercaba con peligro, ata que Róber Pladur, o home da tarde, se leva o balón de tacón e bate ao porteiro visitante. Seguiu na primeira metade a alternativa no xogo, con máis posesión e dominio dos esteiráns que non cedían ante o empeño dos de Vila de Cruces, que non creaban demasiado perigo ata que no desconto da primeira rematan un córner que ten que sacar Manu na liña de gol. Nada máis saír dos vestiarios volve a marcar Róber despois dunha arrancada de Álex, que centra, non atalla o porteiro e moi atento o dianteiro esteirán marca o segundo. As embestidas dos visitantes con balóns longos e colgados dou os seus froitos pois nun balón roubado na esquerda, centro ao segundo e remate do extremo só. Outra xogada parecida puxo o 2-2 no marcador cando quedaban 25 minutos, un empate que non era xusto tralo visto no terreo de xogo. Con estas xa se estirou a Esteirana que de contado puxo o 3-2 con xogada clásica de apertura a banda, centro ao segundo que Codesio deixa na liña para que Rober a poña nas mallas rivais. Sen moitos apuros conseguiu aguantar os derradeiros minutos que se viron afectados polas decisións arbitrais, mesmo desataron as iras do público local. Vitoria importantísima da Esteirana, aínda que non fixo un bo partido, sí soubo competir e sacar o partido adiante. I é que había baixas nos locais, pois non estaban os Simón, Alberto, Varela, Josiño pero sí demostrou ter plantilla xa queos xogadores deron o máximo e con bo resultado tal e como di o marcador. Ah, e excelente resposta do público, coma sempre en Esteiro.

Cordeiro C.F. - Camariñas F.C. (4-1)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Conguito (Saviola, min.80), Sergio, Moriño, Manu, Roi, David, Brais, Sule (Asier, min.46), Martín (Wii, min.75), Yuyo (Fabián, min.75).
  • Goles: 1-0, min.20: de penalti; 1-1, min.60: David de córner directo; 2-1, min.70; 3-1, min.75; 4-1, min.75.
Non foi o mellor partido do Camariñas neste primeiro choque dos 4 de marxe que deu Berto trala súa non aceptada dimisión. E iso que Berto non puido acodir ao partido pois estaba en Londres por asuntos familiares. Primeira metade fatal na que o cadro camariñán se deixou bailar por un equipo bastante frouxo, que mesmo pasaría apuros na Liga da Costa. O balón era dos locais pero foi nunha contra cando chegaba o penalti que abría ao marcador. Tralo descanso o Camariñas cambiou a cara e se meteu no partido. Entrou Asier, recente fichaxe do ex do Porteño e do Vimianzo, para controlar máis o xogo, e o Camariñas se fixo co balón e foi moi superior. Empatou nun gol olímpioc de David e mesmo se puxo poñer por diante con claridade, ata 1-3. Martín tivo as mellores ocasións para o cadro conserveiro. Pero un balón á contra servía para poñer de novo por diante ao Cordeiro, que, xa co Camariñas volcado, sentenciou á contra.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios