Luns. 06.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Rompeuse a racha do Outes nunha nova xornada marcada pola polémica

2ª Autonómica: Rompeuse a racha do Outes nunha nova xornada marcada pola polémica
Zas e Sofan saltan a San Andres-Foto-Jprge Parri Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Seguen as cousas como estaban tras esta 10ª xornada da 2ª Autonómica. O Outes rompía a racha de 9 partidos consecutivos con vitoria, pero tivo que ser o Castriz, e cun empate, o que a rompera. Mantén a distancia de 5 puntos sobre o Sofán e de 7 sobre o Zas, que se enfrontaban no choque máis igualado, as dúas defensas menos batidas do campionato, Zas e Sofán, remataron como esperaba, con empate sen goles.

Cee, Corme e Fisterra dan un paso atrás, mentres que por abaixo, sorprendía a vitoria do IDC ante o Fisterra.

Foi unha xornada de, seguramente, actuacións arbitrais discutibles, pero tras falar con varios adestradores e directivos, no Fútbol da Costa temos que facer unha reflexión, porque parece que cada día se protesta máis nos campos da Costa, e parece que os colexiados xa chegan pendentes das protestas. Só nós podemos cambiar isto.

Camelle S.D. - Volantes F.C. (1-1)

  • CAMELLE: Ángel, Chuchi, Martín, Baliña, Jesús Petrallo (Dido, min.60), Ángel Riveiro, Iván, Adrián, Sergio, Javi Rañal e Mario.
  • VOLANTES: Jota, Juan, Nimo, Maikel, Pardelo, Moja, Varo, Edu (Vidal, min.75), Adri, Gabi e Cajulo.
  • Goles: 1-0, min.60: Javi de tacón tras pasar por debaixo das pernas; 1-1, min.63: Gabi de cabeza tras un córner.
  • Expulsión: os camelláns Ángel Riveiro, Iván, Sergio e Chuchi (a última expulsión sería no min.70).

Partido con moitas cousas o vivido no Rodeiro. O equipo camellán volvía sufrir ata 4 expulsións como o partido pasado, e quedou verdadeiramente queimado por considerar que foron perseguidos unha fin de semana máis.

Arrincaba o partido bastante tranquilo. No banco do Volantes sentábase o Secretario do clube, Chisco, esperando polo relevo de Alex Romero, que chegará probablemente esta semana. O Volantes dominaba lixeiramente sobre todo trala primeira expulsión dun xogador local.

Na segunda, Javi adiantaba aos locais pronto, pero de contado o equipo visitante empataba. Quedaban 20 minutos e os de Anxo quedaba con 7 sobre o campo por novas expulsións, todas por protestar. Poñen o exemplo da "persecución" os camelláns coa expulsión de Sergio, que vía o camiño dos vestiarios por berrar un "MANO!" pedindo unhas supostas mans na área muradá.

Quedaban 20 minutos e as présas foron malas conselleiras para o Volantes ante un equipo que se defendeu como auténticos "xabatos". O Volantes apretaba buscando balóns arriba que a defensa soubo manter o tipo. Cajulo mandou dous balóns aos paus e Nimo tivo unha clara de cabeza que non acabaron en gol. Ainda tivo Dido unha ao final para o Camelle pero o marcador non se moveu.

Para xuntar 11 o Camelle xa tivo que fichar esta semana a Chuchi, que o ano pasado estivo no Soneira B. Pero esta semana terá que fichar a dúas persoas máis para xogar o vindeiro partido, o derbi ante o Porteño.

Porteño C.F. - Buño S.D. (1-3)

Porteno-Buno-Foto-Porteno
  • PORTEÑO: Jimy, Pejo, Gabi (Marcos, min.75), Maikol, Iago, Doyle, Piti, Brais (Felipe, min.50), Óscar, Varela (Elvis, min.77) e Cousillas.
  • BUÑO: Brais, Ángel, Iago, Secundino, Rubén, Dani, Dourado, Fran Borrazás, Miguel Dourado (Martín, min.70), Gurita (Casais, min.86) e Charro.
  • Goles: 1-0, min.3: Brais; 1-1, min.50: Gurita; 1-2, min.75: Charro; 1-3, min.82: Gurita.

Comezou moi forte o cadro local, e nos primeiros minutos, ademais do gol de Brais, puideron ampliar a renda cun balón ao pau. Pero dende o minuto 35 e ata o final só houbo un equipo sobre o campo. Avisou cun tiro ao longueiro Fran Borrazás ao fío do descanso.

O Buño, que recuperaba a Dourado e Dani, metíase de cheo no partido co empate de Gurita. O Porteño baixou o ritmo e o Buño aproveitouno para nos últimos 15 minutos sentenciar a vitoria por medio de Charro e o propio Gurita.

S.D. Castriz - Outes C.F. (2-2)

  • CASTRIZ: Juan, Rubén, Alberto, Álex, Pose, Chinda (Sergio, min.65), Bruno, Cili, Luís (Fabio, min.55), Pichín (Ferrín, min.80) e Marqués (Martín, min.75).
  • OUTES: Gato, Damián (Saúl, min.46), Chúa, Rubén, Borja, Martín, Chía (Mosto, min.75), David (Fabio, min.60), Barral (Poke, min.70), Michi (Veleiro, min.46) e Piki.
  • Goles: 1-0, min.24: Chinda nunha xornada preciosa de Pichín: 1-1, min.43: Piki; 2-1, min.65: Pichín á reviravolta; 2-2, min.90: Martín tirou dende lonxe, botou e o balón pasoulle por arriba ao porteiro que saía mal.

Acabou a racha de 9 vitorias consecutivas para o Outes pero fixo un gran partido e unha gran actitude, xogando todos os convocados e prantando cara a todo un Castriz a pesar das baixas importantes como Arturo, Migui, Elías, Edu e Kin. En fronte, o Castriz, que malia non estar conseguindo os resultados que lle gustaría si que segue a ser un candidato a todo. Estanselle indo demasiados puntos aos de Corredoira e hoxe acabaron regalando un partido que puido sentenciar o equipo local, con ademais a axuda do meta xalleiro no desconto.

Comezou o Outes bastante ben con ocasións de Piki, Michi e Chúa, pero o Castriz chegou por primeira vez e se adiantou. A partir de aí o Castriz estivo dominador pero empatou o Outes ao fío do descanso, non sen antes enviar Chinda un balón ao apu que puido significar o 2-0. Comezou a segunda moi ben o Outes, con Chúa fallando un par das que non soe fallar, e volvía o Castriz a meterse por diante cando mellor estaba o Outes o Castriz se metía de novo por diante. Aí volveu o Castriz a dominar e puido sentenciar nun par de boas contras.

Non estivo acertado e no minuto 90, un inocente balón dende o medio campo botaba e Juan a tragaba dando o empate aos da Serra. Aínda ao final David Pose probou a Gato, que estivo sensacional, Sergio mandou a córner e Alex rematouno ás rentes do pau.

Mazaricos C.F. - U.D. Carnota (1-2)

  • MAZARICOS: Davicín, Chico, Estefano, Matías (Ramón, min.35), Rodri, Coxo (Oreiro, min.60), David, Ricardo, Molinos (Kevin, min.60), Esteban (Tuco, min.60) e Sandelo.
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Boni (Urko, min.87), Pablo Beiro, Fernando, Nakata, Pumuky (Pablo Pichín, min.85), Miguel Poyo (David, min.82) e Adrián (Iván Maceiras, min.75).
  • Goles: 1-0, min.10: Matías tras un córner; 1-1, min.55: Manolo Chouza de córner; 1-2, min.65: Pumuky a pase de Adrián.
  • Lesión: o local Matías na primeira metade cunha lesión no xeonllo.

3 vitorias seguidas e 2 empates nos anteriores choques demostra a boa liña dos de Cambeiro. E iso que comezou ben o Mazaricos, meténdose por diante pero a lesión de Matías foi clave deixando a defensa en cadro, e o equipo acabou sufrindo na segunda.

Tocou sufriu para o Carnota, que tiña algunhas baixas por mor das Festas de San Martiño de Lira. Comezaba a segunda con dous goles de Manolo Chouza e de Pumuky, que marcaba a carón da súa casa.

A última media hora foi de asedio total amarelo, con algo máis de temperatura o partido, pero os visitantes conseguiron aguantar as embestidas locais. Sobre todo en dúas ocasións, unha de Ricardo rematou por riba do longueiro e outra de Estéfano que rematou fóra co nocello un centro de Kevin.

Podería ter sido un empate por dominio, non tanto por ocasións, pero o marcador sinalou a vitoria do Carnota en Mazaricos.

Indep. Carballo - S.D. Fisterra (2-1)

  • IDC: Miguel, Yoni, Atu, Dani, Seo, Manuel (Adrián, min.83), Carlos, Pichel (David, min.75), Fraga, Juni e Mario.
  • FISTERRA: Joselu, Dani, Piti (Munitis, min.18), Julio, Sergio Manín (Isma, min.80), Santi (Naranjo, min.70), Tati (Bebeto, min.75), Tony (Guardiola, min.20), Bruno e Mané.
  • Goles: 1-0, min.27: Juni; 1-1, min.52: Bruno; 2-1, min.77: Juni.
  • Lesión: de novo o fisterrán Tony.

A sorpresa da xornada chegaba nas Eiroas, e o IDC conseguía a súa terceira vitoria da temporada ante un dos aspirantes. O Fisterra non acaba de coller o ton á parte alta malia que os locais tiña moitas baixas e só contaron con 13 xogadores, puideron prantarlle cara e levar os 3 puntos.

Tivo a sorte de cara o cadro de Rafa, iso si. Os fisterráns dominaron o partido, e os carballeses soubern esperar o seu momento e saír á contra para facer dano. E nas poucas chegadas con perigo, dous goles, mentres que o Fisterra, que o intentou máis, só puido marcar por medio de Bruno.

U.C. Cee - Cabana S.D. (0-0)

Cee-Cabana_Foto-UC-Cee-
  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Aitor, Berto, Carlos Leis, Penedo, Rodri (Yaya, min.55), Diego Cespón, Josiño e Javi (Cristian, min.55).
  • CABANA: Aranzubia, Pazos, Eloy, José, Iván de Treos, Fariña, Ales, Fernando (Diego, min.69), Berti (Raúl, min.76), Adán (Samuel, min.59) e Varela (Diego Mato, min.52).
Cee-Cabana-Foto-UC-Cee

Non puido romper o muro prantexado por Periscal no San Paio de Refoxos. O equipo cabanés soubo xogaro o seu partido e sacar un punto de Cee. Os locais, con moitas baixas, dominou o partido pero non estivo acertado. Na primeira metade apenas tivo unha boa ocasión, pero o balón non quixo entrar ata en 3 remates consecutivos.

Na segunda, o Cee meteu ao Cabana no seu campo, pero o equipo visitante non se desfixo e aguantou. Josiño mandou ao pau, pero Parroto tamén tivo que esforzarse para salvar unha acción cabanesa.

S.D. San Lorenzo - U.D. Corcubión (3-2)

San Lorenzo-Corcubion-Foto-Martin Rial
  • SAN LORENZO: Puyol, David Álvarez, David Rey (Canteiro, min.75), Germán, Anxo, Cachizo, Chucho (Adrián, min.63), Schuster, Joaquín, Javi (Velo, min.55) e Dani.
  • CORCUBIÓN: Perlón, Alan, Gabi, Senra, Marcos, Edu, Jesús, Anxo, Coiro (Tito, min.46), Balucho (David, min.88) e Lema.
  • Goles: 1-0, min.13: Joaquín; 2-0, min.55: Joaquín; 2-1, min.65: Lema; 2-2, min.75: Lema; 3-2, min.92: Velo tras un balbordo.
  • Expulsión: Senra xogador (min.90) e Senra adestrador (min.60).

Non foi o mellor do San Lorenzo, pero 3 puntos importantes para os de Gueli ante un rival directo como o Corcubión. Os corcubioneses quedaron moi descontentos coa arbitraxe, e sobre todo protestaron as últimas e claves decisións, como foi a expulsión de Senra, que o gol no desconto foi posible falta ao porteiro, e que non apenas houbo desconto.

Joaquín marcou 2 goles para o equipo carballés e fallou un penalti, que parou Perlón. O cadro de Senra se repuxo e conseguíu empatar pero co tempo cumplido, cando todo indicaba que o partido acabaría en taboas, un novo balón colgado á área corcubionesa era aproveitado por Velo para marcar ese gol da vitoria tras unha suposta falta ao porteiro, como pediron os visitantes. O colexiado pitou o final nada máis sacar de centro.

Muros S.D. - Corme C.F. (1-1)

  • MUROS: Fabio, Ramón (Ramón, min.80), Nieto, Veloso, Javi de Vístete, Dani, Eloy (Adrián, min.50), Gelo, Yanki, Jesús e Sexo.
  • CORME: Suso, Adolfo, Alejandro, Jesús (Adri, min.55), Pandi, Sergio (Dani, min.85), Juan Chans, Miguel Torrado, Alejo (Diego, min.75), Lucas e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.50: Alejo de penalti; 1-1, min.85: Torrado en propia meta peiteando unha falta botada por Sexo.
  • Expulsión: o muradán Jesús (min.10).

Con 10 máis de 80 minutos o Muros, como un auténtico muro, ante un Corme que se fartou de tocar, pero sen ter demasiadas ocasións. Antes da expulsión de Jesús a cousa estivo igualada. A partir de aí o dominio foi máis azulón que celeste, cun balón ao pau de Alejo e unha falta de Lucas ao longueiro, pero algunha chegada tamén por parte do Muros.

Na segunda si que tivo emerxer a figura do meta Fabio para evitar varias ocasións, parando cousas incribles. Tivo o Corme ocasións para sentenciar tralo gol de penalti de Alejo. Un regate de Juan ao porteiro que non definiiu, Diego marrou diante de Fabio, e ata mandou alto Lucas un penalti faltando 10 minutos.

Pero faltaban 5 minutos cando un balón colgado era peiteado por Torrado coa mala sorte de que o balón se colaba na súa meta. Aínda no desconto Fabio tivo que salvar un tiro de Alejandro nun barullo na área, e ao final do partido aínda tivo unha Sexo por banda para acadar a sorpresa.

Sp. Zas - S.D. Sofán (0-0)

11 do Zas ante o Sofan-Foto-Jorge Parri
  • ZAS: Rizos, Fabián, Oliver, Martín, Víctor Vecino, Canedo, Isma, Samuel (Peke, min.75), Lagoa (Damián, min.80), Pablo (Amado, min.82) e David Blanco.
11 do Sofan en San Andres-Foto-Jorge Parri
  • SOFÁN: Bugy, Javier Souto, Marcos Pensado, Pablo Martínez, Eloy Boedo, Jorge Calvete, Míchel (Alberto, min.46), Iván Rojo, Bertín, Santi e Raúl.

Unha parte para cada un e un empate no choque máis igualado e disputado da xornada na Liga da Costa. Dous aspirantes ao título se vían as caras en San Andrés, e demostraron que os seus bloques defensivos están a proba de grandes dianteiras. Proba é que o Zas é o equipo menos batido con 6 goles en contra e o Sofán o segundo menos goleado con 10.

Comezou a SD dominando, pero as xogadas a balón parado do Zas facían o seu dano. Tivo Raúl un tiro á reviravolta e Bertín outra para os visitantes, mentres que David Blanco e Pablo eran os que máis perigo creaban para os locais. Rizos luciuse antes do descanso a un tiro de Iván Rojo.

Na egunda cambiou o panorama. O Zas levou o peso, buscando balóns directos e facendo dano na defensa sofanista. O equipo visitante, algo coxo de efectivos, baixou o ritmo e o treito final foi de claro control local pero sen que se movera o marcador.

Zas-Sofan-Foto-Jorge Parri

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios