Venres. 03.05.2024
El tiempo

Kike Paluca e Mané lideran as táboas de goleadores do Fútbol da Costa

Kike Paluca e Mané lideran as táboas de goleadores do Fútbol da Costa
Mane e Kike Paluca son os pichichis do Futbol da Costa

Sabemos que o compañeiro Luís E. Porto fai un seguemento exhaustivo dos goleadores das ligas costeiras. E sabémolo porque utiliza as nosas crónicas e porque tira de nós para comprobar contantemente se efectivamente este gol foi de Luisito ou foi en propia meta. Por iso, utilizamos as táboas que prepara cada semana no blog do SCD Malpica para facer un repaso de como están os pichichis da zona.

Analizando a 1ª e a 2ª Autonómica, vemos que o esteirán Kike Paluca e o fisterrán Mané están empatados con 9 goles nas 9 primeiras xornadas. Non é un man promedio este de 1 gol por partido.

Vemos que na 1ª Autonómica, detrás de Kike chegan, lonxe, con 5 tantos, o malpicán Óscar Suárez e o camariñán Brais Triñares, cun tanto sobre MC e Roberto Pladur.

Máis intensa está a cousa na Liga da Costa. Mané, que leva un par de semanas de baixa, aventaxa en só un tanto ao sofanista Iván Rojo, en 2 ao da Serra Piki e ao cormelán Alejo, que malia comezar tarde parece que vai marcar moitos tantos este curso.

Pichichis 1 Autonomica-Xornada 9 Pichichis da 2ª Autonómica na Xornada 9-Fonte-Blog do Malpica de Luis E. Porto

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios